Arquivo por etiquetas: Rinoceronte Ed

O bosque dos raposos aforcados | Nicolas Dumontheuil

  • Título: O bosque dos raposos aforcados.
  • Autor: Nicolas Dumontheuil.
  • Editorial: Rinoceronte Editora.
  • Lugar: Cangas do Morrazo.
  • Ano de edición: 2022.
  • Número de páxinas: 144.
  • Prezo: 18€.

Aventuras en Laponia

Neste país noso temos un bo feixe de autores e autoras que publican máis ou menos regularmente –menos do que nos gustaría, claro– que van nutrindo o mercado de BD galega mais fora dos grandes super-vendas, Astérix e Tintín, tradúcese pouca obra estranxeira á nosa lingua, perdemos así a posibilidade de ler interesantes libros no noso idioma, non hai máis que mirar, por exemplo para Catalunya para decatarnos da eiva que temos neste aspecto. Por tanto, é unha boa nova que Rinoceronte dera o paso de editar (tamén ten traducidas outras ben interesantes) a adaptación á banda deseñada desta obra do finés Arto Paasilinna. Por certo, a novela tamén está publicada en galego pola mesma editora.

Seguir lendo

Maus vetado nunha escola de Tennessee

A Xunta Escolar del condado de McMinn en Tennessee decidiu retirar do plan de estudios dun centro escolar a novela gráfica de Art Spiegelman. A decisión, tomada por unanimidade, escúdase en que a obra contén “oito palabrotas” e unha imaxe dunha muller núa.

Spiegelman gañóu con Maus un premio Pulitzer especial en 1992. A obra conta en forma de novela gráfica as experiencias do pai do autor, Vladek, preso en Auschwitz e como este feito remata por afectarlle toda a súa vida. Maus usa personaxes antropomorfos. Os ratos son os xudeos e os gatos son os nazis. Maus está traducido ao galego e editado por Rinoceronte Editora.