Arquivo por etiquetas: Fernando Iglesias “Kohell”

Dédalus en Compostela, o noso Bloomsday

Dédalus_capa-Metrópoles DelirantesHoxe é o Bloomsday, un evento anual que se celebra cada ano o día 16 de xuño desde 1954 na honra de Leopold Bloom o personaxe principal do Ulises de James Joyce. O 16 de xuño é o día no que sucede a acción da novela e os celebrantes realizan distintos actos replicando o que acontece na obra, ata xantan o mesmo que o personaxe de Joyce e  percorren o itinerario exacto da acción pola cidade de Dublín.

Aproveitamos está conmemoración para lembrar unha obra galega que ten moito a ver co Bloomsday e con Joyce, falamos de Dédalus en Compostela, a obra de Vicente Risco que Fernando Iglesias “Kohell” adaptou de xeito impecábel á banda deseñada.

Dédalus en Compostela transcorre en 1926. O alter ego de James Joyce peregrina á capital de Galiza, o azar provoca o encontro con Vicente Risco e xuntos pasean pola cidade ao tempo que conversan. Desta versión en bd de Dédalus en Compostela editáronse mil exemplares que saíron á venda a un prezo de 8 euros.

No Metrópoles Delirantes 30, entrevistamos ao seu autor Fernando Iglesias “Kohell”.

Advertisements

“Xeración Retranca” exposición no Museo do Humor de Fene

Xeración retranca-Metrópoles DelirantesNo Museo do Humor de Fene xa podemos gozar da exposición “Xeración Retranca”, nesta mostra podemos admirar os orixinais dos autores galegos que publicaron na revista Retranca entre os anos 2007 e 2011, importantes nomes da bd do país como Kiko da Silva, Pinto&Chinto, Leandro, Andrés Meixide, Miguelanxo Prado, Alberto Guitián, Luis Davila, Fernando Iglesias “Kohell” ou José Antonio “Bernal”, xunto cos clásicos do humor gráfico galego Xaquín Marín, Siro López e Xosé Lois “O Carrabouxo”.

Na exposición unha colección de paneis conta a historia desta publicación fundada en Vigo en outubro de 2007 por Kiko Da Silva, neles coñeceremos os principais temas tratados en Retranca e os autores que participaron no proxecto.

A exposición “Xeración Retranca” permanecerá aberta ao público na sala de exposicións da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene ata o 31 de outubro. O horario de visitas é de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas.

O estudoso Félix Caballero Wangëmert escribiu un interesante artigo sobre a revista: “La revista Retranca y su papel catalizador del nuevo humor gráfico gallego

Metrópoles Delirantes 30 – Fernando Iglesias “Kohell”

MD30-Metrópoles DelirantesVolven os lembretes, nesta emisión, un personaxe que pasou de mero adorno a protagonista da súa propia serie de animación, A Pantera Rosa. Entrevistamos a Fernando Iglesias “Kohell” un histórico da bd galega que ademais de dar clase no Garaxe Hermético, ven de publicar a adaptación á bd do Dédalus en Compostela, a obra na que Vicente Risco axustaba contas con James Joyce. Astérix, o galo máis internacional e máis famoso da bd é o imprescindible do Sr B. As novidades chegan con Xaime Lis dende a libraría Komic de Compostela, coma sempre todo acompañado de música de calidade e risas.

Dédalus_capa-Metrópoles DelirantesOs artigos dos que falamos no principio do programa: Aquí o artigo de Ramón de España, e aquí a lúcida resposta de Gerardo Vilches.

Os temas que sonan no programa son:

  • ELO – Shine A Little Love.
  • Camel – Song Within A Song.
  • GNR – Um Mapa.
  • Autour de Lucie – Ce que l’on tait.
  • Juan Pardo – En Pé!.
  • Pink Floyd – Wish you were here.

http://www.ivoox.com/player_ej_4410301_2_1.html?data=lZmekpiUdY6ZmKiakpaJd6KklYqgo5mUcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCgkpKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&