Jano, o tiraboleiro maoir da revista O Botafumeiro vai impartir un curso de ilustración no MAC da Coruña. Neste curso vanse explorar as relacións entre esta disciplina artística e o relato escrito para realizar proxectos propios.
Partindo dun conto, canción ou artigo de opinión os participantes apenderán a preparar unha ilustración que acompañe e complemente ao texto dun xeito clara e atractivo, tamén como adaptar a imaxe ao formato e tamaño apropiados, as posibilidades narrativas e as técnicas e recursos que mellor se adapten as necesidades expresivas.
Contidos.
1. Antecedentes históricos e referentes contemporáneos da ilustración moderna.
2. Tipos e usos da ilustración editorial: cartelería, packaging e estampación.
3. Creación de conceptos e traducción á linguaxe gráfica.
4. Procesos metodolóxicos para a construcción de imáxes desde o bosquexo ata o arte final.
5. A cor e os seus efectos narrativos na percepción psicológica.
6. Introducción ás ferramentas e técnicas da infografía dixital (Photoshop, Illustrator e Manga Studio).