Arquivo da categoría: Misc

Todd McFarlane dirixe o novo videolip de de Ozzy Osbourne

O debuxante e creador de SpawnTodd McFarlane, é o director do videoclip de Patient Number 9, a nova canción de Ozzy. Este tema é o primeiro sinxelo do novo álbum homónimo de Ozzy Osbourne que será lanzado o 9 de setembro. Ambos artistas traballaran xuntos anteriormente no 1999 e no 2004 en dúas series de figuras de acción inspiradas no cantante e producidas pola compañía do debuxante.

Vía: Comicbook.com

Advertisement

O goberno español escolle o 17 de marzo como “Día del Cómic y del Tebeo” e premia a Norma Editorial

O Consello de Ministros do goberno do Estado ven de acordar, logo da proposta do Ministerio de Cultura y Deporte, declarar o 17 de marzo “Día del Cómic y del Tebeo”, o propio ministro, Miquel Iceta, explicou que a data foi escollida porque foi na “que se iniciou a publicación de la revista TBO”.

Entre os obxectivos desta iniciativa está “visibilizar a industria a través de distintas actividades e dar un sentido unitario, chegando a todos os puntos da xeografía española, a través da colaboración de todos os axentes, dos medios de comunicación, redes sociais, entidades privadas e sociedad civil”.

A proposta partiu da Asociación Sectorial del Cómic, que foi recollida na Proposición non de Lei de Recoñecemento e Dignificación do Sector da banda deseñada en España.

A estraña redundancia do nome escollido non pasou desapercibida nas redes sociais que fixeron a habitual chanza.

Seguir lendo

EL PAÍS lanza unha colección de BD con 16 clásicos 

O xornal porá á venda co diario dos domingos unha colección de banda deseñada chamada Héroes del cómic que reúne personaxes icónicas da historia do cómic. Serán dezaseis entregas de libros que estarán a venda co xornal cada domingo. Cada entrega terá un precio de 9.95 euros.

A primera entrega será El Guerrero del Antifaz. nos seguintes números chegaran as aventuras doutros grandes clásicos como El Corsario de Hierro, El Capitán Trueno, El Jabato, Mandrake ou Phantom.

Astérix e o grifón

Dous anos despois da publicación do anterior álbum de Astérix, A filla de Vercinxetorix, o 21 de outubro sae un novo volume, o trixésimo noveno das aventuras do irreductíbel galo, titulado Astérix e o grifón. A parella creativa encargada deste libro son o guionista Jean-Yves Ferri e o debuxante Didier Conrad, encargados da franquía dende 2013 logo da retirada de Albert Uderzo.

Como xa é habitual nesta nova etapa, a editorial Xerais será a encargada de publicalo no país e na nosa lingua e o equipo de tradución ao galego está formado por Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar.

Nesta nova entrega, Astérix e Obélix, embárcanse nunha viaxe ás terras dos sármatas, un descoñecido territorio ao norte do Mar Negro co obxectivo de atopar o grifón, un misterioso animal con corpo de león e garras, pico e ás de ave.

O libro públicase no formato tradicional de álbum francés (e en dixital) con 48 páxinas e un prezo de 9.95€.

XV Festival Internacional de Banda Desenhada de Beja

metropoles-delirantes-bedeteca_bejaO Festival Internacional de Banda Desenhada de Beja, organizado pelo município, realiza-se este ano entre os dias 31 de maio e 16 de junho e a organização ten divulgado já o nome das exposições e a lista dos autores que irão estar presentes na edição de 2019.

A organização promete divulgar em breve a programação paralela (apresentação de projetos, concertos desenhados, conferências, lançamentos, sessões de autógrafos, etc.). Seguir lendo

Convocada a primeira edición do premio Bruguera de BD

A editorial Bruguera, recentemente adquirida e convertida en selo pola transnacional Penguin Random House, convoca o I Premio Bruguera de cómic y de novela gráfica 2019.

Deitamos aquí unha escolma das bases:

  • Poderán optar ao premio tódolos autores que o desexen, de calquera nacionalidade ou procedencia, sempre que as obras que presenten se axusten ao concepto comunmente aceptado de Banda Deseñada e novela gráfica, estean escritas en castelán, sexan orixinais, rigorosamente inéditas e non teñan sido premiadas anteriormente en ningún outro concurso, nin correspondan a autores finados con anterioridade á presentación da obra a este Premio.
  • As obras tenrán unha extensión mínima de 90 páxinas e máxima de 240. Deberá enviarse un orixinal impreso, encadernado ou cosido, e copia dixital. O orixinal irá asinado con pseudónimo, sendo obrigatorio axuntar sobre pechado co nome e apelidos, enderezo e teléfono de contacto. 
  • O prazo de admisión de orixinais pecharase o 31 de maio de 2019. 
  • O fallo do Xurado será inapelábel e farase público a finais de xullo de 2019.
  • Entregarase un único Premio, dotado con 12.000 (doce mil) euros, dos que se detraerán os impostos.
  • A obra premiada será editada por Penguin Random House, no selo Bruguera e poderá ser comercializada en tódolos países do mundo.

As Bases completas aquí.

Autobán 2018

Autoban2018-metropoles-delirantesO venres e o sábado unha nova edición do Autobán reunirá a medio cento de creadoras e creadores que porán á venda as súas novidades no encontro. Ademais gozaremos de palestras, presentacións, edicións exclusivas, mostras e o célebre Combate de Debuxantes.

Esta festa da autoedición que se celebra na Coruña é xa un punto de referencia e unha cita inescusable para os amantes dos fanzines, do cómic independente e das novas xeracións de creadores e creadoras. Este ano asistirán nomes habituais no panorama galego, tanto mozos como sinaturas consagradas, e proxectos autoeditados chegados desde Madrid, Barcelona, Castela e Levante.

O Autobán 2018 celebrase o venres 10 e o sábado 11 de agosto, o primeiro día na Nave 1839, na coruñesa estación de ferrocarrís de San Cristovo e o sábado en varios locais da céntrica rúa do Orzán. As actividades son de todas de balde. Seguir lendo

Convocatoria No Tengo Mamá 2018

NTMM18-metropoles-delirantes

Xa está aberta a convocatoria para o festival de autoedición de Vigo, o No tengo mamá. O festival cambia de datas e vaise celebrar os días 7 e 8 de setembro, nunha decisión ben acaida que evita a coincidencia co Autobán de Coruña. Ao mesmo tempo foi presentado o cartaz desta edición que é obra do artista Nacho García.

Inscríbete nesta inscripcion antes das 23:59 do día 15 de agosto. Os seleccionados daranse a coñecer o día 17 dese mismo mes.

A Arte no Cómic – Exposición

A arte no comic- metropoles-delirantesAté o 15 de abril pódese visitar na Sede Afundación de Santiago de Compostela «A Arte no Cómic», unha mostra de Fundación Telefónica, comisariada por Asier Mensuro que recolle reinterpretacións dalgunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte a través dos cómics de 73 ilustradores e autores de prestixio.

A exposición estrutúrase en tres grandes ámbitos: o primeiro deles recolle a relación entre os grandes centros de arte e o cómic a través de obras da colección do Louvre ou do Museo de Orsay xunto á editorial Futuropolis, mostrando o traballo de autores tan recoñecidos como Catherine Meurisse, Manuele Fior, Enki Bilal ou David Prudhomme, así como a obra de Edmond Baudoin sobre Dalí, editada polo Centro Nacional de Arte e Cultura Georges Pompidou. Tamén se inclúen iniciativas dos centros de arte españois, coma os cómics de Miguel Ángel Martin, Álvaro Ortiz, David Sánchez e Santiago García, editados polo Museo Thyssen-Bornemisza e a editorial Astiberri. Seguir lendo

“Desde la sombra” exposición de ACO en Vigo

aco_metropoles-delirantesAté o vindeiro 23 de abril pódese visitar na galería de arte Lab-in unha escolma do traballo do debuxante vigués. Nesta exposición poderemos ver a evolución da súa técnica, e a capacidade de adaptación do autor para sacar o mellor de cada personaxe. ACO traballou para Marvel e DC Comics debuxando personaxes míticos destas editoriais coma Spiderman, Batman ou Wonder Woman.

Desde la sombra» pódese visitar até o 23 de abril de segunda a sexta de 11 a 14.30 e de 15.30 a 20 horas.