Arquivo por etiquetas: Concurso

Convocatoria da 3º Edición do Premio de Cómic Manchacómic

Premio_Manchacomic_2016-Metropoles-DelirantesEn Outubro celébrase en Ciudad Real o festival Manchacómic, que convoca un concurso de bd. Velaí unha escolma das bases:

  • As solicitudes presentaranse seguindo o modelo dispoñible na web www.manchacomic.es.
    Deberá acompañarse a obra tanto en formato papel como en formato dixital.
  • O prazo de presentación dos traballos será ata o 7 de Septembro de 2016.
  • O premio poderá ser declarado deserto.
  • A concesión do premio publicarase na web de Manchacómic.
  • O prazo máximo para resolver a presente convocatoria será de 3 meses.
  • A obra gañadora poderá ser publicada por AmiCo e Manchacómic.
  • Entregarase ao autor/a o 5% da tirada.

Seguir lendo

Advertisements

XXII Concurso Nacional de Cómics “Ciudad de Dos Hermanas”

concurso-comic-dos-hermanas-Metrópoles DelirantesO concello de Dos Hermanas, convoca o XXII Concurso Nacional de Cómics “Ciudad de Dos Hermanas”. Poderán participar no concurso todas aquelas persoas que o desexen, sen limitación algunha, de forma individual ou colectiva, e residentes en España.

  • Opción A: Cómic de Tema Libre (Premio único: 500 €).
  • Opción B: Manga de Tema libre. (Premio único: 300 €).
  • Opción C: Historieta referente ao Programa de Educación Afectivo-Sexual “Sin Miedo”. (Premio único: 500 €).
  • Opción D: Historieta referente ao Programa de Prevención de Adicciones “Dos Hermanas Divertida”. (Premio único: 500 €).
  • Opción E: Historieta pola Igualdade e contra a Violencia de xénero. (Premio único: 500 €).

Hai tamén un premio especial “Autor Menor de 18 anos” dotado cun premio único de 300 € (só obras realizadas íntegramente por menores de 18 anos).

O prazo de presentación de obras remata o 12 de Febreiro de 2016, non se admitirán aquelas obras que cheeguen de forma posterior a esta data.

Bases completas aquí

Concurso de cómic contra a violencia de xénero

aytoZgzFoi convocado polo Concello de Zaragoza a través da Casa da Muller e en colaboración coa Biblioteca para xoves Cubit.

Facemos unha escolma das bases:

O tema a desenvolver será, por unhas relacións en igualdade e contra a violencia de xénero.

A obra debe ser orixinal, de creación propia e inédita en toda a súa extensión, sen sinatura nin sinal algunha que amose a súa procedencia. Poderá ser realizada en técnica libre.

Seguir lendo

Concurso de cómics sobre igualdade de xénero

Beijing20A oficina de ONU Mulleres en Bruxelas convoca un concurso de cómics e cadriños sobre igualdade de xénero. O concurso está aberto a debuxantes de entre 18 e 28 anos e que sexan residentes nun Estado membro da UE. O cómic non debe conter texto.

Os finalistas serán seleccionados por un xurado composto por artistas profesionais do cómic, expertos en igualdade de xénero e expertos en comunicación.

O prazo de presentación é ata o 20 de abril de 2015.

Aquí podedes obter máis información sobre o Concurso, incluidas as condicións de participación.