Arquivo da categoría: Xornadas

Banda á feira, evento de BD no barrio do Calvario de Vigo

A Asociación de Veciños do Calvario organiza a primeira edición de Banda á Feira que se desenvolverá na zona peonil da rúa Urzáiz, na contorna do Mercado do Calvario.

O programa decorrerá os días 4 e 5 de xuño e inclúe a presencia de autores como Borja González (The black holes), Mayte Alvarado (La isla), Carles Dalmau (Planeta Manga) e Anabel Colazo (Encuentros cercanos, No mires atrás), así como diferentes autores locais. Estes convidados e convidadas desenvolverán encontros, palestras e obradoiros co público e farán parte dunha exposición colectiva nas rúas do barrio. Tamén haberá unha mostra sobre a obra creada por Miguel Porto e Fernando Llor para concienciar sobre el acoso escolar titulada Subnormal.

O sábado, día 4 de xuño, comezará o evento a partir de las 11.00 horas cun obradoiro de banda deseñada e a palestra de técnicas dixitais impartida por Carles Dalmau. Pola tarde, ás 18.00 horas, será o tempo do faladoiro con Anabel Colazo. O domingo 5 de xuño, está programada un coloquio con Mayte Alvarado e Borja González. Ambos días haberá sesións de asinaturas por parte destes autores e de autores locais (que a organización non especificou).

O cartaz desta primeira edición de Banda á Feira es unha magnífica obra Das Pastoras.

Advertisement

Ciclo de charlas sobre manga, anime, poesía e cultura xaponesa na Coruña

O manga non para de medrar en popularidade, cada ano supera as cifras de ventas e nas xeracións máis novas está plenamente integrado na súa dieta de ocio. Mais non só, o Manga e a cultura xaponesa en xeral é cada vez máis popular. Se es unha desas persoas que devece por todo o que ven do país oriental e vives na Coruña estás de noraboa.

Até o 29 de abril poderás participar neste ciclo de charlas no que se porá en valor a cultura xaponesa, a poesía, o turismo otaku e anime e en xeral todo o relativo co universo dos e das otakus. Tamén terá cabida nestas xornadas a, xa moi popular, cociña xaponesa. 

Estás son as vindeiras datas:

  • Vernes 8 de Abril ás 18:00h: Turismo otaku (con Miguel Pazos, xéografo e profesor titular na Facultade de Xeografia de Santiago de Compostela) 
  • Vernes 22  de Abril ás 18:00h: Cociña galega e xaponesa con Pablo Pizarro (cociñeiro de «Empanada Viajera». A súa charla xirará en torno ás similitudes entre a cociña galega e a xaponesa (Haberá cata de cociña ao terminar)
  • Vernes 29 de Abril ás 18:00h.: Anime experimental (con David Pazos Otón, divulgador de manga e anime experimental)

As charlas son de balde e até completar a capacidade! Achégate ao Centro Ágora! (aula 9)

12º Encontro anual da asociación Tintinófila ¡Mil Rayos!

A asociación de tintinófilos de fala hispana, ¡MILRAYOS!, celebra o seu 12º encontro anual. No marco deste encontro entregará o premio “Tintinófilo del año” a Carlos Galilea, xornalista e locutor de radio.

O encontro deste ano, que terá lugar mañá sábado 12 de febreiro na sede da Fundación Carlos de Amberes en Madrid, desenvolverase baixo o lema “Cuando los dibujantes sueñan con América”, este título describe o fío condutor desta edición que xirará en torno á xeografía, as viaxes, a música e a aventura, temáticas que serám abordadas nos diversos actos que terán lugar durante a xornada, entre os que están unha exposición e distintas palestras. No encontro presentaranse dous libros recentemente publicados sobre a obra de Hergé.

Seguir lendo

I Simposio Tebeosfera de estudos sobre a Banda Deseñada

Cartaz de Sento LLobel

A Asociación Cultural Tebeosfera organiza este simposio co que «pretende iniciar un estudo panorámico da teoría sobre a historieta en España». O evento vaise celebrar da sexta feira 10 ao domingo 12 de nadal no Espacio Santa Clara en Sevilla. A asistencia será libre e de balde mais é preciso confirmar por mor das limitación de aforo no correo electrónico: acyt@tebeosfera.com

Este encontro artellarase sobre unha ducia de traballos sobre diferentes áreas que darán noutras tantas conferencias:

  • Catalogación, por Manuel Barrero.
  • Historiografía, por Antoni Guiral.
  • Socioloxía, por Antonio Altarriba.
  • Lingüistica, por José María Trabado.
  • Narrativa, por Jesús Gisbert.
  • Didáctica, polo equipo Unicómic, (Eduard Baile, José Rovira e Joan Miguel Rovira).
  • Academia, por Julio A. Gracia.
  • Divulgación, por Javier Alcázar.
  • Hispanismo.
  • Sátira, por Jaume Capdevila..
  • Transmedia, por Kiko Sáez.
  • Sectorial, por Álvaro Pons.
  • Xénero, por Marika Vila.

Programa

Día da Ilustración

di2019-posterO Día da Ilustración celébrarase o vindeiro 30 de xaneiro, coincidindo aniversario do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego.

Neste ano o protagonista é o vigués Federico Ribas, grande innovador da publicidade, moi célebre no seu momento coas súas ilustracións para a empresa perfumeira Gal e para a conserveira Massó. Como parte da homenaxe, realizouse un pequeno vídeo de dous minutos cunha ollada á súa vida e obra. Ademais, a Biblioteca e Arquivo de Galicia inaugura hoxe unha mostra, titulada «Federico Ribas: As liñas da beleza», con obras, publicacións e outros documentos do ilustrador, que poderá visitarse até o 7 de marzo na sala de exposicións da biblioteca, no complexo do monte Gaiás. Seguir lendo

III Festival da Arte da Ilustración “Allariz Debuxado”

allariz-ilustrado_03_baixa_1Os días 25 e 26 de xaneiro, Allariz acollerá a terceira edición do Festival da Arte da Ilustración “Allariz Debuxado”. Esta iniciativa desenvolvida conxuntamente pola editorial Aira, a escola Antonio Faílde de Ourense e Pablo Picasso da Coruña será un foro de participación de ilustradores, tanto profesionais coma afeccionados e nela participarán máis de cen alumnos e alumnas das escolas galegas.

Na programación atopamos palestras con ilustradores de recoñecido prestixio no sector como Javier Olivares; Miguel Ángel Giner e Cristina Durán, que presentarán as súas bandas deseñadas “Tercer día” e “Una posibilidad”. Un encontro cos editores de Kalandraka, Manuela Rodríguez e Xose Ballesteros, ensinarán aos participantes como presentar traballos ás editoriais. E tamén unha exposición que acollerá a Galería circular durante a fin de semana con traballos galardoados no Premio Compostela promovido pola propia Kalandraka. Seguir lendo

MiiC – Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea

Do 4 de decembro até o 10 de marzo celebrarase a Miic18_metropoles, unha exposición colectiva que reúne un total de 19 proxectos ilustrados a través dos que compoñer unha fotografía do panorama actual na ilustración a nivel mundial. Con gran presenza de mulleres como a galega Lara Lars, ou a andaluza María Hesse, ata artistas de talla internacional como Christoph Niemann.

A mostra abrirá o martes 4 de decembro ás 19.00 h. cunha visita guiada a cargo da comisaria Matilde Rodríguez.

Máis de 200 pezas compoñen a exposición que artella  arredor de 19 proxectos ilustrados, 16 individuais e 3 colectivos, que poñen o foco nas creacións máis persoais das e dos artistas que se manifestan a través dunha das ramas da comunicación máis libres e creativas.

Esta mostra resalta, ademais, o importante papel da ilustración feita en Galicia. Lara LarsIria do Castelo ou Bea Lema son algunhas das artistas galegas escollidas para esta edición.

15º Encontro Galego de Ilustración, 

CARtel A2 02 img BIGA Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza o decimoquinto Encontro Galego de Ilustración, unhas xornadas con contidos e actividades de interese tanto para profesionais como para o público xeral. O groso das actividades decorrerá na Unitaria (o venres 28) e no Auditorio de Galicia (o sábado 29).

Nesta edición están convidados tres nomes de grande relevancia dentro do panorama actual da ilustración: Ana Galvañ, Juan Díaz-Faes e Miguel Gallardo. Seguir lendo

Gropu, Gropu

Despois de tres anos de inactividade volven as Xornadas de Autoedición do Liceo Mutante, desta volta baixo o nome de GROPU GROPU.

A estrutura do evento é ben sinxela: mercado de fanzines, tebeos, láminas, camisolas…; un par de concertos xeitosos; rifa final con toques de humor e pode que algunha actividade sorpresa. Seguir lendo