Arquivo por etiquetas: Dédalus en Compostela

Dédalus en Compostela, o noso Bloomsday

Dédalus_capa-Metrópoles DelirantesHoxe é o Bloomsday, un evento anual que se celebra cada ano o día 16 de xuño desde 1954 na honra de Leopold Bloom o personaxe principal do Ulises de James Joyce. O 16 de xuño é o día no que sucede a acción da novela e os celebrantes realizan distintos actos replicando o que acontece na obra, ata xantan o mesmo que o personaxe de Joyce e  percorren o itinerario exacto da acción pola cidade de Dublín.

Aproveitamos está conmemoración para lembrar unha obra galega que ten moito a ver co Bloomsday e con Joyce, falamos de Dédalus en Compostela, a obra de Vicente Risco que Fernando Iglesias “Kohell” adaptou de xeito impecábel á banda deseñada.

Dédalus en Compostela transcorre en 1926. O alter ego de James Joyce peregrina á capital de Galiza, o azar provoca o encontro con Vicente Risco e xuntos pasean pola cidade ao tempo que conversan. Desta versión en bd de Dédalus en Compostela editáronse mil exemplares que saíron á venda a un prezo de 8 euros.

No Metrópoles Delirantes 30, entrevistamos ao seu autor Fernando Iglesias “Kohell”.

Metrópoles Delirantes 30 – Fernando Iglesias “Kohell”

MD30-Metrópoles DelirantesVolven os lembretes, nesta emisión, un personaxe que pasou de mero adorno a protagonista da súa propia serie de animación, A Pantera Rosa. Entrevistamos a Fernando Iglesias “Kohell” un histórico da bd galega que ademais de dar clase no Garaxe Hermético, ven de publicar a adaptación á bd do Dédalus en Compostela, a obra na que Vicente Risco axustaba contas con James Joyce. Astérix, o galo máis internacional e máis famoso da bd é o imprescindible do Sr B. As novidades chegan con Xaime Lis dende a libraría Komic de Compostela, coma sempre todo acompañado de música de calidade e risas.

Dédalus_capa-Metrópoles DelirantesOs artigos dos que falamos no principio do programa: Aquí o artigo de Ramón de España, e aquí a lúcida resposta de Gerardo Vilches.

Os temas que sonan no programa son:

  • ELO – Shine A Little Love.
  • Camel – Song Within A Song.
  • GNR – Um Mapa.
  • Autour de Lucie – Ce que l’on tait.
  • Juan Pardo – En Pé!.
  • Pink Floyd – Wish you were here.

http://www.ivoox.com/player_ej_4410301_2_1.html?data=lZmekpiUdY6ZmKiakpaJd6KklYqgo5mUcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCgkpKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&