Arquivo por etiquetas: O Garaxe Hermético

Novidades galegas para o Viñetas – Autobán 2015

Xa queda menos dun mes para o Viñetas desde o Atlántico e o Autobán, ambas citas xa ineludibeis na axenda da bd galega. Nestas datas e coincidindo con estes eventos é xa tradición que se presenten moitas novidades.BTFMR-Cartel-Metrópoles Delirantes

A bd galega vai presentar obras ben interesantes: unha nova novela gráfica, Os que levan o lume, a cargo de Álvaro López e editada por Demo Ed; Cuimnhe, la deuda de Kike Benlloch, un historico ademais de prolifico autor da bd Galega; sendos números de Altar Mutante (o terceiro) e un número especial da dixital O Botafumeiro; unha delicatessen da audaz editora viguesa Fosfatina que presenta  unha obra de José JaJaJa, 1997 Hot Summer; o colectivo minhoco, responsabeis do fanzine Compota de Manatí que anuncia o segundo número da publicación; e a escola prrofesional de BD O Garaxe Hermético presentará o terceiro libro da Colección Cornelius, editado por Retranca Ed e que leva por titulo 221 BD. Seguir lendo

Advertisements

Master class de Enrique Fernández no Garaxe Hermético

Masterclass_EnriqueFernandez-Metrópoles DelirantesO vindeiro Venres 19 de xuño de 11:30 a 14:00, Enrique Fernández autor de “Brigada” impartirá unha master class titulada “Creación de Cómic e Autoedición Crowdfunding” na escola O Garaxe Hermético de Pontevedra.

Para reservar praza:
Email: ogaraxehermetico@gmail.com
Tlf: 610 33 73 12

O prezo é de 25 euros. (Gratuíto para os alumnos matriculados nos Cursos Profesionais).

Enrique Fernández, é autor de cómic, comezou traballando en animación (El Cid, Nocturna) para despois adicarse por completo a banda debuxada. Traballou para editoriais francesas, onde xa leva publicadas varias obras, algunas traducidas ó español. Acadou na plataforma de Crowdfunding VERKAMI financiación para os seus dous volumes de BRIGADA (50.063€ para BRIGADA nº1 e 48.224€ para BRIGADA Nº 2)

Metrópoles Delirantes 30 – Fernando Iglesias “Kohell”

MD30-Metrópoles DelirantesVolven os lembretes, nesta emisión, un personaxe que pasou de mero adorno a protagonista da súa propia serie de animación, A Pantera Rosa. Entrevistamos a Fernando Iglesias “Kohell” un histórico da bd galega que ademais de dar clase no Garaxe Hermético, ven de publicar a adaptación á bd do Dédalus en Compostela, a obra na que Vicente Risco axustaba contas con James Joyce. Astérix, o galo máis internacional e máis famoso da bd é o imprescindible do Sr B. As novidades chegan con Xaime Lis dende a libraría Komic de Compostela, coma sempre todo acompañado de música de calidade e risas.

Dédalus_capa-Metrópoles DelirantesOs artigos dos que falamos no principio do programa: Aquí o artigo de Ramón de España, e aquí a lúcida resposta de Gerardo Vilches.

Os temas que sonan no programa son:

  • ELO – Shine A Little Love.
  • Camel – Song Within A Song.
  • GNR – Um Mapa.
  • Autour de Lucie – Ce que l’on tait.
  • Juan Pardo – En Pé!.
  • Pink Floyd – Wish you were here.

http://www.ivoox.com/player_ej_4410301_2_1.html?data=lZmekpiUdY6ZmKiakpaJd6KklYqgo5mUcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCgkpKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

Publícase NOVENO, a revista dos alumnos do Garaxe Hermético

NOVENO-Metrópoles DelirantesO Garaxe Hermético non para, despois do fancine que presentaron no pasado viñetas ven de crear a revista NOVENO que nace como ferramenta de aprendizaxe dos alumnos matriculados no Curso Profesional de bd.

Nesta revista os alumnos experimentan todo o aprendido e inician o camiño para se converter nun profesional da bd cumprir as datas de entrega, o formato, o tema da revista, os parámetros de calidade para poder publicar. En definitiva Noveno  é unha porta aberta aos futuros/as autores de bd do mañá.

A revista é dixital e ten 87 páxinas, ofrécese sen prezo para que cada lector poña o que considere.

Aquí a ligazón para a descarga.

Master class de Emma Ríos no Garaxe Hermético

Pretty Deadly-Metrópoles DelirantesO Garaxe Hermético, a escola profesional de banda deseñada que dirixe Kiko da Silva terá este mes unha invitada de luxo, desta volta a autora galega, nominada ós Eisner de este ano, Emma Ríos, vai impartir unha Master Class na escola o vindeiro xoves, 18 de Nadal.

Emma Ríos, fará unha viaxe pola creación da súa última obra “Bella Muerte/Pretty Deadly” e amosará todas as fases creativas, desde a idea ata o libro final.

O Garaxe Hermético está na rúa Álvaro Cunqueiro 4, Baixo.

Horario: DE 12:00 horas a 14:00 horas.
Prezo: 30 euros.

As prazas son limitadas.

Preséntase o curso profesional de BD de O Garaxe Hermético

Hoxe sábado as 12 da mañá no Pazo da Cultura de Pontevedra preséntase o novo Curso profesional de BD de O Garaxe Hermético.

Durante o acto proxectarase un documental sobre cómo se fai unha bd profesional dende a idea ata a edición, e ó rematar os alumnos recibirán as maletas e os materiais docentes de cada curso.

A escola ven de ampliar a súas instalacións, habilitando unha nova aula para os alumnos de 3ª curso, un despacho e taller de traballo e unha zona de descanso. Tamén ampliou e renovou a aula de ordenadores con novos equipos e un mural do mestre Fernando Iglesias (Kohell).

Este ano será o derradeiro da 1ª promoción da escola.

Conservas galegas de cómic

Conservas tito2Que estamos a vivir un momento doce no mundiño da bd é un feito, aínda que non se reflicte tanto nas vendas como debera, mais hai una xeralizada apertura da sociedade cara ó cómic, xorden festivais por doquier (ollo a esa burbulla) e por fin os “mass media” abren a porta sen reparo ós tebeos, (posiblemente urxidos pola necesidade de acadar novos clientes).

Pero o importante é que chegue para quedarse, é que por fin ocupe o lugar que merece, sen menosprezos, sen paternalismos e sen tópicos.

Por iso é unha boa nova que unha conserveira aposte pola bd para o seu packaging dunha liña de conservas, e por certo que o resultado é ben fermoso.

O traballo feito por Antonio Recuna, alumno do Garaxe Hermético, é espectacular é ademais unha pequena revolución dentro deste sector que case sempre optou por envases moito máis clásicos.Conservas tito1