Anunciada unha nova serie de Astro Boy

Creado por Osamu Tezuka en 1952, Astro Boy é un dos seus personaxes máis senlleiros. O manga tivo un enorme éxito e apenas dez anos despois, en 1963, xa contaba co seu propio anime.

No pasado festival de Annecy as empresas Shibuya Productions e Method Animation, anunciaron (nunha nota de prensa) o reinicio da serie a cargo de Thomas Astruc, creador de Miraculous – Tales of Ladybug & Cat Noir. O seu obxectivo é darlle unha segunda vida ao personaxe, con 52 episodios de 26 minutos que trataran temas tan actuais como internet, as redes sociais, o racismo e as relacións de dominación resultantes ou a destrución do medio ambiente polos seres humanos. No comunicado non concretan a data de lanzamento desta nova serie.

O proxecto non é novo, xa que logo, Shibuya Productions leva anos anunciando este reinicio de Astroboy e mesmo presentou en 2015 un primeiro tráiler (que non é o deste proxecto). O proxecto tiña entón 26 episodios, haberá que agardar para ver se desta volta vai adiante.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s