Arquivo por etiquetas: Xaime Lis

Metrópoles Delirantes 84 – Álvaro Pons

Comezamos programa co Sr B e as novas da BD a todo filispím. Xaime Lis escolle dos seus andeis cósmicos a un autor dos seus preferidos, Nicolás de Crécy. Enrolamos a Álvaro Pons, un dos máis reputados críticos e divulgadores da BD, con el falamos do estado das cousas dos tebeos.

As músicas desta emisión son:

  • Astrud – Todo nos parece una mierda.
  • King Gizzard & The Lizard Wizard – Polygondwanaland.
  • Els amics dels Arts – Jean-Luc.
  • Jimi Hendrix – All Along The Watchtower.
  • Morrisey – First of the gang to die.
Advertisements

Metrópoles Delirantes 79 – Festival de Cinema e BD de Vilagarcía

CURTAS-2017-metropoles-delirantes

Abrimos programa a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Volvemos a embarcar a Xaime nesta dorna da BD para que nos conte cales son os seus cómics favoritos na sección «andeis cósmicos». Falamos con Luis Rosales, director do festival de cinema e Banda deseñada de Vilagarcia, do que se vai celebrar a cuadraxesimo quinta edición do 23 ao 29 deste mes.

 

As músicas desta emisión son:

  • Mando Diao – Dance with somebody.
  • Stan Getz – On The Up And Up.
  • Ataque escampe –Os problemas crecen.
  • Los Punsetes – Tus amigos.

Castelao por Xaime Lis (Día das letras Galegas 2016)

Coleccion-Castelao--Metrópoles DelirantesHai tempo viviu un home que era moitos á vez.  Foi emigrante, médico, teatreiro, escritor, debuxante, caricaturista, político, filósofo, pintor e moitísimas cousas máis.  Non o coñecín, e posiblemente ti, que les estas liñas, tampouco.  Pero el, hai unha chea de anos, xa pensaba en nós.  Falaba, escribía e pintaba para nós.  Mesmo sen sabelo.  E a min, dende cativo, semelloume que espreitar a súa obra, aceptar todo o que xenerosamente compartiu comigo, contigo, connosco, era un dos maiores tesouros que agochaba o feito de nacer e vivir nesta terra.

Chamábase Alfonso Daniel Manuel.  Era Castelao.

Hai uns anos un fedello lalinense, outro artista polifacético e grandísimo contador de historias, Inácio Vilariño, emperrouse en levar a vida (as vidas) deste rianxeiro ilustre á banda deseñada, concretamente a unha serie de libros que falasen del, da súa vida e da súa obra.  Atopou en Iván Suárez e no seu debuxo coidado e agarimoso un compañeiro de camiño perfecto.  E comezaron a súa andaina con Titoán, un álbum magnífico que levou, precisamente, o premio Castelao de banda deseñada  que outorga a Deputación coruñesa.  E que me deixou coa boca aberta.  Pola súa documentación, pola súa fluidez, polas súas cálidas ilustracións, pola súa economía de medios narrativa tan achegada á do autor de Retrincos, Cousas ou Sempre en Galiza.

Despois chegaron O pobre toloMáis alá! Atila, tres andares máis neste monumental proxecto, e agardo impaciente os seguintes catro volumes cos que Inácio e Iván pensan completar o seu documentado e xeitoso retrato.

Recoméndoche a súa lectura, a de calquera destes tomos coeditados entre Demo Editorial e Komic Librería, porque, ademais de ser unha obra moi ben construída e na que hai moito cariño investido, tes a posibilidade de descubrir moito sobre unha figura á que cómpre lembrar e agradecer, e que mellor xeito que a través das letras e dos debuxos.

Recomendación de: Xaime Lis. Libreiro na libraría Komic de Compostela e colaborador habitual das Metrópoles.

Metrópoles Delirantes 44 – Filipe Melo e Juan Cavia

Filipe Melo-Juan Cavia-Nieves Rodríguez-Metrópoles DelirantesViaxamos ata Porto para falarmos longo con Filipe Melo e Juan Cavia, os autores da excepcional “Dog Mendonça e Pizzaboy” e que están a piques de presentar “Vampiros” a súa nova bd da que nos adiantan algunhas cousas, e só podemos decir que ten unha pinta excelente. O Sr B anota nos imprescindibles “La Bicicleta Roja” un cómic coreano que é pura poesía, unha delicatessen no literario e no artístico. Con Xaime de Komic, coñecemos ás novidades destacadas. Todo cociñado amodiño, co agarimo que sempre poñemos e con música magnífica para gozar da bd.

http://www.ivoox.com/player_ej_9732474_2_1.html?data=mpyglJmbeI6ZmKiakpaJd6Kkkoqgo5iVcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JChlpKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

As músicas desta emisión son:Os Vampiros-Metrópoles Delirantes

  • The Doors – Break on through (To the Other Side).
  • Brad Meldhau – I do.
  • Peixe Avião – A espera é un arame.
  • Air – Le Voyage de Penelope.
  • Zeca Afonso – Os vampiros.

Metrópoles Delirantes 43 – Álvaro Ortiz

Álvaro Ortiz-Metrópoles Delirantes

Foto: Banda deseñada, Vigo.

Embarcamos de novo conosco, na dorna das metrópoles, a un autor que devocionamos moito e que está no noso pórtico da gloria con outros santiños da bd, Álvaro Ortiz, co que falamos do seu último libro, Rituales (Astiberri), e de moitas cousas máis. Nos imprescindibles o Sr B volve a súa adorada bd francobelga para facer imprescindible un libro que mestura política e bd, humor e ironía e no que non sabemos ben que parte é real e cal ficción, Quay d´Orsay. E no final desta viaxe pola bd remataremos coas novidades que trae Xaime dende a libraría Komic en Compostela.

http://www.ivoox.com/player_ej_9544324_2_1.html?data=mpqhlpiWeI6ZmKiakpaJd6KkkYqgo5iacYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JChlZKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

A música deste programa é:Rituales-Metrópoles Delirantes

  • Tom Zé & Valdez – Jimmy, Renda-se.
  • Mogwai – Remurdered.
  • Beach House – All Your Yeahs.
  • Emmanuelle Seigner – Dingue.
  • Matia Bazar – Solo tu.

“No tengo mamá”, canto moderno, canto!!!

Notengomama_ni-Metrópoles DelirantesEste xoves andivemos polo “no tengo mamá”, o festival da autoedición de Vigo, para participar nunha interesante mesa redonda con Octavio Beares, Xaime Lis, Helena Exquis, Berto Fojo e Cibrán, o tema era a relación entre cómics e música. Na realidade penso que nos desviamos algo do tema inicial e a parola cobrou vida propia e foi evolucionando cara o fanzinismo, pasamos máis tanxencialmente pola música, foi unha tarde ben interesante na que saíron temas que darían para varios faladoiros e na que o público asistente participou moito, cousa que nos encantou.

Un dos temas que saíu nesta reunión foi o nulo apoio que o MARCO presta a este evento que o arrodea e medra a súa beira sen que dentro desa atalaia caduca se queiran enterar. Unha magoa.

no-tengo-mamá-Metrópoles DelirantesFoi un gusto pasa-la tarde nun evento que xa dende a entrada avisa do que vas atopar, cando atravesas o pórtico “DIY” entras nunha dimensión de modernidade e modernos, moito arte, ambiente cosmopolita e decibelios alborotados, un ecosistema que advirte que aquelo non é unha xuntanza de “autores de estatuas de rotonda”.

Coma si de unha metáfora se tratara, a creatividade xermola e pasa polo calexón que vai por detrás do Marco, así, pódese degustar un fervedoiro de fanzines, camisetas, música (en vivo ou en casete) serigrafías e un feixe de arte, artistas, e sobre todo xente coa que se pode falar, coa que tomar unha cervexa e ter conversas, escoitar bandas ao vivo e gozar dun ambiente de convivencia marabilloso.

Autoedición gráfica no mercadillo, cinematográfica no concurso de curtas e musical nos concertos, neste evento o arte póñeno os que traballan de costas a un circuíto oficial que cada vez máis, está a quedar illado na súa ínsula de directores xerais e de estruturas museísticas mortas do século pasado.

A xente de Fosfatina e Seara Records conseguiron argallar un minifestival que demostra que nas marxes é onde abrollan iniciativas culturais que son ben interesantes e fantasticamente acollidas polo público e polos participantes; sen axudas, sen políticos e glorificando o “Faino ti mesmo”.

Metrópoles Delirantes 33 – Roberta Vázquez

MD33-Metrópoles DelirantesFalamos con Tirso Cons un dos creadores de 3 pintamonas, a nova editora que ven de publicar o seu primeiro libro titulado Abastos. Quen vixia ós vixiantes? está frase é o leit motiv do libro do que Sr B fala no seu recuncho dos imprescindibles, a que probablemente, é a obra máis coñecida do mago Alan Moore debuxada por Dave Gibbons; Watchmen. De seguro sabedes da nosa devoción por Fosfatina, a valente editorial, que dende Vigo, non para de poñer no mercado a innovadores autores de bd, agora é a quenda de Roberta Vazquez e o seu Havarti Party. Falamos con ela. E para rematar esta emisión temos a Xaime Lis que trae nos petos as novidades das editoriais dende a libraría Komic.

Os temas que sonan no programa son:Havarti_party-Metrópoles Delirantes

  • Led Zeppelin – Inmigrant Song.
  • Samaris – Hafið.
  • La Casa Azul – Galletas.
  • K.C. and The Sunshine Band – Im your boogie man.
  • Bob Dylan – The times they are a-changin.
  • The Philip Glass Ensemble – Pruit igoe and prophecies.
  • Cream – Strange Brew.
  • Grupo de Expertos Solynieve – Dejame vivir con alegría.

http://www.ivoox.com/player_ej_4608737_2_1.html?data=lZudmpyXe46ZmKiakpaJd6Kkkoqgo5iUcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCglZKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

Ligazóns: