O bosque dos raposos aforcados | Nicolas Dumontheuil

  • Título: O bosque dos raposos aforcados.
  • Autor: Nicolas Dumontheuil.
  • Editorial: Rinoceronte Editora.
  • Lugar: Cangas do Morrazo.
  • Ano de edición: 2022.
  • Número de páxinas: 144.
  • Prezo: 18€.

Aventuras en Laponia

Neste país noso temos un bo feixe de autores e autoras que publican máis ou menos regularmente –menos do que nos gustaría, claro– que van nutrindo o mercado de BD galega mais fora dos grandes super-vendas, Astérix e Tintín, tradúcese pouca obra estranxeira á nosa lingua, perdemos así a posibilidade de ler interesantes libros no noso idioma, non hai máis que mirar, por exemplo para Catalunya para decatarnos da eiva que temos neste aspecto. Por tanto, é unha boa nova que Rinoceronte dera o paso de editar (tamén ten traducidas outras ben interesantes) a adaptación á banda deseñada desta obra do finés Arto Paasilinna. Por certo, a novela tamén está publicada en galego pola mesma editora.

A BD conta  a historia de Oiva Juntunen, un ladrón que fuxe do seu cómplice co botín do roubo. Foxe ás remotas terras da Laponia finlandesa para non ter que compartir co compañeiro do delito. Nesta paraxe afastada do mundo coñece o comandante Remes, un militar alcólico en excedencia, co que vive unha serie de estrafalarias aventuras.

Dumontheuil adapta excelentemente a novela de Passilinnna cun estilo lembra un pouco a o de Derf Backderf. A BD é sorprende, nun principio, polo equilibrio que fai entre a novela negra e a fantasía case surrealista que dá en momentos de tensión, mesmo de violencia, e noutros divertidos e tenros. O ritmo desta BD é moi axeitado, non hai presa por contar, as cousas van sucedendo e os distintos momentos polos que pasa a convivencia entre os personaxes e os cambios na súa relación evolucionan cunha organicidade discreta. O debuxo de Dumontheuil  entre a caricatura e o detalle leva moi ben a historia, nunca se fai excesivo e tampouco queda no primeiro plano. A natureza e as paisaxes son moi importantes nesta obra e están moi ben traballadas no debuxo.

A historia está chea de humor e retranca cuns personaxes extremos –por momentos delirantes– que son forzados a entenderse e aprender dos outros para remontar as situacións adversas. Moi a destacar o traballo na tradución e na edición que son, ambas, de gran calidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s