Arquivo da categoría: Exposicións

Exposición de Luis Yang na Coruña

O pasado xoves 9 de xuño foi inaugurada a exposición de Luis Yang na Galería Grelería da Coruña. A Grelería é un espazo que serve de escaparate para artistas e exposicións de arte.

Luis Yang é graduado en Belas Artes, autor de BD e ilustrador, foi parte do colectivo Sacoponcho e participou como autor no fanzine do mesmo nome editado polo colectivo. Tamén colaborou en distintos fanzines e obras colectivas como o coñecido Arròs NegreLicor Café, ou Nimio do que tamén foi creador (premiado como mellor fanzine no Salón do Cómic de Barcelona de 2016). Foi premiado en dúas ocasións (2012 e 2013) no Concurso de Cómic de Benimaclet e obtivo unha mención especial no Certame Benito Losada de Banda Deseñada en 2012. En 2020 incursionou no audiovisual dirixindo e animando un videoclip da cantante Yaeji titulado When I Grow Up.

É o promotor de Amorcito, publicación autoeditada que é unha antoloxía de historias curtas de amor inspirada nas revistas shoujo xaponesas.

A exposición estará aberta até o 3 de agosto (martes a venres de 17:30 h a 20:30 h e os sábados de 11:00 h. a 14:00 h).

Advertisement

Banda á feira, evento de BD no barrio do Calvario de Vigo

A Asociación de Veciños do Calvario organiza a primeira edición de Banda á Feira que se desenvolverá na zona peonil da rúa Urzáiz, na contorna do Mercado do Calvario.

O programa decorrerá os días 4 e 5 de xuño e inclúe a presencia de autores como Borja González (The black holes), Mayte Alvarado (La isla), Carles Dalmau (Planeta Manga) e Anabel Colazo (Encuentros cercanos, No mires atrás), así como diferentes autores locais. Estes convidados e convidadas desenvolverán encontros, palestras e obradoiros co público e farán parte dunha exposición colectiva nas rúas do barrio. Tamén haberá unha mostra sobre a obra creada por Miguel Porto e Fernando Llor para concienciar sobre el acoso escolar titulada Subnormal.

O sábado, día 4 de xuño, comezará o evento a partir de las 11.00 horas cun obradoiro de banda deseñada e a palestra de técnicas dixitais impartida por Carles Dalmau. Pola tarde, ás 18.00 horas, será o tempo do faladoiro con Anabel Colazo. O domingo 5 de xuño, está programada un coloquio con Mayte Alvarado e Borja González. Ambos días haberá sesións de asinaturas por parte destes autores e de autores locais (que a organización non especificou).

O cartaz desta primeira edición de Banda á Feira es unha magnífica obra Das Pastoras.

Sacrificio e Ascensión. Quince anos de cómics de David Rubín

Mañá día 3 deste mes de santos inaugúrase na Sede Afundación da Coruña a exposición Sacrificio e Ascensión. Quince anos de cómics de David Rubín. Unha mostra antolóxica que percorrerá as distintas etapas do creador ourensán, dende os seus primeiros traballos até o máis recente. A entrada é de balde.

A traxectoria de David Rubín é realmente impresionante, combinando os traballos de autoría propia coas colaboracións con importantes guionistas leva anos nun continuo ascender, tanto na calidade dos seus traballos coma do éxito de pública e crítica. Actualmente é un dos autores máis importantes no panorama internacional da Banda Deseñada.

Nesta exposición poderemos gozar de máis de 230 pezas que debullarán as súas obras dende O salón de te do oso malaio até a inédita Fuego, o seu último proxecto aínda en desenvolvemento que verá a luz proximamente.

A mostra ten, ademais, un lado solidario, xa que logo, enmárcase na iniciativa Cultura por alimentos que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais polo que se pide a colaboración dos visitantes.

Nas actividades previstas está a visita guiada inaugural ás 19.00  aprox. para a que é preciso anotarse neste formulario e unha sesión de asinaturas de bandas deseñadas o día 4 de 17.00 a 19.00 aprox.

Exposición na Coruña: A miña revista favorita

Dentro do programa Coruña Gráfica, dende o 14 de outubro pode visitarse na Casa Museo Picasso (rúa Payo Gómez 14, 15004 A Coruña) unha exposición na que trinta dos máis importantes autores e autoras da banda deseñada española homenaxean ás revistas de cómic históricas, desde o TBO á Tótem.

O proxecto nace por iniciativa da revista La Residencia de Historietistas (Nuevo Nueve) que lles propuxo aos seus colaboradores facer unha homenaxe ilustrada ás revistas de BD. A exposición mostra os traballos resultantes deste reto e acompáñaos de exemplares físicos desas revistas cun breve texto que contextualiza e permite botar luz sobre a historia do medio en España.

Entrada de balde. Horario: Ata o próximo 14 de decembro, de martes a sábado entre 11:00 e 13:30 e de 18:00 a 20:00 e os domingos e festivos de 12:00 a 14:00.