Arquivo da categoría: Presentacións

Presentación de A historia do cómic en Galicia, de Octavio Beares.

Esta sexta, 17 de decembro, celebrarase, ás 20 h, na libraría Cartabón de Vigo, a presentación do libro A historia do cómic en Galicia, de Octavio Beares. O acto estará conducido pola comunicadora e actriz Neves Rodríguez que acompañará ao autor.

O libro fai un percorrido histórico pola nosa banda deseñada e pon en orde cronolóxica os fitos que marcaron a historia da novena arte na nosa terra. Dende os primeiros intentos de atopar unha narrativa secuencial e de combinar texto e debuxo nos xornais do século XIX até o estoupido dos anos noventa do pasado século e o presente. Beares non perde de vista a importancia da xeración Nós, e do propio Castelao, nin a revolución setenteira que chega con Reimundo Patiño e Xaquín Marín e que abriu un camiño que continuaron distintos colectivos como o Frente Comixario, BD Banda ou Polaquia.

Seguir lendo
Advertisement

Viñetas desde o Atlántico 2018

Vinetas-2018-Metropoles-delirantesPresentouse na Coruña a edición 2018 do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico que levantará o pano o luns 6 de agosto e fará da cidade unha gran banda deseñada até o domingo 12 de agosto.

O festival aborda a terceira década cun grupo de creadores que transitaron polas primeiras edicións de Viñetas como autores noveis e que hoxe son creadores consagrados e de importante traxectoria. Segundo Miguelanxo Prado, director do festival dende a súa creación: “É o caso de Emma Ríos ou David Rubín, nomeados en reiteradas ocasións aos premios Eisner, e tamén de Homs ou Munuera, hoxe indiscutiblemente consagrados, a todos eles, que teñen hoxe un lugar específico no mercado internacional, vímoslles medrar desde aquelas primeiras historias ata as máis recentes, cuxos orixinais se expoñerán nesta vixésimo primeira edición do Festival”. Hai que destacar nesta edición a importante presenza de autores galegos, Emma Ríos, David Rubín, Tirso Cons, Bea Lema e Xosé Tomás.

O autor do cartaz  é un dos creadores presentes nesta vixésimo primeira edición do festival, José Luis Munuera. Seguir lendo

Presentación en Vigo a Banda deseñada A caixa negra de Manuel Tudela

Este vindeiro xoves 5 de abril, ás 20:30, no Café De Catro a Catro de Vigo (rúa Girona 16). será presentada A caixa negra de Manuel Tudela, baseada na obra de Fernando Epelde Caixa negra. Esta BD  foi premiada no VI Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro, organizado por erregueté.

O xurado integrado por Pepe Carreiro, ilustrador e deseñador de BD, Anxo Fariña, escritor e ilustrador e Vanesa Sotelo, dramaturga e directora da erregueté, destacou a “adecuación da imaxe á intensidade dramática da obra de Fernando Epelde e a condensación narrativa conseguida na proposta”. A obra publicada contou cunha axuda da Deputación de Pontevedra.

As obras gañadoras deste certame forman a colección Banda Deseñada sobre Teatro que está formada por:

  • Doentes de Roberto Vidal Bolaño – Brais Rodríguez.
  • Hamster de Santiago Cortegoso – Diego Campos.
  • Belicosario de Manuel Lourenzo – Juan Molina.
  • 2132 de Roberto Vidal Bolaño – Diego Blanco.
  • Imundação de Marta Freitas – Diego Blanco.

Guía Ninja do Ilustrador, da AGPI

Guia ninja-Metropoles Delirantes2

Cráneo, Covelo e Guitían presentando a guia.

No pasado Viñetas/Autobán a AGPI presentou a edición impresa da Guía Ninja do Ilustrador, que foi publicando ao longo do ano na súa web. Esta é unha pequena guía de defensa para ilustradores freelance, recóllense os principais perigos e problemáticas que rodean hoxe a profesión e da chaves para facerlles fronte. A Guía Ninja tamén vai dirixida a estudantes de arte, creativos free- lance, clientes, amigos da ilustración e, sobre todo, ás persoas que comezan ou queren comezar na profesión.

A guía, dispoñible en PDF para a súa descarga de balde, estrutúrase coma un decálogo e recolle dez artigos e dez viñetas sobre dereitos de autor, negociación de contratos, como actuar fronte a plaxios, faltas de pago, etc. Na guía colaboraron ilustradores como Manel Cráneo, Santy Guitiérrez, Guitián, Nuria Díaz, Leandro, Bernal Prieto e José Domingo, entre outros.

Dado que a maioría dos ilustradores e ilustradoras son profesionais autónomos amais de crear, teñen que manexar plans de empresa, negociar proxectos, facer presupostos, contratos e facturas polo que é imprescindíbel coñecer a fondo os seus dereitos e deberes para protexer e  explotar a súa creación artística.

Guia Ninja do ilustrador.

“Os Vampiros” de Filipe Melo e Juan Cavia en Maio nas librarías

Vampiros_capa-Metrópoles DelirantesNo Metrópoles Delirantes 44 entrevistamos a Filipe Melo e Juan Cavia, autores que temos no nosso particular altar de santinhos, o caso é que falaram desta obra que estavam a rematar e mesmo adiantaram o argumento.

Agora por fim sabemos a data de apresentação de “Os Vampiros” que está marcada para 28 de maio, na Festival de BD de Beja, e, no dia seguinte, na Feira do Livro de Lisboa.

Com cerca de 250 páginas é editada, pela Tinta-da-China, e conta a história dum grupo de nove soldados portugueses destacados na Guiné-Bissau e que atravessa a fronteira para o Senegal, “para uma operação aparentemente simples”, que acabará por se transformar num pesadelo.

O argumentista Filipe Melo e o desenhador argentino Juan Cavia volvem a trabalhar juntos depois da exitosa trilogia de BD “As aventuras de dog Mendonça e Pizzaboy”. Os Vampiros” – cujo título remete para a canção homónima de José Afonso – e segundo afirmam os próprios autores “É uma reflexão sobre o subconsciente, sobre a guerra e sobre o medo”.

“Os Vampiros” é o fim de quatro anos de trabalho de pesquisa, e baseia-se “em mais de cinquenta horas de depoimentos e testemunhos de ex-combatentes” da guerra colonial passada em 1972, na Guiné-Bissau.