Que Manel Cráneo é un dos santiños que máis devocionamos nas metrópoles xa o sabedes todas pero e que sen Demo editorial a BD galega estaría moi coxa.
A editora coruñesa é un motor da creación e un importante apoio para a nova BD galega. Este ano lanzou a nova colección BDG13, unha serie de antoloxías monográficas de sinaturas galegas estreada co título Licor café no pasado mes de agosto, un título xa imprescindíbel que reune a 13 autores da Nova banda deseñada galega.
Agora, seguindo con esta liña de apoio á creación do país, Demo Editorial leva ao GRAF de Madrid, onde estará presente cun stand, máis de medio centenar de fanzines e títulos autoeditados en galego e castelán que deste xeito terán presenza no festival madrileño. A editorial galega destinará o 50% do seu espazo á venta a apoiar a autores e autoras de banda deseñada emerxentes do panorama galego baixo o nome de “NOROESTE BD. Cómic desde Galicia” e non cobrará custos de aluguer nin persoal comercial e o importe íntegro das ventas irá aos seus autores, o selo editorial coruñes pretende así afianzar a súa línea de apoio e promoción ás novas xeracións da BD galega. Seguir lendo