Arquivo por etiquetas: Bd galega

As lecturas do SrB: Alternativo

“BD alternativa para calquera idade.”

Alternativo1Nun sistema literario tan feble coma o da banda deseñada galega sempre é unha boa nova o nacemento dunha editora. Aínda máis se esta se atreve a abrir o seu catálogo cunha banda deseñada especial tanto no contido coma no formato. Este é o caso de Alter-nativo, unha BD experimental de Jorge Campos. Digo experimental porque xunta dúas características pouco comúns: non ten texto e ten un formato pouco usual, máis que páxinas o que ten é unha moi longa, de seis metros con vinte e cinco centímetros. Un formato curioso que xa foi usado por autores tan coñecidos como Joe Sacco, que hai cinco anos publicaba The Great War: July 1, 1916: The First Day of the Battle of the Somme, que chegaba aos sete metros de papel. Seguir lendo

Advertisements

Convocado o XIII Premio de banda deseñada “Castelao”

Deputación Coruña-Metrópoles DelirantesA Deputación de Coruña convoca o seu premio anual de Banda deseñada.

Facemos unha escolma das bases:

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiados neste certame nos catro anos anteriores a éste, e que presenten obra escrita en lingua galega, inédita e non premiada.

As obras presentadas poderán ser escritas e debuxadas, cada unha delas, por un máximo de dúas persoas autoras (unha como guionista e outra como debuxante).

Establécense dous premios, dotados con 6.500 € cada un deles, para cada unha das seguintes categorías:

  • MODALIDADE XERAL. Obras dirixidas a todo tipo de lectores.
  • MODALIDADE LIX. Obras dirixidas especificamente ao público lector infantil e xuvenil.

As obras unicamente poderán presentarse a unha das dúas categorías. Seguir lendo

Convocado o 16º Certame de Cómic de Cangas

1 – Dirixido a xóvenes artistas non profesionais de ata 35 anos cumpridos dentro do ano 2018. Establécense as seguintes categorías:

  • CATEGORÍA A: de 18 a 35 anos
  • CATEGORÍA B: de 14 a 17 anos
  • VIÑETA XOVE: menores de 14 anos

2 – Os traballos serán orixinais con textos en galego, de creación propia e inéditos, non debendo ter sido premiados en ningún outro certame ou concurso.

Tema e técnica libre (cor ou branco e negro) en formato DIN A-4 (210mm x 297 mm).A extensión será de 4 páxinas para as categorías A e B, e de 2 a 4 páxinas para o Premio Viñeta Xove.

3 – A presentación das obras pode facerse de xeito Individual ou conxuntamente entre guionista e debuxante, e poderán presentar tantas obras como o desexen, sempre dentro da categoría correspondente. Cada autor tan só optará a un dos premios. Seguir lendo

Metrópoles Delirantes 86 – David Rubín

cuadernodetormentas-metropoles delirantes

Abrimos programa coas da BD a todo filispí­m. Nesta emisión facemos un monográfico cun autor dos máis importantes do noso país, embarcamos a David Rubín que ven de publicar con Astiberri a nova versión de Cuaderno de Tormentas. Falamos de bd, da vida, da morriña e como non, do que está a pasar no mundo.

 

 

As músicas desta emisión son:

  • Los Suaves – Cou chou llega el tren.
  • Sadao Watanabe – 3:10 Blues.
  • Curtis Harding – Drive My Car
  • Pearl Jam – Alive.
  • Les Rita Mitsouko – Marcia.

Metrópoles Delirantes 85 – Santy Gutiérrez

santy-gutierrez-2017-Metropoles-delirantes

Abrimos programa coas novas da BD a todo filispím. Xaime Lis volve cos seus andeis cósmicos a unha BD da infancia de moitos de nos, Johann e Pirluit. Con Santy Gutierrez falamos do libro que ven de editar coa editora coruñesa Demo, unha escolma do seu traballo no humor gráfico neste pasado ano 2017.

 

As músicas desta emisión son:

  • Bomba Estereo – Fuego.
  • Thelonious Monk – Pannonica.
  • Astrud Gilberto – Nao Bate O Corocao.
  • Lori Meyers – Condicional Hipotética.
  • Marc Almond – I Close My Eyes And Count To Ten.

Metrópoles Delirantes 83 – Jorge Campos

alter-nativo-metropoles-delirantes

Abrimos programa, como xa é norma, coas novas da BD a todo filispím. O Sr B segue aumentando a lista dos imprescindibeis, desta volta cunha bd da terra, Os Lobos de Moeche de Manel Cráneo. Falamos longo con Jorge Campos, estrea unha obra, titulada Alter-nativo e con ela unha editora, Aira das Letras, de Allariz.

 

As músicas desta emisión son:

  • Arcade Fire – Everything Now.
  • Vince Guaraldi Trio – O Tannenbaum.
  • Ivan Ferreiro – Casa, ahora vivo aquí.
  • Jimi Hendrix – All Along The Watchtower.
  • Saint Etienne – Dive.

Bea Lema gaña o Premio Castelao de BD

16789021_251154911961352_1612952973485277184_nHoxe fíxose público o fallo do xurado do Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña, a gañadora é Bea Lema coa obra O Corpo de Cristo.

O xurado presidido pola vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e formado por Emilio Fonseca, gañador da anterior edición, e os autores Xosé Tomás, Natacha Bustos e Pablo Auladell, valorou a “intensidade dramática sen caer no sentimentalismo” da obra de Bea Lema ademais da “sensibilidade para contar patoloxías mentais desde o punto de vista infantil”. A resolución do premio recoñece tamén o valor de O corpo de Cristo á hora de “mostrar a resilencia dunha nena fronte aos problemas adultos” e, en canto o traballo gráfico da obra destaca que a autora prima unha “liña elegante e delicada que transmite atomósferas emocionais moi complexas, apoiándose en metáforas visuais moi intensas e potentes”. Seguir lendo