O xigante audiovisual global ven de anunciar nas súas contas de twitter que está preparando unha nova adaptación da obra do mestre do terror xaponés Junji Ito. Titularase ‘Junji Ito’s Maniac: Japanese Tales of the Macabre’ e adaptará historias de distintos libros de Ito, serán 20 historias, unha por episodio. A serie estrearase no 2023.
Junji Ito Maniac: Japanese Tales of the Macabre hits Netflix in 2023
here are some new stills from the series, based on stories from Ito-sensei's nominated books! pic.twitter.com/8RJKP2DQJ6
who better to introduce Junji Ito Maniac: Japanese Tales of the Macabre: Season 1 than Junji Ito himself? 👻 ¿Quién mejor para presentar la T1 de "Junji Ito Maniac: Japanese Tales of the Macabre" que el propio Junji Ito? pic.twitter.com/r5J9DPjsaY
A publicación do primeiro volume data do 22 de xullo de 1997 e dende aquela xa conta con máis de 100 volumes que non pararon de bater marcas de vendas até chegar a ser o fenómeno que é. Con 490 millóns de copias vendidas, o seu autor, Eiichiro Oda mesmo ten o Récord Guinness na categoría “Maior número de exemplares dun mesmo cómic publicados por un só autor”.
Creado por Osamu Tezuka en 1952, Astro Boy é un dos seus personaxes máis senlleiros. O manga tivo un enorme éxito e apenas dez anos despois, en 1963, xa contaba co seu propio anime.
No pasado festival de Annecy as empresas Shibuya Productions e Method Animation, anunciaron (nunha nota de prensa) o reinicio da serie a cargo de Thomas Astruc, creador deMiraculous – Tales of Ladybug & Cat Noir. O seu obxectivo é darlle unha segunda vida ao personaxe, con 52 episodios de 26 minutos que trataran temas tan actuais como internet, as redes sociais, o racismo e as relacións de dominación resultantes ou a destrución do medio ambiente polos seres humanos. No comunicado non concretan a data de lanzamento desta nova serie.
O proxecto non é novo, xa que logo, Shibuya Productions leva anos anunciando este reinicio de Astroboy e mesmo presentou en 2015 un primeiro tráiler (que non é o deste proxecto). O proxecto tiña entón 26 episodios, haberá que agardar para ver se desta volta vai adiante.
Cada titular sobre o final de One Piece, sen dúbida, podería levar un signo de interrogación. Eiichiro Oda leva anos anunciando o fin de One Piece e ven de recuncar no anuncio nestes pasados días no seu twitter.
Hai 25 anos Eiichiro Oda (One Piece comezou en 1997) embarcouse na creación do que se convertería nun fenómeno global, máis de 100 volumes e 1000 capítulos, quince películas, videoxogos e mesmo unha serie de Netflix.
O manga non para de medrar en popularidade, cada ano supera as cifras de ventas e nas xeracións máis novas está plenamente integrado na súa dieta de ocio. Mais non só, o Manga e a cultura xaponesa en xeral é cada vez máis popular. Se es unha desas persoas que devece por todo o que ven do país oriental e vives na Coruña estás de noraboa.
Até o 29 de abril poderás participar neste ciclo de charlas no que se porá en valor a cultura xaponesa, a poesía, o turismo otaku e anime e en xeral todo o relativo co universo dos e das otakus. Tamén terá cabida nestas xornadas a, xa moi popular, cociña xaponesa.
Estás son as vindeiras datas:
Vernes 8 de Abril ás 18:00h: Turismo otaku(con Miguel Pazos, xéografo e profesor titular na Facultade de Xeografia de Santiago de Compostela)
Vernes 22 de Abril ás 18:00h: Cociña galega e xaponesa con Pablo Pizarro(cociñeiro de «Empanada Viajera». A súa charla xirará en torno ás similitudes entre a cociña galega e a xaponesa (Haberá cata de cociña ao terminar)
Vernes 29 de Abril ás 18:00h.: Anime experimental (con David Pazos Otón, divulgador de manga e anime experimental)
As charlas son de balde e até completar a capacidade! Achégate ao Centro Ágora! (aula 9)
A plataforma de streaming Netflix continúa coa xeira de adaptacións, desta volta botalle o ollo aos piratas do manga One Piece que chegará pronto, en acción real, á plataforma e ven de facer público o elenco deste novo produto do xigante californiano do video baixo demanda.
Luffy será encarnado polo actor mexicano Iñaki Godoy, mentres que o personaxe de Nami será Emily Rudd e Usopp o actor Jacob Romero Gibson; así mesmo Zoro, será interpretado polo xaponés Mackenyu e Sanji por Taz Skylar.
Esta é unha das series máis lonxeva e de máis éxito da banda deseñada xaponesa, con máis de 490 millóns de copias en todo o mundo. Publícase na revista Weekly Shonen Jump dende o ano 1997 e leva 99 tomos recompilatorios, en España é publicado pola editora Planeta Cómic. En Galicia, a TVG ten emitido a serie de anime dentro do espazo Xabarín Club.
Netflix vén de anunciar que estreará a serie de acción real de Cowboy Bebop o 19 de noviembre. A plataforma anunciara en 2018 que estaba traballando nesta adaptación cunha primeira entrega de 10 episodios (a serie orixinal de animación conta con 26 capítulos) mais a producción sufreu varios retrasos provocados tanto pola la pandemia de COVID coma por un accidente do protagonista que obrigou a parar a rodaxe máis dun ano.
En Cowboy Bebop, ambientada en 2071, un grupo de cazarrecompensas percorre a galaxia a bordo da nave espacial Bebop. Esta serie, baseada na obra de Shinichiro Watanabe, conta co actor John Cho no papel principal e e ten xa data. Semella que a plataforma ten moitas esperanzas nesta produción xa que logo xa está prevista unha segunda tempada.
A coñecida páxina The Verge! Revelou algunhas imaxes desta producción e a plataforma xa liberou o trailer.