Arquivo da categoría: Festivais

Salón do Cómic de Zaragoza 2022

Calpurnio, pseudónimo de Eduardo Pelegrín Martínez de Pisón, artista gráfico e autor do popular personaxe “El bueno de Cuttlas” é o autor do cartaz e a imaxe gráfica da XXI edición do Salón del Cómic de Zaragoza que se vai celebrar do 16 ao 18 de nadal na capital aragonesa.

Seguir lendo
Advertisement

Programación do Autobán 2022

Logo do obrigado parón destes anos pasados pola Covid, o festival recupera a normalidade cunha edición presencial que decorrerá na fin de semana do 12 e 13 e servirá para retomar o pulso ao movemento fanzineiro e de autoedición galego mais tamén ao extranxeiro. O programa recolle presentacións, obradoiros o mercado de fanzines e o xa habitual e exitoso combate de debuxantes.

Como eixe do encontro, o mercado e fanzines reunirá o máis destacado da recente produción autoeditada do país, fundamentalmente no campo da ilustración e da banda deseñada

Seguir lendo

Madrid Cómic Pop Up 2022

A segunda edición do Madrid Cómic Pop Up, celebrarase os vindeiros 4, 5 e 6 do mes de santos no recinto feiral da capital española. A organización do evento ven de facer público o cartaz desta edición creado polos artistas Sergio Dávila (lapis), CAFU (Tinta) e Daniel Acuña (cor). Os autores mesturan unha guerreira con Mortadelo, Mafalda, Blacksad, Superlópez, Esther ou El Guerrero del Antifaz. Pretenden así render unha homenaxe a figuras fundamentais da banda deseñada.

Seguir lendo

Convidadas do Viñetas desde o Atlántico 2022

O festival coruñés, que decorrerá entre o 8 e o 14 de agosto ven de facer públicos os invitados e invitadas desta edición:

  • Alicia Jaraba.
  • Borja González.
  • Dani Bermúdez.
  • David Rubín.
  • Emma Ríos.
  • Fernando de Felipe.
  • Fidel de Tovar.
  • Jesús Alonso Iglesias.
  • Juan Díaz Canales.
  • Juanjo Guarnido.
  • Mayte Alvarado.
  • Pierre Alary.
  • Sergi San Julían.
Seguir lendo

O Festival de Angouleme relanza o concurso #FIBDchallenge2023!

O certame decorrerá entre o 15 de xuño e o 9 de novembro de 2022 e poden participar artistas de banda deseñada maiores de 18 anos. O concurso exixe o uso de herramentas dixitais: vídeo, gifs, sons, animación, etc.

Identidade gráica do concurso de Pierre Cesca @pampa_junior, Gañador do #FIBDchallenge2022
Seguir lendo

Soy la Malinche de Alicia Jaraba nomeada para o premio Ouest-France/Quai des Bulles

Hai apenas unhas semanas anunciabamos que Soy la Malinche, a bd de Alicia Jaraba, fora seleccionada como candidata ao Premio das librerías en Francia, días despois foi escollida nos imprescindíbeis do verán pola Asociación de críticos e divulgadores de Francia ( ACBD). Agora volve a estar nomeada nun premio de bd no país veciño, desta volta está entre os dez traballos os que serán elixidos, o 8 de outubro en Saint-Malo (Francia), como gañador do premio Ouest-France á mellor banda deseñada no festival Quai des Bulles.

As dez obras seleccionadas para o premio

Volve o Autobán

Logo do parón obrigado do pasado ano, por mor da pandemia de COVID19, o Autobán, evento de autoedición coruñés, volverá a celebrarse este ano. Así o anunciaron nas súas redes sociais nas que adiantaron que será os días 12 e 13 de agosto e que volven con todas as actividades. En breve abrirán a convocatoria e anunciarán o programa e a localización do festival

Soy la Malinche de Alicia Jaraba nomeada para o premio das librerías de Angoulême

A Banda deseñada Celle qui parle da galega Alicia Jaraba, traducida a español como Soy la Malinche e editada por Nuevo Nueve, foi elixida polos libreiros franceses de Canal BD e será candidata ao Premio das librerías que se entregará en xaneiro de 2023 durante o Festival Internacional de Banda Deseñada de Angoulême.

Banda á feira, evento de BD no barrio do Calvario de Vigo

A Asociación de Veciños do Calvario organiza a primeira edición de Banda á Feira que se desenvolverá na zona peonil da rúa Urzáiz, na contorna do Mercado do Calvario.

O programa decorrerá os días 4 e 5 de xuño e inclúe a presencia de autores como Borja González (The black holes), Mayte Alvarado (La isla), Carles Dalmau (Planeta Manga) e Anabel Colazo (Encuentros cercanos, No mires atrás), así como diferentes autores locais. Estes convidados e convidadas desenvolverán encontros, palestras e obradoiros co público e farán parte dunha exposición colectiva nas rúas do barrio. Tamén haberá unha mostra sobre a obra creada por Miguel Porto e Fernando Llor para concienciar sobre el acoso escolar titulada Subnormal.

O sábado, día 4 de xuño, comezará o evento a partir de las 11.00 horas cun obradoiro de banda deseñada e a palestra de técnicas dixitais impartida por Carles Dalmau. Pola tarde, ás 18.00 horas, será o tempo do faladoiro con Anabel Colazo. O domingo 5 de xuño, está programada un coloquio con Mayte Alvarado e Borja González. Ambos días haberá sesións de asinaturas por parte destes autores e de autores locais (que a organización non especificou).

O cartaz desta primeira edición de Banda á Feira es unha magnífica obra Das Pastoras.