Arquivo da categoría: Novela Gráfica

Escolma de bandas deseñadas sobre a Guerra Civil (II)

Dr. Uriel de Sento Llobell (Astiberri, 2017)

O doctor Pablo Uriel, tiña veintidous anos no verán de 1936 e estaba recén licenciado en Medicina, comezaba a súa carreira profesional no primeiro destino como médico cando foi reclutado á forza. A súa vida, como a de todos no estado ia converterse nun pesadelo.

Publicado orixinalmente en tres tomos –Un médico novato, Atrapado en Belchite e Vencedor y Vencido–, Doctor Uriel recopila la historia completa nun integral. O primeiro tomo gañou o Premio Internacional Fnac-Sins Entido de Novela Gráfica no 2013. A obra está baseada no libro de memorias que escribiu o propio protagonista narrando as súas terríbeis vivencias na guerra. Uriel era o pai de Elena a esposa (e colorista) de Sento Llobell.

Seguir lendo
Advertisement

Escolma de bandas deseñadas sobre a Guerra Civil (I)

O día 18 de xullo foi o día no que na península se coñeceu a sublevación de parte do exercito contra o goberno lexítimo da Segunda República Española, aínda que na realidade o alzamento co que comezou o golpe de estado, e a consecuente guerra civil que arrasaría o estado español durante tres anos, produciuse o día 17 ás 17 horas en Melilla.

Está na responsabilidade de todos e todas non permitir o esquecemento deste ignominioso episodio para que non se repita, máis aínda nun momento no que é evidente o auxe da extrema dereita e os fascismos a nivel global e, particularmente no estado español.

Na banda deseñada temos un bo numero de obras que tratan o tema, dende múltiples ángulos e con unha variedade de enfoques que fai deste medio unha boa vía para coñecer, ou aumentar o noso coñecemento, sobre o tema namentres pasamos un bo intre coa lectura.

A guerra civil deixou unha pegada fonda nas xeracións que a viviron pola súa crueldade e violencia contra a poboación civil mais tamén marcou de xeito crucial a posterior historia de España, cunha ditadura tan longa como arrepiante e retrógrada da que aínda hoxe sofremos as consecuencias na nosa sociedade.

Neste artigo recomendamos algunhas das obras máis senlleiras e interesantes sobre o tema.

Seguir lendo

Maus vetado nunha escola de Tennessee

A Xunta Escolar del condado de McMinn en Tennessee decidiu retirar do plan de estudios dun centro escolar a novela gráfica de Art Spiegelman. A decisión, tomada por unanimidade, escúdase en que a obra contén “oito palabrotas” e unha imaxe dunha muller núa.

Spiegelman gañóu con Maus un premio Pulitzer especial en 1992. A obra conta en forma de novela gráfica as experiencias do pai do autor, Vladek, preso en Auschwitz e como este feito remata por afectarlle toda a súa vida. Maus usa personaxes antropomorfos. Os ratos son os xudeos e os gatos son os nazis. Maus está traducido ao galego e editado por Rinoceronte Editora.

René.e aux bois dormants elixido Grand Prix ACBD 2022

A Asociación de Críticos e xornalistas de Banda deseñada de Francia (ACBD) ven de premiar á obra René.e aux bois dormants de Elene Usdin, co Gran Premio 2022.

A obra conta como René busca o seu coello de peluche, que desapareceu misteriosamente. A busca levará ao pequeño a un mundo estraño e fermoso, onde comeza a cuestionarse cousas como a súa orixe ou o seu encaixe no mundo xa que non está cómodo en ningures.

Elene Usdin, a autora, é ilustradora e fotógrafa e esta obra é a primeira que publica e con ela fai unha reflexión de forma onírica e comprometida sobre o destino dos nenos e nenas aboríxenes arrebatados ás suás familias no Canadá na década dos 60.

O premio entregarase á autora o xoves 27 de xaneiro de 2022, no primeiro día do Festival Internacional da Babda Dseseñada de Anguleme

Os outros catro finalistas foron:

  • Écoute, jolie Márcia, de Marcello Quintanilha.
  • Le Grand Vide, de Léa Murawiec.
  • Les Grands Cerfs, de Gaëtan Nocq, según Claudie Hunzinger.
  • Jours de sable, de Aimée de Jongh.

Los grandes espacios | Catherine Meurisse

Onde todo é liberdade

Catherine Meurisse é unha das superviventes do atentado da revista Charlie Hebdo do ano 2015. Apenas dous anos despois editaba unha excelente BD titulada La levedad na que relataba como lle afectou mentalmente e como xestionou o estres postraumático que a deixou moi afectada e, sobre todo, como loitou por recuperarse du trauma tan importante.

Se naquela BD falaba de traumas e dos problemas mentais nesta fala de esperanza e felicidade. Meurisse regresa á súa infancia para nos contar como os seus pais decidiron mercar unha vella granxa para restaurar no rural para que ela e a súa irmá medraran lonxe da cidade, rodeadas de natureza e nunha vila de apenas dous centos de habitantes. 

Seguir lendo

Nenúfares negros | Cassegrain, Duval e Bussi

Consinto que soñar se declare delito

Tres mulleres de tres xeracións cun segredo compartido nunha pequena vila do norte de Francia. Aparece un cadáver e o policía encargado de investigar terá que ir debullando os pequenos segredos até dar co asasino. Ese é o punto de partida desta obra que é a adaptación a banda deseñada dunha novela de Michel Bussi que foi un super vendas fai uns anos no país da enciclopedia. A historia está ambientada en Giverny, a pequenalocalidade onde se instalou Claude Monet e onde realizou gran parte da súa obra e isto non é banal, o espíritu da pintura do xenial Monet impregna toda esta magnífica BD.

Seguir lendo

Aldara. A lenda do cervo branco | Inés Vázquez

“A lenda é realidade”

Di a prologuista desta obra, a actriz e comunicadora Neves Rodríguez, que “Inés Vázquez xa non é promesa é realidade” e acerta ca aseveración. A nosa BD ten unha boa nómina no campo autoral e semella que paseniño vai equilibrando a balanza de xénero, o que sen dúbida é unha moi boa nova nun sector, como a sociedade en xeral, tan necesitado de miradas novas e de ópticas menos heteropatriarcais. 

Inés conta unha lenda popular, ambientada no noso rural e nun pasado que aínda que a moitos dos e das lectoras máis novos pode semellarlles moi lonxe, non é tal. Hai algo na narración e mesmo no debuxo que como ben di a Neves, lembra o realismo máxico e a tamén a boa parte do noso cinema, comezando pola fundacional Sempre Xonxa de Chano Piñeiro.

A protagonista desta BD dirixida a público xuvenil é unha rapaza afouta que é quen de decidir o seu destino e pilota a súa vida sen agardar príncipes. Unha obra que pode fachendear dun guión que ten un bo ritmo e un debuxo fermoso, moi fermoso. A estrutura da páxina ten un formato tradicional, aínda que Inés xa nos deixa pequenas mostras dunha intencionalidade máis arriscada. Ben está así. O que xa está probado sábese que funciona e xa haberá tempo de buscar e explorar camiños alternativos.

Seguir lendo

El hermano de Göering | Le Gouëfflec e Lejeune

Ogros ou Cabaleiros?

Ás veces pensamos que todas as historias que poden ser contadas sobre o pasado, están xa contadas. É algo moi usual no estado español, onde non é raro escoitar que da Guerra Civil xa sabemos todo. E resulta que non, que aínda queda moito por debullar dun pasado que é tan importante para non repetir erros pasados e recoñecer aos xustos. Este é o caso que nos ocupa.

O libro conta a historia do irmán menor do coñecido aviador e Mariscal nazi que en maio de 1945 entregouse voluntariamente aos aliados e foi inmediatamente é enviado a prisión. Nos múltiples interrogatorios a que foi sometido mantivo a súa inocencia e que mesmo tivo un comportamento heroico salvando a moita xente do xenocidio usando o seu apelido e as súas influencias. Le Gouëfflec e Lejeune relatan todo o proceso, que se converte nunha intriga xudicial, mais non son quen de dar cos mecanismos para construír con estas pezas unha obra memorábel. Seguir lendo

Regreso al edén | Paco Roca

…ese falso pasado sería unha realidade.

Paco Roca é, probablemente o autor español que máis banda deseñada vende, 25 000 exemplares da primeira edición desta obra liquidados en dúas semanas non son cousa cativa neste contexto económico e nun sector con menos ventas e amor propio que aspiracións.

Roca, coma Miguelanxo Prado por exemplo, é deses autores que fai que a banda deseñada escache os seus límites, é quen de venderlle cómic a xente que non é lectora deste medio e que merca os libros do valenciano ao peso. O fenómeno Roca é dos que fan que un telexornal fale de banda deseñada e aínda que acerten pouco coa meirande parte do que din, polo menos introduce o medio en circuítos de tendencias maioritarias. Seguir lendo

Corredores aéreos | Davodeau, Hermenier e Joub

Vai todo ben?

Voume sincerar. Davodeau, autor das marabillosas Los ignorantes e Rural (La Cúpula), é sen dúbida un dos meus santiños máis devocionados na banda deseñada, tamén un dos mellores autores que deu esta nosa Europa. E os aniversarios a partires dos 40 anos, unha carallada sen graza. Dito queda.

Corredores aéreos é unha obra un tanto peculiar, xa que logo, conta unha historia que non é exactamente autobiográfica e, sen embargo, non deixa de selo. O personaxe de Yvan é un sosias de Hermenier que no ano que cumpre os cincuenta perde aos seus pais e tamén o traballo. Un dos seus amigos da xuventude préstalle unha casa na montaña durante uns meses para que poida reflexionar e ver que decisións tomar nese momento de soidade e desacougo vital. Todo agravado pola ausencia da parella, lonxe por traballo, e dos fillos, xa adultos. Unha obra que se encadra no que poderiamos denominar como vida cotiá ou slice of life se queremos ser anglopedantes. Seguir lendo