Mellor fanzine galego.
McCactus de Xulia Pisón.
Mellor obra galega.
Destino Hërgüss de Manel Cráneo.
Mellor obra non galega.
Saga de Brian K. Vaughan e Fiona Staples.
McCactus de Xulia Pisón.
Destino Hërgüss de Manel Cráneo.
Saga de Brian K. Vaughan e Fiona Staples.
Jorge Coira, é director de cinema, tralos comezos en curtametraxes entre as que destacan Mofa e Befa en Gran liquidación e O matachín, en 2004 estreou a súa primeira longametraxe: O ano da carracha e no ano 2010 a excelente e multipremiada “18 comidas” que leva recibidos numerosos premios, sendo seleccionada en máis de 30 festivais internacionais, e estreada en salas en máis de 10 países de todo o mundo. Neste ano 2016 Gañou o Goya á mellor montaxe por El Desconocido de de Dani de la Torre.
1-Cal é o teu cómic preferido.
Hai moitos e escoller sempre é difícil. Pero, o primeiro que me vén á memoria como unha obra que realmente emocionoume e removeume por dentro foi Maus, de Art Spiegelman. Un clásico. Seguir lendo
Fernando Tato é actor e músico. Foi protagonista da serie diaria da TVG “O Faro”, e tamén participou noutras como “Libro de Familia” ou “Matalobos”, recentemente participou na serie Augasquentes. Guitarrista e cantante desde os 14 anos, no 2015 lanzou o seu primeiro disco en solitario, “El animal en mí”.
1-Cal é o teu cómic preferido.
Non podería escoller un só. A verdade é que non creo que puidera escoller nin dez! Gustanme moitísimos. Por dicir algo: X-Men, Maus, Watchmen, Mortadelo e Filemón, Calvin e Hobbes, Superlopez, Batman, podería estar así todo o día. Seguir lendo
Carlos Roma é xornalista e dramaturgo, desenvolve o seu traballo principalmente na televisión aínda que tamén colabora noutros medios. Este ano estreouse en Barcelona a súa obra de teatro “El plan Jackson” e mantén un excelente blogue, “perdido en Hiroshima”, onde publica micro pezas de teatro. Nas súas palabras: “Vinte e oito anos antes do meu nacemento caeu a bomba. Camiño por un mundo devastado e, ao contrario que Williams, nunca confiei na bondade dos descoñecidos.”
1-Cal é o teu cómic preferido.
Fun Home (Alison Bechdel, 2006). Seguir lendo
Luís Iglesia é actor e músico, estivo vencellado a grupos de teatro amador ata comezar a súa carreira profesional coma actor e director de dobraxe, compaxinando estas actividades co teatro profesional en grupos como Teatro do Aquí ou Volta e Dálle, o cinema, a televisión e máis a locución. É unha das voces máis recoñecíbeis do audiovisual galego pois dobra ao galego a Harrison Ford, Robert De Niro, Paul Newman, Chuck Norris e Garfield, entre outros. Traballou en series e películas coma La fuga, de Telecinco, ou no no filme galego Vilamor, dirixido por Ignacio Vilar. Foi protagonista de diferentes series da TVG coma Un mundo de historias, Terra de Miranda ou a mítica Matalobos, actualmente é o protagonista da serie Pazo de Familia.
1-Cal é o teu cómic preferido.
Por facerlle unha homenaxe aos primeiros que lín: El jabato. Seguir lendo
Iolanda Zúñiga é escritora, no ano 2007 publica o seu primeiro libro, Vidas post-it, 46 microrrelatos con temática moi diversa, pero sempre referidos a situacións cotiás universais. En 2008 publicou o poemario Amor amén. En 2010 gañou o premio Xerais coa novela Periferia, unha historia sobre a precaridade cotiá e a falta de oportunidades nos suburbios.
1-Cal é o teu cómic preferido?
Por exemplo, o que me vén de regalar Paz, unha amiga. Convertiuse onte en preferido porque estaba farta no curro e apareceume, de sorpresa, con el: “El Cielo sobre Berlín”, de Sebastiano y Lorenzo Toma, baseado na peli de Wim Wenders. Seguir lendo
Jorge Mira é un físico, investigador, divulgador científico e colaborador en diferentes medios de comunicación galegos. Acumula un feixe de premios pola súa labor coma físico e investigador e xa leva publicados dous libros “A ciencia no punto de mira” (2010) e “¿A que altura está o ceo?” (2016), amais é un gran deportista e por suposto un declarado lector de banda deseñada. Eis o seu Test Delirante
1-Cal é o teu cómic preferido.
Pufff… unha pregunta delirante… Hai tantos…
Por escoller algo: a Imposible Patrulla-X de finais dos anos 70 / inicios dos anos 80, a época de Chris Claremont (que este días está na Coruña!) Seguir lendo
Sabela Arán é actriz, deuse a coñecer no 2012 cando protagonizou a película Vilamor, pola que gañou un premio Mestre Mateo, na actualidade é unha das protagonistas da serie da TVG Serramoura e remata de protagonizar Lobos Sucios, unha película sobre as intrigas da explotación do mineral de wolframio ambientada na Galiza da posguerra.
Aquí o seu Test Delirante.
1-Cal é o teu cómic preferido.
“Maus” de Art Spiegelman. Unha maneira distinta de falar do Holocausto. Seguir lendo
Foto: María Díaz
Diego Giráldez é un xornalista e escritor galego, colaborou como columnista de opinión en varios xornais e fixo reportaxes culturais para a edición galega de El País, na actualidade escribe no diario Praza Pública, na revista Luzes e dirixe o CanZine, publicación oficial do Festival de Cans.
Gañou varios premios literarios, entre eles o primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo o ano pasado e neste 2016 o Certame Manuel Murguía de narracións breves.
Ven de publicar Galeria de Saldos, un imprescindíbel libro de relatos coa arte como trasfondo.
1-Cal é o teu cómic preferido.
Mortadelo y Filemón Contra el “gang” del “Chicharrón”. Seguir lendo
Susana Sampedro é unha polifacética cantante e actriz, foi unha das “malas” da serie O Faro, que nos acompañou varias tempadas na sobremesa da TVG e agora remata de gravar Dalia a Costureira, outra serie que poderemos ver en breve na canle autonómica. Prestouse a ser a nosa primeira vítima neste Test Delirante.
1-Cal é o teu cómic preferido.
Polo tempo que lle teño dedicado, sen dúbida, Mortadelo e Filemón.
2-Licorcafé ou Gintonic.
Despois de saborear ambos nalgún momento da miña vida, teño que dicir que me quedo coa caña de herbas.
3-Lembras cal foi o primeiro que liches?
Non sei se foi o primeiro, pero seguro que está entre eles, e que o lin un millón de veces: Os cigarros do faraón, de Tintín. Seguir lendo