Arquivo da categoría: Concursos

O Festival de Angouleme relanza o concurso #FIBDchallenge2023!

O certame decorrerá entre o 15 de xuño e o 9 de novembro de 2022 e poden participar artistas de banda deseñada maiores de 18 anos. O concurso exixe o uso de herramentas dixitais: vídeo, gifs, sons, animación, etc.

Identidade gráica do concurso de Pierre Cesca @pampa_junior, Gañador do #FIBDchallenge2022
Seguir lendo

Primeiro Certame de Banda Deseñada e Memoria Histórica

A Asociación Nordés, que ven organizando dende hai 11 anos as Xornadas “Memoria dun Tempo”, ven de convocar este primeiro certame de Banda deseñada histórica coa colaboración de Demo Editorial.

Cartaz de Fuco Prado

Poden participar todas as persoas estudantes de Ensino Secundario Obligatorio (E.S.O.), Bacharelato, FP Básica e Graos Medios de FP que presenten narracións en banda deseñada en lingua galega e cunha temática relacionada coa memoria histórica.

As bases do certame aquí

  • Ata o 15 de xuño de 2022 SOLICITUDE DE INSCRICIÓN.
  • Ata o 5 de agosto de 2022 ENVIO DE PROPOSTAS.

Se precisades máis información: asociacion.nordes@gmail.com

Convocada a XVI edición do Premio Internacional de Novela Gráfica Fnac-Salamandra Graphic

Fnac e Salamandra Graphic veñen de convocar a XVI edición do Premio Internacional de Novela Gráfica Fnac-Salamandra Graphic. O certamen creado no 2008 é un dos mellor dotados económicamente e leva publicados grandes obras nestas dezaseis edicións.

O prazo de admisión de propostas comezou o 26 de maio de 2022 e pechará o 31 de outono de 2022.

As bases aquí.

Convocado o 16º Certame de Cómic de Cangas

1 – Dirixido a xóvenes artistas non profesionais de ata 35 anos cumpridos dentro do ano 2018. Establécense as seguintes categorías:

  • CATEGORÍA A: de 18 a 35 anos
  • CATEGORÍA B: de 14 a 17 anos
  • VIÑETA XOVE: menores de 14 anos

2 – Os traballos serán orixinais con textos en galego, de creación propia e inéditos, non debendo ter sido premiados en ningún outro certame ou concurso.

Tema e técnica libre (cor ou branco e negro) en formato DIN A-4 (210mm x 297 mm).A extensión será de 4 páxinas para as categorías A e B, e de 2 a 4 páxinas para o Premio Viñeta Xove.

3 – A presentación das obras pode facerse de xeito Individual ou conxuntamente entre guionista e debuxante, e poderán presentar tantas obras como o desexen, sempre dentro da categoría correspondente. Cada autor tan só optará a un dos premios. Seguir lendo

Presentación en Vigo a Banda deseñada A caixa negra de Manuel Tudela

Este vindeiro xoves 5 de abril, ás 20:30, no Café De Catro a Catro de Vigo (rúa Girona 16). será presentada A caixa negra de Manuel Tudela, baseada na obra de Fernando Epelde Caixa negra. Esta BD  foi premiada no VI Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro, organizado por erregueté.

O xurado integrado por Pepe Carreiro, ilustrador e deseñador de BD, Anxo Fariña, escritor e ilustrador e Vanesa Sotelo, dramaturga e directora da erregueté, destacou a “adecuación da imaxe á intensidade dramática da obra de Fernando Epelde e a condensación narrativa conseguida na proposta”. A obra publicada contou cunha axuda da Deputación de Pontevedra.

As obras gañadoras deste certame forman a colección Banda Deseñada sobre Teatro que está formada por:

  • Doentes de Roberto Vidal Bolaño – Brais Rodríguez.
  • Hamster de Santiago Cortegoso – Diego Campos.
  • Belicosario de Manuel Lourenzo – Juan Molina.
  • 2132 de Roberto Vidal Bolaño – Diego Blanco.
  • Imundação de Marta Freitas – Diego Blanco.

Alicia Jaraba, gaña o Concurso de Cómic Ganorabako

ganorabako_logo-Metrópoles DelirantesA nosa compatriota Alicia Jaraba (Pontevedra), ven de gañar o concurso de Cómic Ganorabako con coa obra Superhéroes, organizado por Kultur Basauri e dotado cun premio de 900 euros. O tamén galego Vicente Salvador (A Coruña) levou o terceiro premio coa obra Avante! A marte.

 

Os traballos premiados poderán verse nunha exposición en Pozokoetxe Kultur Etxea a partires do 18 de abril. Posteriormente editarase un número da revista Ganorabako no que se incluirán os traballos galardonados.

Aquí podedes ver os traballos dos gañadores.

Convocatoria da 3º Edición do Premio de Cómic Manchacómic

Premio_Manchacomic_2016-Metropoles-DelirantesEn Outubro celébrase en Ciudad Real o festival Manchacómic, que convoca un concurso de bd. Velaí unha escolma das bases:

  • As solicitudes presentaranse seguindo o modelo dispoñible na web www.manchacomic.es.
    Deberá acompañarse a obra tanto en formato papel como en formato dixital.
  • O prazo de presentación dos traballos será ata o 7 de Septembro de 2016.
  • O premio poderá ser declarado deserto.
  • A concesión do premio publicarase na web de Manchacómic.
  • O prazo máximo para resolver a presente convocatoria será de 3 meses.
  • A obra gañadora poderá ser publicada por AmiCo e Manchacómic.
  • Entregarase ao autor/a o 5% da tirada.

Seguir lendo

14º Certame de Cómic de Cangas

17 Salón do cómic de Cangas-Metrópoles DelirantesA Concellería de Cultura de Cangas, convoca o décimo cuarto certame de Cómic, dirixido a novos artistas de ata 35 anos cumpridos en 2016.

Os traballos deben presentarse antes do 30 xuño de 2016, na Casa da Xuventude de Cangas, Rúa Real 29. 36940 Cangas. Pontevedra.

Establécense tres categorías:

Categoría A de 18 a 35 anos. (Premio 500 €).
Categoría B de 14 a 17 anos. (Premio 200 €).
Premio á Viñeta Xove para menores de 14. (Premio 100 €).

Os traballos serán orixinais, con textos en galego, de creación propia e inéditos, non debendo ter sido premiados anteriormente. O tema e a técnica son libres, e o formato será DIN-A4. A extensión será de 4 páxinas para as categorías A e B; e de 2 a 4, para o Premio Viñeta Xove.

Os traballos presentaranse polo sistema de plica, nun sobre pechado aparte, no exterior deste sobre figurará o título ou lema e a cateegoría na que se participa e no interior título ou lema, fotocopia do DNI, enderezo e teléfono de contacto.

Máis información na Casa da Xuventude de Cangas, teléfono 986 392 171

XXII Concurso Nacional de Cómics “Ciudad de Dos Hermanas”

concurso-comic-dos-hermanas-Metrópoles DelirantesO concello de Dos Hermanas, convoca o XXII Concurso Nacional de Cómics “Ciudad de Dos Hermanas”. Poderán participar no concurso todas aquelas persoas que o desexen, sen limitación algunha, de forma individual ou colectiva, e residentes en España.

  • Opción A: Cómic de Tema Libre (Premio único: 500 €).
  • Opción B: Manga de Tema libre. (Premio único: 300 €).
  • Opción C: Historieta referente ao Programa de Educación Afectivo-Sexual “Sin Miedo”. (Premio único: 500 €).
  • Opción D: Historieta referente ao Programa de Prevención de Adicciones “Dos Hermanas Divertida”. (Premio único: 500 €).
  • Opción E: Historieta pola Igualdade e contra a Violencia de xénero. (Premio único: 500 €).

Hai tamén un premio especial “Autor Menor de 18 anos” dotado cun premio único de 300 € (só obras realizadas íntegramente por menores de 18 anos).

O prazo de presentación de obras remata o 12 de Febreiro de 2016, non se admitirán aquelas obras que cheeguen de forma posterior a esta data.

Bases completas aquí