Arquivo da categoría: Astérix

Presentado o primeiro cartaz do novo filme de Astérix e Obélix

Ven de ser presentado o cartaz do novo filme dos galos máis irreductíbeis da BD, levará por título: Astérix e Obélix: o Imperio Medio. É unha historia orixinal quee non está baseada en ningún dos álbumes de Albert Uderzo e René Goscinny. O Filme está dirixido por Guillaume Canet quen tamén interpreta o papel de Astérix, o seu orondo compañeiro será interpretado por Gilles Lellouche que substitúe no papel a Gérard Depardieu. Ademais tamén partiicipan, entre. outros: Vincent Cassel, Marion Cotillard, Matthieu Chedid e Zlatan Ibrahimović.

Seguir lendo
Advertisement

Astérix e o grifón | Ferri e Conrad

Xa foi o grifón no vento

Astérix e o grifón é a quinta entrega desta etapa das aventuras dos afoutos galos na que xa están ningún dos dous creadores do personaxe. Desta volta Astérix e os seus inseparábeis amigos, Idéfix e Obélix, viaxan  ás terras dos bárbaros, nos confíns do imperio romano. Concretamente  van axudar á tribo dos  Sármatas na súa loita contra a expedición enviada por Julio César a capturar o grifón, un animal mitolóxico que o Cesar quere para si.

No aspecto formal e no campo gráfico a calidade do traballo é francamente excepcional. A liña continuista nos deseños e mesmo noutros elementos coma a cor e a distribución das viñetas na páxina fan que só un experto poda distinguir claramente as páxinas de Uderzo das de Conrad. Mais na beira do guión é onde atopamos os problemas, de certo que substituír un guionista da importancia de Goscinny non é doado, mesmo así se demostrou nos álbumes nos que Uderzo estivo a cargo da serie como autor completo, que foi, con apenas un par de excepcións, moi decepcionante e até obscenamente mala na parte final.

Neste son quen de facturar un álbum correcto, entretido e que amosa algúns momentos certamente bos. Recuperan os xogos de palabras como elemento de humor e fano con máis acerto que até agora, sen embargo, non podemos obviar a irregularidade como a característica máis definitoria deste álbum.

Seguir lendo

Astérix e o grifón

Dous anos despois da publicación do anterior álbum de Astérix, A filla de Vercinxetorix, o 21 de outubro sae un novo volume, o trixésimo noveno das aventuras do irreductíbel galo, titulado Astérix e o grifón. A parella creativa encargada deste libro son o guionista Jean-Yves Ferri e o debuxante Didier Conrad, encargados da franquía dende 2013 logo da retirada de Albert Uderzo.

Como xa é habitual nesta nova etapa, a editorial Xerais será a encargada de publicalo no país e na nosa lingua e o equipo de tradución ao galego está formado por Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar.

Nesta nova entrega, Astérix e Obélix, embárcanse nunha viaxe ás terras dos sármatas, un descoñecido territorio ao norte do Mar Negro co obxectivo de atopar o grifón, un misterioso animal con corpo de león e garras, pico e ás de ave.

O libro públicase no formato tradicional de álbum francés (e en dixital) con 48 páxinas e un prezo de 9.95€.

A filla de Vercinxetórix | Didier Conrad e Jean-Yves Ferri

Os autores deberían botar os lapis aos pés do Cesar

Chega o cuarto álbum asinado polo dúo Conrad-Ferri, os dous autores que continúan as aventuras dos irredutíbeis galos creados por Goscinny e Uderzo. Se as tres anteriores entregas defraudaban, esta é a confirmación de que a estes dóus autores éralles mellor adicarse á chanson. Os galos tamén son irredutíbeis para eles, que non paran de perpetrar álbums sen sentido, nin historia, nin orde, nin concerto. Preguntarase o amábel lector, con razón, se chegou até aquí, se as vendas dos álbums referendan a miña opinión sobre a súa calidade formal. Pois supoño que non. Mais, como demostra a realidade día a día, se me permiten o símil, ter máis votos tampouco te fai intelixente. Seguir lendo

Quo vadis, Astérix?

quovadisCando sae un libro agardado con gran expectativa e que ten para min un valor sentimental sufro certo tipo de bloqueo que me leva a telo no andel e non ser quen de abrilo, hai unha resistencia inexplicábel a devoralo, que é o que en principio un pensaría que vai facer. O novo Astérix levaba no lar xa uns días, e eu sufría ese bloqueo, claro, un é algo purista, o meu primeiro cómic foi O Escudo Arverno, e nestas cousas sempre me costa afacerme á idea de que alguén vai continuar unha obra mítica. Os libros de Goscinny e Uderzo son obras mestras, tanto, que a fama que acadou nesa primeira etapa do personaxe mesmo sobreviviu á segunda etapa, esa que Uderzo emprendeu en solitario e que levou o mesmo camiño que o dun kamikaze, a medida que ía facendo libros víase máis preto a catástrofe.

O primeiro libro con novos autores, Astérix e os Pictos, non entrará na listaxe dos máis memorables da serie, foi un libro de transición, o primeiro que non foi feito por ningún dos dous creadores, a min en xeral pareceume frouxo, mais entendo que a responsabilidade fixo pertinente a falta de risco na historia, digamos que foi unha posta o día, coma un quecemento dos novos autores. Seguir lendo

A capa do novo Astérix

Asterix36frc-Metrópoles DelirantesHoxe fixeron pública a capa do que será o trixésimo sexto álbum dos irredutíbeis galos, O papiro de César, coma no anterior (Astérix e os Pictos) esta nova aventura será asinada por Conrad e Ferri. Aínda non se coñecen moitos detalles da obra, só que desta volta e como é tradición os galos quedan na aldea é que haberá un novo e malévolo personaxe que levara o nome de Bonus Promoplús. (En portugués Vendetudus).

O libro estará á venda o vindeiro 22 de outubro e terá, coma o anterior, edición en Galego da man de Xerais.

Na España poranse á venda 160.000 exemplares en castelán, 25.000 en catalán, 4.000 en éuscaro, 3.000 en galego e 1.500 en bable.

Asterix36frp-Metrópoles Delirantes

 

Astérix e o papel do pasado como aventura

O próximo 22 de outubro publicarase o novo álbum de Astérix, titulado O papiro do César e os fans da irredenta aldea gala andamos a matinar como será o segundo volume da nova etapa da serie. Didier Conrad e Jean-Yves Ferri (o primeiro coma debuxante e o segundo a cargo do guión) repiten como equipo creativo, un pouco máis asentados despois da presión que supuxo a súa primeira incursión.

Aínda así, Astérix e os pictos foi unha obra de transición na que apenas se saíron dos canons establecidos por Uderzo e Goscinny, algo comprensible cando un traballa cun xigante cultural destas características. Do argumento aínda non se sabe moito, salvo que a coñecida obra De asterix-Metrópoles Delirantesbello Gallico (Comentarios sobre a Guerra das Galias), será parte fundamental xunto coa presenza dun novo antagonista, Bonus Promoplús —nomes que coma sempre, dan moitas pistas sobre as personalidades dos protagonistas—. Deste xeito respéctase a tradición de facer un álbum nun lugar fóra da Galia e volver a ela para o volume seguinte.

Sabemos polo tanto que César estará de volta mentres agardamos que os autores decidan arriscarse un pouco máis e ofrecernos algo novo que se afaste da longa sombra dos creadores. O que si é certo é que a tirada inicial en Francia será de case dous millóns de exemplares, algo que moi poucas publicacións poden conseguir hoxe en día (haberá de novo edición en galego a cargo de Xerais). Seguir lendo

O papiro de César é o titulo do seguinte álbum de Astérix

O papiro de Cesar-Metrópoles DelirantesXa hai data e xa coñecemos o título do seguinte álbum dos irredutibles galos, o 22 de outubro de 2015 publicarase o trixésimo sexto álbum de Astérix e Obélix, que terá por titulo O papiro de César. Repiten neste álbum, tanto o guionista Jean-Yves Ferri coma o debuxante Didier Conrad, que foron os escollidos en 2013 para continuar coas aventuras dos personaxes de Goscinny e Uderzo no exitoso (en vendas) Astérix e os pictos (editado en galego por Xerais).

Nesta nova aventura a historia transcorrerá na Galia, mantendo a tradición de alternar un álbum onde Astérix e Obélix viaxan a outro país cun no que a acción ten lugar na Galia, ademais revelaron que haberá batallas e novos personaxes, algún “moi desagradable”, e que se abordará un tema característico da sociedade moderna”. Seguir lendo

Novo álbum de Astérix o 22 de Outubro de 2015.

Asterix_36-Metrópoles DelirantesOs irredutíbeis galos xa teñen data de volta ás librarías, despois do exitoso Astérix e os Pictos, editado en Galicia por Xerais, os personaxes creados por Goscinny e Uderzo estrearan nova aventura, que será a trixésimo sexta, o vindeiro 22 de Outubro.

Esta será a segunda aventura na que os guións e os pinceis estarán a cargo de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, que teñen a difícil tarefa de continuar con esta importante serie.

Astérix e os pictos, foi publicado el 22 de outubro de 2013. A primeira tirada francesa de dous millóns de exemplares na primeira semana, e vendeu en todo o mundo cinco millóns. Este álbum malia a ser excelente no debuxo no que Didier Conrad fai que non nos decatemos apenas do troco no lapis, non foi tan bo no guión, que defraudou sobre todo ós lectores máis esixentes.

Seguir lendo