Arquivo por etiquetas: Fanzine

As lecturas do SrB: Conversación 

conversacion1Oscar Iglesias (Urbanoscar) e Ines Casarejos son dous autores ben coñecidos no mundo da autoedición galega. Ela publicou no 2015 un interesantísimo fanzine, de formato extraño, titulado Vídeo club y tienda de fotos no que relataba as súas vivencias traballando nun destes establecementos. El leva varios anos publicando o Pictodiario, un interesante diario de tiras autobiográficas.

Este verán veñen de publicar Conversaciones, un cómic editado polo selo do Sindicato do Cómic (que o deus Moebius colme de gloria a Simón e Ricardo polo traballo microeditorial que fan) no que desenvolven, a catro mans, un fanzine de conversas. Así de sinxelo e así de complexo. Seguir lendo

Advertisements

Sorteamos os 4 Finnegans editados.

4 finnegans-Metrópoles DelirantesPara celebrar os 50 programas imos sortear un feixe cos 4 Finnegans editados polo de agora.

Que tedes que facer? Simple:

  1. Seguirnos no tuiter (@metropolesd).
  2. Tuitear co hashtag #EscoitaAsMetrópoles.

Tedes ata o Luns ás 12 da noite.

Autobom 2016

O Autobom xa está aquí, e vaise celebrar os vindeiros venres 18 e sábado 19, na nave 1839 (Estación do tren) e na cafetería La maleta (Orzán 10).

Esta é a programación.

Autobom-Metrópoles DelirantesVENRES 18 de marzo |  Nave 1839 (Estación do tren).

19:30 | ENCONTRO DE FANZINERXS.

Recepción de los participantes no Autobom e público en xeral. Apertura do stand de fanzines comunitario e o posto de merchandising. Haberá música festiva e picoteo.

20:00 | PROXECCIÓN e PRESENTACIÓN | Sangue de alicorno.

Alberto Vázquez, gañador dun Goya á Mellor Curtametraxe de Animación en 2012, presenta Sangue de alicorno, o seu último traballo nese formato. Poderemos gozar da multipremiada curta e coñecer e escoitar ao autor. Actividade de entrada libre e de balde. Seguir lendo

AU/OU 2

AuOu2-Metrópoles DelirantesMañán sábado, dende as 11:30 ata as 20:30 a libraría especializada Sindicato del Cómic, acolle o segundo encontro de Autoedición en Ourense AU/OU 2, a cita coa que pecha o calendario de eventos de autoedición deste ano. Reuniranse autores e colectivos de banda deseñada de todo o país, que exporán os seus fanzines e propostas creativas autoxestionadas.

Ademais do mercadiño de fanzines neste AU/OU 2 haberá presentacións, Compota de Manatí ás 18 e a partires das 19:00, “el jardín devastado / los incapaces ” de Julia Huete y Oscar Raña editado por Fosfatina.

Unha cita que xa é ineludibel na bela Auria, coincidindo coas xornadas.

Metrópoles Delirantes 38 – Magius

Finnegans-Metrópoles DelirantesMagius é autor de Murcia, unha das bedes que nos pareceu das máis sorprendentes do ano, con humor e ironía asistimos a unha Semana Santa moi peculiar na terra de Maritrini. Nos imprescindibles, o Sr B lembra unha bd transgresora e rebelde dos oitenta, Ranxerox. Voltamos co fanzineo para falar de Foster edicións, unha mini editorial con sede en Ourense que xa está traballando arreo editando fanzines. E para rematar, dende o Sindicato do Cómic de Ourense achegouse Simón, coas novidades máis interesantes. E con temazo final, para unha road movie!

 

http://www.ivoox.com/player_ej_8495475_2_1.html?data=mZmml5mbeY6ZmKiakpaJd6KkkYqgo5eUcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCgmpKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

murcia-Metrópoles DelirantesAs músicas desta emisión, son:

  • Sigue Sigue Sputnik – Love Missile f1-11.
  • Kruder & Dorfmeister – Rollin’ On Chrome (Wild Motherfucker Dub).
  • Kula Shaker – Start all over.
  • The Wombats – Let’s Dance To Joy Division.
  • León Benavente – Ser Brigada.

Metrópoles Delirantes 36 – Especial Autobán 2015

Autoban2015_metropolesdelirantesTerceiro e último especial dos que adicamos a semana da bd de Coruña, desta volta gravamos dende o bar La Maleta que foi a sede desta edición do Autobán.

Segunda edición e grande éxito de público e autores, unhas xornadas que medran e melloran, falamos con Bernal e con Óscar, dous dos seus organizadores, fixemos un faladoiro con varios autores de fanzines, Xulia Vicente, Luís Sendón e Mikelodigas entre outros e repasamos o estado da bd actual e pasada con Germám Ermida un dos divulgadores que máis leva falando de bd dende a web cultura galega.

Con musicotes para que dancedes como se non houber outono.

  • Novedades Carminha – Juventud Infinita.
  • Stephen Malkmus and the Jicks – Chartjunk.
  • Dr Feelgood – I Can Tell.
  • Egon Soda – Sparring Partner.

http://www.ivoox.com/player_ej_7189427_2_1.html?data=mJalm5mWe46ZmKiakpaJd6Klkoqgo5eVcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCgmJCRb6bn0crQy8bQb6Lp1dTPh6iXaaKlz5KSmaiRkcbo04qwlYqmd9HjzcrgjanJsMrmwtPhx9iRaZi3jpU%3D&

Autobán 2015, a consolidación.

Autoban2015_1-Metrópoles DelirantesO ano pasado por estas mesmas datas declarabamos o noso amor incondicional ó Autobán, e un ano despois só podemos reafirmar ese amor.

Este foi o ano da consolidación e da confirmación dunha proposta alternativa á institucional pero complementaria e xa imprescindible, as melloras foron significativas, comezando pola situación, máis preto do epicentro do viñetas, apenas uns centos de metros, o que sen dúbida foi moi cómodo para achegarse ás exposicións ou mesmo ás charlas dun ou doutro evento. Seguir lendo