Arquivo da categoría: ACDCómic

Esenciais 2022 da ACDCómic (1º semestre)

A Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic (ACDCómic) ven de publicar a primeira lista dos ‘Esenciales 2022’ conformada por unha selección das obras máis destacadas, a xuízo dos e das integrantes da asociación, das editadas no estado español no primeiro semestre de 2022. A lista está formada por trinta e cinco obras entre as que destaca, especialmente, a reedición do clásico de Xaquín Marín e Reimundo Patiño, 2 Viaxes, unha obra fundamental para a nosa cultura coa que nacía a banda deseñada contemporánea galega.

Seguir lendo
Advertisement

Esenciais 2021 da ACDCómic (2º semestre)

A Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic (ACDCómic) presenta a segunda lista dos ‘Esenciales 2021’, unha selección das obras máis destacadas das editadas no estado español. A lista está conformada por trinta e cinco obras elixidas entre todos as bandas deseñadas publicados en España entre xullo e nadal do 2021.

Seguir lendo

Esenciais 2018 da ACDCómic (1º semestre)

A Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic de España (ACDCómic) presenta a primeira quenda dos ‘Esenciales 2018’, unha selección das obras máis destacadas das editadas no estado español. Como novidade a selección é ampliada até 30 novidades e cinco reedicións publicadas no primeiro semestre do ano.

Esenciales2018-1-metropoles-delirantes

Seguir lendo

A Arte no Cómic – Exposición

A arte no comic- metropoles-delirantesAté o 15 de abril pódese visitar na Sede Afundación de Santiago de Compostela «A Arte no Cómic», unha mostra de Fundación Telefónica, comisariada por Asier Mensuro que recolle reinterpretacións dalgunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte a través dos cómics de 73 ilustradores e autores de prestixio.

A exposición estrutúrase en tres grandes ámbitos: o primeiro deles recolle a relación entre os grandes centros de arte e o cómic a través de obras da colección do Louvre ou do Museo de Orsay xunto á editorial Futuropolis, mostrando o traballo de autores tan recoñecidos como Catherine Meurisse, Manuele Fior, Enki Bilal ou David Prudhomme, así como a obra de Edmond Baudoin sobre Dalí, editada polo Centro Nacional de Arte e Cultura Georges Pompidou. Tamén se inclúen iniciativas dos centros de arte españois, coma os cómics de Miguel Ángel Martin, Álvaro Ortiz, David Sánchez e Santiago García, editados polo Museo Thyssen-Bornemisza e a editorial Astiberri. Seguir lendo

Esenciais 2017 da ACDCómic (2º semestre)

A Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic de España (ACDCómic) presenta a segunda quenda dos ‘Esenciales 2017’, unha selección das obras máis destacadas das editadas no estado español. Está formada por 25 novidades publicadas entre xullo e nadal de 2017.

DXIrkRaXkAAYQ54.jpg-large

Seguir lendo

Esenciais 2017 da ACDCómic (1º semestre)

A Asociación de Críticos e Divulgadores de Cómic elixe os  “esenciais” do primeiro semestre de 2017

esenciais-2017-1metropoles-delirantesComo cada ano por estas data a ACDCómic presenta a primeira quenda dos seus ‘Esenciais 2017’, unha selección de cómics coa que pretende fixar a atención sobre algunhas das obras máis destacadas entre as editadas en España. Son 25 novidades publicadas entre xaneiro e xuño de 2017, elixidas en votación por 53 dos integrantes da Asociación.

A selección contén una variada mostra do que ofreceu o mercado da banda deseñada no estado no que vai de ano. Porén, hai clásicos como ’Anarcoma’, de Nazario, ou ‘Siete vidas’, de Josep Maria Beà, ambos recentemente recuperados en novas edicións; e obras de autores españois tanto novos coma veteranos como ‘Un millón de años’, de David Sánchez, ‘Cosmonauta’, de Pep Brocal, ou a nova entrega de ‘Roco Vargas’ de Daniel Torres; tamén se incluen apostas de vangarda, como ‘Cortázar’, de Marchamalo e Torices, ou ‘Nuevas estructuras’, da galega Begoña García-Alén (Apa-Apa) . 

Da BD europea destacan títulos como ‘Arsène Schrauwen’, de Olivier Schrauwen, ‘De tripas y corazón’, de Pozla, ou a serie ‘Last Man’. Entre os americanos, ‘Poncho fue’, de Sole Otero, ‘The Wicked + The Divine’, de Kieron Gillen, Jamie McKelvie e Matt Wilson. Pola banda da BD asiática, destaca a inclusión por primeira vez dun título orixinario da República de Singapur, ‘El arte de Charlie Chan Hock Chye’, de Sonny Liew. Seguir lendo

Esenciais 2016 da ACDCómic (2º semestre)

A Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic de España (ACDCómic) presenta a segunda ronda dos ‘Esenciales 2016’ que cos xa elixidos no primeiro semestre, resulta nos 50 cómics máis destacados para o colectivo durante o pasado ano.

esenciais-2-2016-metropoles-delirantesO listado recolle as novidades publicadas entre xullo e decembro de 2016. A selección da ACDCómic reflicte a excelente colleita de novidades de autores españois na segunda metade do ano. Así, inclúe obras como como ‘Lamia’, de Rayco Pulido; ‘La grieta’, de Carlos Spottorno y Guillermo Abril; ‘Jamás tendré 20 años’, de Jaime Martín, ou ‘Intemperie’, de Javi Rey. Este listado ten representantes de autores de Europa, Estados Unidos e Xapón, con títulos que van dende a recuperación de obras clásicas (‘Philémon’, ‘¿Quién es el 11º pasajero?’) ata apostas de vangarda (‘Beverly’), pasando pola BD xuvenil (‘Leñadoras’) ou thriller (‘El sheriff de Babilonia’), entre outros.

Esta selección presentase como una ferramenta para animar a lectores, bibliotecas, libreiros e todo tipo de colectivos culturais a descubrir obras destacadas con independencia do seu éxito comercial. A lista de títulos vai acompañada duns breves apuntes sobre cada obra.

Esenciais 2016 da ACDCómic (1º semestre)

esenciais-acdcomic-1er-semestre-metropoles delirantesA “Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic” ven de publicar a primeira quenda dos seus Esenciais 2016, unha selección de cómics coa que esta organización pretende chamar á atención sobre algunhas das obras máis destacadas das editadas no estado.

A lista de ‘Esenciais’ preséntase coma unha guía de lectura, e pódese ver en acdcomic.es/esenciales2016. Son 25 novidades publicadas entre xaneiro e xuño de 2016, elixidas en votación por 43 dos integrantes da ACDCómic.

A selección contén unha variada mostra do que ofreceu o mercado da banda deseñada no estado na primeira parte do ano. Así, hai clásicos como ’13, Rue del Percebe’, de Francisco Ibáñez, recuperado a primeiros de ano en edición integral; obras de autores españois consagrados, coma ‘El ala rota’, de Altarriba e Kim, ou ‘Crisálida’, de Carlos Giménez; tamén apostas de vangarda, coma ‘Sirio’, de Martín López Lam, e mesmo tebeos publicados directamente na rede, coma ‘¡Universo!’, de Albert Monteys. Tamén temos representación galega co I.D. de Emma Ríos e o Presas Fáciles de Miguelanxo Prado.

Esta selección presentase coma unha ferramenta para animar a lectores, bibliotecas, libreiros e calquera outro tipo de colectivos culturais a descubrir obras destacadas. A lista vai acompañada duns breves apuntes sobre cada obra elixida, que a sitúan e contextualizan axiña, amais de accesos directos a recensións e comentarios realizados por membros da asociación para diferentes soportes e medios de comunicación.