Arquivo da categoría: Cinema

Presentado o primeiro cartaz do novo filme de Astérix e Obélix

Ven de ser presentado o cartaz do novo filme dos galos máis irreductíbeis da BD, levará por título: Astérix e Obélix: o Imperio Medio. É unha historia orixinal quee non está baseada en ningún dos álbumes de Albert Uderzo e René Goscinny. O Filme está dirixido por Guillaume Canet quen tamén interpreta o papel de Astérix, o seu orondo compañeiro será interpretado por Gilles Lellouche que substitúe no papel a Gérard Depardieu. Ademais tamén partiicipan, entre. outros: Vincent Cassel, Marion Cotillard, Matthieu Chedid e Zlatan Ibrahimović.

Seguir lendo
Advertisement

Cyril Pedrosa prepara un filme de animación

O autor de Portugal, Tres sombras e o Los corazones solitarios, dirixirá un filme que se titulará A longa noite.

Pedrosa leva varios anos madurando este proxecto que dirixirá e escribirá e indicou que o proxecto será unha historia moi persoal e política. Sen embargo, non está previsto comezar a produción até 2024.

Este non é un campo novo para o autor francés de ascendencia lusa, a animación tivo un papel central nos comezos da súa carreira, xa que logo, foi animador para Disney onde traballou nas películas  O corcobado de Notre-Dame e Hércules.

Trailer de Unicorn Wars, o novo filme de animación de Alberto Vázquez

En Unicorn Wars, o cineasta Alberto Vázquez narra, cun marcado ton antibelicista, a historia da guerra entre os osos e os unicornios a través desta fita, Vázquez, reflexiona sobre a orixe do mal.

O director Taika Waititi dirixirá a adaptación do Incal

Foi o propio Taika Waititi quen confirmou no seu twitter que dirixirá a adaptación cinematográfica da obra de Jodorowsky e Moebius. Ademais de dirixir tamén traballará no guión. O realizador neoxelandés ten un Oscar ao mellor guión por Jojo Rabbit (2020) é o director da pelicula de Marvel Studios, Thor: Ragnarok.

A editorial francesa Humanoids, ven publicar un video sobre o tema.

El Incal é unha obra de ciencia ficción cun peculiar heroe, un detective chamado John Difool que descubre un artefacto esotérico, o Incal, e remata convertido no centro dunha trama perigosa, tendo que loitar pola súa supervivencia, e a de todo o universo.

Psiconautas, los niños olvidados

Psiconautas_metropoles-delirantesO vindeiro 24 de febreiro estrearase nos cines a película “Psiconautas, los niños olvidados“. O filme, que está nomeado aos premios Goya 2017 na categoría de Mellor Película de animación, foi dirixido por Alberto Vázquez e Pedro Rivero e está baseado na novela gráfica orixinal do mesmo título do propio Alberto Vázquez, a fita é unha coprodución entre a produtora galega Zircozine e Basque Films.

“Psiconautas, los niños olvidados”, continua o camiño iniciado coa curtametraxe “Birdboy”, que baseado igualmente nun libro de Alberto Vázquez do mesmo título, obtivo en 2012 o Goya á Mellor curtametraxe de animación.

Sinopse:

Despois dunha terríbel catástrofe ecolóxica na illa que habitan, Birdboy e Dinki perderon aos seus pais. Houbo un tempo no que afrontaron xuntos a súa dor, pero Birdboy vive agora illado no bosque, consumíndose, e alleo a que Dinki decidiu emprender unha arriscada viaxe na busca dun lugar mellor. Birdboy terá que loitar contra os seus demos interiores si quere unirse a Dinki a tempo de axudala na súa aventura e salvarse a si mesmo.

Os mil mundos da ciencia ficción

Partimos a pé cara un planeta máis alá / porque estamos máis que namorados da vida e do que somos, escribiu o gran Ray Bradbury nun dos seus poemas sobre a obsesión do ser humano polo descoñecido. Esa fascinación sobre o que supera as nosas fronteiras (xa sexan planetarias ou temporais), as posibilidades da tecnoloxía e a infinita variedade de consecuencias para a sociedade forman parte das raizames da ciencia ficción, un xénero sen límites tamén na banda deseñada.

Se no ámbito literario Verne ou H.G. Wells sentaron as súas bases no XIX, as publicacións pulpsciencefiction01 de comezos do XX supuxeron un antes e un despois para a ilustración e os cómics desta temática. Revistas coma Amazing Stories —con portadas que sempre paga a pena revisitar pola súa modernidade— ou Planet Comics, amosaron os perigos de viaxes interplanetarias e futuros distópicos. Nesta última publicación tamén destaca a presenza de pioneiras coma Fran Hooper, debuxando a Mysta of the Moon, unha protagonista feminina con amplos coñecementos científicos e cun papel activo que non se limitaba a agardar polo heroe.

Viaxes espaciais entre xornais

A relación coa prensa (a través de tiras diarias ou páxinas dominicais) foi vital nos primeiros anos do cómic de ciencia ficción, con Flash Gordon coma o exemplo máis representativo do impacto que podían ter as viñetas xa nos anos trinta. Entre as historias que desbordan unha complexa imaxinería de planetas e culturas diversas sobresae o traballo de Alex Raymond. Aínda así foi a etapa de Dan Barry cando se afondou no contexto científico do cómic (axudado por escritores e guionistas que dominaban o xénero, fornecendo as tramas de maior credibilidade).

Esta estreita relación cos xornais está presente noutras obras como Garth —na que se introducen as viaxes no tempo e as implicacións morais de alterar o pasado— ou Jeff Hawke – onde destacou o elemento dramático e a psicoloxía das personaxes sobre a acción, que predominaba noutras publicacións contemporáneas—. Seguir lendo

Estrease a película: Anacleto, Agente secreto

O cinema é un negocio de ciclos, o éxito dos estudios Marvel coas adaptacións alimenta a febre de levar cómics ó cinema, e na España tamén se está a vivir esta tendencia, despois de Mortadelo e Filemón, Zipi e Zape ou Capitán Trueno (sic), mañá Venres será a estrea da película de imaxe real que adapta o coñecido personaxe “Anacleto agente sercreto” de Vázquez. A fita parodia as películas e novelas de espías e os protagonistas son Imanol Arias e Quim Gutiérrez. Na película hai máis acción que nos cómics, mais mantense o ton humorístico dos tebeos. Anacleto é un veterano axente que comparte aventuras con seu fillo Adolfo. O vilán é un criminal chamado Vázquez, interpretado por Carlos Areces.

Xa hai rumores de que o director quere levar ó cinema deseguido o Superlópez de Jan.

Novo libro e novo filme de Sfar

O_gato_do_rabino6-Metrópoles DelirantesNo mes de Agosto, concretamente o 28, en Francia, Joann Sfar publica unha nova entrega das andanzas de “El gato del rabino” que levara por titulo “Tu n’auras pas d’autre dieu que moi” e será o sexto tomo desta banda deseñada que xa é un imprescindible nas bedetecas.

Ademais e despois de “O gato do rabino” e “Gainsbourg” chega as salas de cinema francesas o terceiro filme dirixido por Joann Sfar que leva por titulo “A dama no coche con gafas e un fusil”. O filme está baseado na novela de Sèbastian Japrisot que foi adaptada por Gilles Marchand e Patrick Godeau. A cinta está protagonizada por Sebastian Biolay, Elio Germano, Stacy Martin e Freya Mavor. A_dama_e_o_coche-Metrópoles DelirantesTratase dun Thriller que xira ó redor dunha misteriosa muller rubia, miope, sentimental, mentirosa e obstinada. A mais inquedante das heroinas. Unha muller que nunca viu o mar que fuxe da policia e que non deixa de repetirse que non esta tola…

O desenrolo e o final desta historia poderan gozala nas salas de cinema en Francia a partires do cinco de agosto. No Estado Español ainda haberá que agardar non se sabe canto (ainda que o mais seguro e que quede polo camiño).

Sen dubida este agosto será o mes “Sfar”

Kemushi no Boro, o vindeiro traballo de Miyazaki

studio_ghibli_logo-Metrópoles DelirantesDespois do anuncio da súa enésima retirada o mestre e grande cineasta xaponés, Hayao Miyazaki, está a traballar unha curtametraxe que será a primeira da súa longa carreira feita íntegramente con ordenadores, estará protagonizada por unha eiruga e a produción durará tres anos, segundo ven de anunciar recentemente o seu fillo Goro Miyazaki.Miyazaki-Metrópoles Delirantes

O guión desta curta estará baseado no dunha longametraxe que nunca se filmou, titulado ‘Kemushi no Boro’ (‘Boro, a eiruga’) e foi escrito antes que ‘A princesa Mononoke’ (1997).

O protagonista é, en verbas do propio Miyazaki, “un ser tan pequeno que se podería esmagar cun dedo”. O filme faise para ser proxectado en exclusiva no Museo Ghibli de Tokio, durara uns 10 minutos, segundo fixo público Toshio Suzuki,  presidente e productor xefe do Studio Ghibli.

“Os combates cotiás” adaptada ó cinema

Os combates cotiás-Metrópoles DelirantesO director Tuel Laurent, nominado os Premios Cesar pola súa pelicula, “Jean-Philippe”, levou a gran pantalla a adaptacion da BD de Manu Larcenet “Os combates cotiás”. A pelicula de baixo presuposto conta cos actores Nicolas Duvachelle (nominado ó Cesar no 2012 coma mellor actor de reparto polo seu traballo en Polisse) e Maud Wyler.

Despois das moitas negativas por parte de Larcenet a moitos productores de cine para facerse cos dereitos do comic, o autor deu luz verde a esta adaptación logo dunha xuntanza mantida co director da fita.

A pelicula conta a loita de Marco (Nicolas Duvauchelle) un xoven entrado nos trinta, fotógrafo e sometido a psicoanalise en Paris a 600 km da sua casa. Unha pelicula que xira, arredor do compromiso co amor, a devoción ó traballo, o rexeito do pasado e o combate cos seus vellos demos.

Ainda que a pelicula sera lanzada oficialmente en Francia o 15 de xullo deste ano, sera presentada nunha preestrea o día 12 na localidade de Saint-Renan en Finistère.

Ainda non hai datas sobre a sua chegada os cinemas de España. “Os combates cotiás” é unha obra publicada por Norma editorial en España.