Arquivo da categoría: As lecturas do Sr B

As lecturas do SrB: O Tesouro de Lucio

“Ás veces a vontade dun só home pode facer tremer un imperio.”

Belatz, pseudonimo de Mikel Santos, asina con esta a primeira obra longa da súa carreira e abofé que o fai cunha obra interesante e ben resolta.

10_Lucio1O Tesouro de Lucio fai un percorrido pola vida e obra de Lucio Urtubia, revolucionario e loitador anarquista nado en Cascante (Nafarroa) no ano 1931, nunha familia republicana de humildes recursos. Na infancia, cortada polas baionetas da guerra civil, coñeceu e sofreu a dictadura represora que inzaba as gabias de mortos e fulminaba as esperanzas democráticas do pobo coa complicidade da franquía máis retrógrada, ignorante e inmisericordiosa da igrexa de Roma. A súa xuventude transcorreu nos anos duros do franquismo entre curas, falanxistas e señoritos na súa vila natal, até que marchou ao servizo militar no que foi descuberto facendo «expropiacións» do material militar. Fuxiu a Francia onde comezou unha vida de pai e traballador que compaxinou coa súa militancia e a súa loita anarquista e libertaria. Expropiou -é a expresión que el usa- bancos, distribueu propaganda, refuxiou a maquis e axudou a outros na loita anticapitalista. A presión policial e as continuas entradas e saídas da cadea non acobardaron a Lucio que dou o gran golpe da súa vida contra unha institución de vital importancia no sistema financeiro internacional da época. Lucio e os seus compañeiros deseñaron un sistema de cobro de cheques falsificados tan perfecto que o propio banco tremeu ante a importancia da acción. Seguir lendo

Advertisements

As lecturas do SrB: !Salud!

09_salud“…pola túa vida, non fales nunca de política…”

Antoine e Iria, un matrimonio formado por un francés e unha coruñesa deciden asentarse na cidade de cristal e abren un restaurante coa axuda da acomodada familia dela, ben relacionada. A ambición, o exotismo e a finura presuposta a alguén chegado das afastadas terras de Victor Hugo e Astérix no tempo da autarquía tardo-franquista aseguran o éxito do restaurante que comeza a funcionar a toda máquina. Antoine sen embargo axiña descobre a violencia do réxime, tanto a explicita, dunha policía que reprime con brutalidade, coma a menos evidente, a do control social. A este contexto de violencia e falla de democracia hai que sumarlle a querenza de Antoine, como ben anticipa o título, polo alcol. O resultado deste cóctel levarao a el, e porén a Iría, a unha situación límite. Seguir lendo

As lecturas do SrB: Mi novio caballo

“Punk, puro punk.”

Capa_novio caballoXiomara Correa é unha autora asidua nos eventos de autoedición, porén Mi novio caballo leva anos circulando por estes en forma de fanzine. Aínda que sempre foi un deses tebeos de culto, as editoriais xeneralistas, temerosas elas de todo o que non sexa Tintín, aínda non se atreveran a dar o paso; por iso a decisión de Reservoir Books é das que hai que celebrar con profusión de sustancias, legais ou ilegais.

Coma ben anuncia o título, Xiomara cóntanos a historia de amor dunha parella formada por humana e equino. Nun universo totalmente psicodélico e colorido, Chavala e Caballo loitan a diario por alimentar o seu amor, coma calquera parella. Unha vez superado e normalizado o shock inicial da proposta, dá nunha lectura certamente divertida. Unha obra tola, rebosante de ledicia naif e de historias que conectan perfectamente co surrealismo daliniano que, de seguro, estaría encantado de tomar un té con pastas con Xiomara acompañados dun par de osos formigueiros. Seguir lendo

As lecturas do SrB: Alternativo

“BD alternativa para calquera idade.”

Alternativo1Nun sistema literario tan feble coma o da banda deseñada galega sempre é unha boa nova o nacemento dunha editora. Aínda máis se esta se atreve a abrir o seu catálogo cunha banda deseñada especial tanto no contido coma no formato. Este é o caso de Alter-nativo, unha BD experimental de Jorge Campos. Digo experimental porque xunta dúas características pouco comúns: non ten texto e ten un formato pouco usual, máis que páxinas o que ten é unha moi longa, de seis metros con vinte e cinco centímetros. Un formato curioso que xa foi usado por autores tan coñecidos como Joe Sacco, que hai cinco anos publicaba The Great War: July 1, 1916: The First Day of the Battle of the Somme, que chegaba aos sete metros de papel. Seguir lendo

As lecturas do SrB: Conversación 

conversacion1Oscar Iglesias (Urbanoscar) e Ines Casarejos son dous autores ben coñecidos no mundo da autoedición galega. Ela publicou no 2015 un interesantísimo fanzine, de formato extraño, titulado Vídeo club y tienda de fotos no que relataba as súas vivencias traballando nun destes establecementos. El leva varios anos publicando o Pictodiario, un interesante diario de tiras autobiográficas.

Este verán veñen de publicar Conversaciones, un cómic editado polo selo do Sindicato do Cómic (que o deus Moebius colme de gloria a Simón e Ricardo polo traballo microeditorial que fan) no que desenvolven, a catro mans, un fanzine de conversas. Así de sinxelo e así de complexo. Seguir lendo

As lecturas do SrB: BDG70. A revolta do cómic galego

“Memoria gráfica da nosa Banda deseñada”

BDG70-metropoles-delirantes1Fai un par de anos, Xulio Carballo Dopico lía a súa exquisita tese doutoral, o traballo máis completo que existe sobre as orixes da banda deseñada galega aló polos anos setenta do século vinte. Un volume extenso, máis de seiscentas páxinas, que debullan polo miúdo parte da nosa historia. Reimundo Patiño, “Chichi” Campos, Xosé Díaz ou Xaquín Marín foron parte das figuras chave do amencer da nosa BD, as que Xulio reivindicaba co seu ímprobo traballo de investigación. Froito daquela tese naceu o proxecto expositivo BDG70. A revolta do cómic galego que foi inaugurado a finais de 2016 na sala Normal da Universidade da Coruña co gallo da conmemoración do aniversario da exposición de banda deseñada que no ano 1973 houbo nese mesmo espazo.

Este volume recolle os traballos que foron parte daqueles primeiros tempos da BD galega, que tivo que nacer necesariamente reivindicativa e popular, cunha fonda carga intelectual e usando un medio, a BD; e un idioma, o Galego; desprezados pola cultura máis elitista. Daquela, coma hoxe, a presión sobre a nosa terra, a nosa cultura e a nosa lingua era forte. A banda deseñada foi o vehículo perfecto para un grupo de artistas que precisaban xeitos novos de expresión, unha linguaxe nova para novas voces. Un movemento reivindicativo e valente nun momento arriscado. Aquela primeira exposición mesmo sufriu o ataque violento dun grupo da ultradereita. Seguir lendo

As lecturas do SrB: La levedad

“Stendhal contra o estrés postraumático.”

O 7 de xaneiro de 2015 ás 11 da mañá dous homes armados con kalashnikov entraron disparando na sede parisina do semanario Charlie Hebdo. Mataron a unha ducia de persoas e feriron a catro. Catherine Meurisse tiña que estar alí, mais o seu espertador non funcionou, quedar durmida salvoulle a vida. A autora quedou, como é lóxico, en estado de shock, os seus compañeiros e os últimos dez anos da súa vida esvaeceron polos buracos que deixaron as balas naquela redacción.

Anos despois publica este cómic co que gañou o Prix Wolinski de la BD du Point 2016, no que conta como foi todo aquel proceso, os seus pensamentos, as dúbidas e as inseguridades que a asaltaron. Os cambios que tivo que asumir aínda sen querelos, como vivir con escolta permanente, mais sobre todo, o esforzo mental ao que se veu sometida para superar a masacre daquel día e ser quen de comezar de novo. Seguir lendo