Arquivo da categoría: Fanzines

Córnea. The Drop. Tralla brava. Altar mutante | VVAA

  • Título: Córnea. The Drop. Tralla brava. Altar mutante.
  • Autor: Varios autores.
  • Editorial: Autoedición.
  • Lugar: A Coruña e Ourense.
  • Ano de edición: 2022.
  • Prezo: Varios.

Fanzinismo ou barbarie

Desta volta, nesta sección de banda deseñada, non vou falar dunha obra publicada por unha editora senón de varias obras que se autoeditan, é dicir, son os seus autores e autoras os que para alén de crear e debuxar as historias encárganse tamén da impresión e distribución. A autoedición ten o seu propio circuíto de festivais e eventos, en teoría mais undeground, mais nos últimos tempos xa non tanto. A autoedición ten detrás un considerábel esforzo de creación e mantemento e, normalmente, o seu fin non é lucrativo senón poder financiar a seguinte edición de fanzines. Convídolles a visitar algún destes fanzines, e se gostan, a buscalos na rede e apoialos.

Seguir lendo
Advertisement

Programación do Autobán 2022

Logo do obrigado parón destes anos pasados pola Covid, o festival recupera a normalidade cunha edición presencial que decorrerá na fin de semana do 12 e 13 e servirá para retomar o pulso ao movemento fanzineiro e de autoedición galego mais tamén ao extranxeiro. O programa recolle presentacións, obradoiros o mercado de fanzines e o xa habitual e exitoso combate de debuxantes.

Como eixe do encontro, o mercado e fanzines reunirá o máis destacado da recente produción autoeditada do país, fundamentalmente no campo da ilustración e da banda deseñada

Seguir lendo

Altar Mutante 11

O fanzine de horror putrefacto máis famoso do país volve como cada verán, Altar Mutante 11 está xa nas rúas e con capa de Lidia Cao. Ademais do traballo de Lidia tamén atoparemos nas súas paxinas boa bd a cargo dos sospeitosos e sospeitosas habituais mais tamén con algún nome novo: Kike Benlloch, Diego Blanco, Alfonso Bueno, Greta Debelius, Elchinodelpelocrespo, Ennegrecido, Álvaro López, Edu Molina, Jorge Peral, Nerocrane, Rubén Rial, Jose Luis Rodríguez, Luis Sendón, Sekone, Dani Xove e Yupiyeyo.

Durante o Viñetas pódese mercar nas casetas de Demo Editorial e da AGPI Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.

Volve o Autobán

Logo do parón obrigado do pasado ano, por mor da pandemia de COVID19, o Autobán, evento de autoedición coruñés, volverá a celebrarse este ano. Así o anunciaron nas súas redes sociais nas que adiantaron que será os días 12 e 13 de agosto e que volven con todas as actividades. En breve abrirán a convocatoria e anunciarán o programa e a localización do festival

FunFunFun 2019

64454727_2468962513125754_5464686580910260224_o

Cartaz: Roberta Vázquez

O vindeiro sábado 22 celébrase na Escola Unitaria (Calzada de San Pedro, S/N) a IV Edición do Fun Fun Fun. Este evento reúne a creadores e artistas de diversas disciplinas ao redor da autoedición. Este ano terán protagonismo, amais da autoedición gráfica e do fanzinismo, outros eidos da creación coma o audiovisual.

As actividades comezarán ás 12 horas coa apertura do mercadiño, que estará aberto durante todo o día, e onde distintos autores, autoras e colectivos poderán expor e vender as súas  obras. Ao redor das 14 horas comezará a picada en Sesión Vermú do DJ Um Sincero. Ás 16:15 horas comezará a proxección das curtas de Lucía Estévez, Diego López e Xan Arellano, con coloquio posterior sobre o audiovisual cos tres participantes.

Ás 18 horas soará La Fiesta Madre, como prólogo á charla sobre crear na precariedade e asociacionismo con representantes dos colectivos 7H Cooperativa, Fritanga Records Metamovida que terá lugar ás 19 horas.

Para pechar as actividades celebraraseo tradicional Combate de Debuxantes no que oito loitadores e loitadoras da creatividade competirán entre si amosandoo seu talento e a súa axilidade mental.

Tódalas actividades son de balde.

Catro fanzines en galego e un murciano

(∞ -1). Xulia Pisón.

XuliaPisonNeste fanzine recompílanse catro historias (incluída a Gañadora do Premio Xuventude Crea da Xunta de Galiza no 2015) nas que Xulia amosa o seu potencial creador. Cun estilo que cabalga entre o clasicismo europeo e o manga, Xulia é en opinión deste que asina, un dos máis firmes valores da Nova Banda Deseñada Galega.

Aquí falamos con ela deste fanzine.

Dorotea. Cristian F. Caruncho.

Dorotea-Cristian1Cristian é outra das realidades da Nova BDG aínda que é moi novo leva xa anos debuxando e autopublicando as súas historias. Un autor certamente interesante cun universo propio con fondas raíces na súa terra, Ortegal. A obra de Cristian bebe da realidade do rural galego en temáticas e personaxes cunha clara mensaxe a prol da vida no rural e do respecto á terra. Este Dorotea segue esas premisas para, nunha breve pero emotiva historia, achegarnos a realidade do rural do noso País cada vez máis esquecido e abandonado a súa sorte. Seguir lendo

Publicados Altar Mutante 7 e Amair

Altar mutante 7-metropoles-delirantesO fanzine de “horror putrefacto e ciencia ficción grasenta” publica o sétimo número e lanza a serie Amair.

Altar Mutante Comix é unha publicación que desde 2014 reúne historietas de fantasía e terror realizadas por un amplo elenco de creadores e creadoras internacionais. Esta publicación promovida desde A Coruña polo historietistas, ilustradores e deseñadores gráficos Álvaro López e Luis Sendón xa está asentada como unha das cabeceiras de referencia do xénero, optando o ano pasado ao premio ao mellor fanzine no Salón do Cómic de Barcelona.

Para este sétimo número Jagoba Lekuona deseñou  unha impactante portada que é o pano que abre unha serie de historias a cargo do plantel autoral estable de Altar Mutante, Kike Benlloch, Diego Blanco, Manel Cráneo, Debelius, Roberto Díez, Super C, Don Rogelio J., Álvaro López e Luis Sendón. A esta excelente nómina de autores súmanse nesta entrega novos valores de enorme proxección: Gaudino, Kike J. Diaz, Gairah Love, Dani Xove e o propio Jagoba.

A outra novidade do selo é Amair, unha colección de catro números na que Kike Benlloch como guionista e Luis Sendón no debuxo. En Amair, presentan un universo orixinal de fantasía, encadrado nunha vertente escura do xénero de espada e bruxería (Sword & Sorcery). Esta é a primeira banda deseñada en galego desta editorial coruñesa e acompañando este lanzamento podemos desfrutar dunha exposición de debuxos e deseños de producción que se poderá ver do 8 ao 31 de agosto no Bar 13 (rúa Orzán 13, A Coruña).

Convocatoria do Autobán 2018

Autoban 2015-Metrópoles DelirantesOs días 10 e 11 de agosto celebrarase a edición deste ano do Autobán, o festival coruñés de banda deseñada autoeditada. O Festival pretende recoller as propostas creativas de fora do circuíto comercial, dándolles difusión e un espazo propio onde amosar, promocionar e vender este tipo de proxectos.

No Autobán teñen cabida ás propostas de BD autoeditada, pero tamén a pequenas iniciativas editoriais de corte independente e as propostas de autoedición relacionadas coa creación gráfica. Seguir lendo

Gropu, Gropu

Despois de tres anos de inactividade volven as Xornadas de Autoedición do Liceo Mutante, desta volta baixo o nome de GROPU GROPU.

A estrutura do evento é ben sinxela: mercado de fanzines, tebeos, láminas, camisolas…; un par de concertos xeitosos; rifa final con toques de humor e pode que algunha actividade sorpresa. Seguir lendo