Arquivo por etiquetas: Zidrou

As lecturas do Sr B: Los Buenos Veranos

Aquí en español.

Los buenos veranos-Metrópoles DelirantesO título, xa deixa ben claro de que vai este libro e mesmo anticipa que naceu para ser unha serie. En España publícase agora o primeiro número, mais en Francia e Bélxica xa va saír do prelo o segundo. Nesta nova serie guionizada polo prolífico Zidrou e con debuxo de Lafebre, imos coñecer as vacacións, e só as vacacións,  dunha familia belga dos anos setenta, os Faldérault, cada libro será un ano distinto, e non necesariamente en orde cronolóxico.

Este primeiro número, titulado Rumbo al Sur, é puro Zidrou, unha historia con varios personaxes, cada un coa súa importancia, cada un coa súa batalla interna, todos necesarios nunha historia que se vai tecendo co pasar das páxinas, ata lograr que todo sexa unha unidade perfecta. O belga é quen de contarnos a historia sen caer nas evidencias, insinuando os problemas, as preocupacións, e constrúe os personaxes dun xeito tan preciso que axiña temos unha opinión formada do carácter de cada un deles.

O pai da familia é un debuxante sen moito éxito que sempre chega tarde ás entregas e que fai que toda a familia teña que agardar por el para comezar as vacacións, a nai é unha muller sobre pasada polas labores diarias na casa, no traballo e cos fillos, en plena crise existencial, e os cativos… pois iso, son cativos, xogos, pelexas, ilusións, ledicia, emoción.

E si Zidrou é o que lles pon alma, Lafebre é quen lles pon cara, e tamén o que fai visible a linguaxe oculta do guión, a historia que hai detrás da que lemos, porque xa sabemos que a cara é o espello da alma.

Lafebre fai un excepcional traballo neste libro, coma un fotógrafo é quen de crear e moldear a luz, cun debuxo máis definido que en La Mondaine, pero sen perder ese estilo tan persoal, e cunha cor que é un elemento narrativo máis, porque este libro amais dunha historia conta un momento que é feliz, as vacacións en familia, nunha época na que non existían as pantallas de vídeo para os coches, que carallo, non existía nin o aire acondicionado. Coches pequenos, incómodos, lentos, os nenos brincando sobreexcitados pola viaxe, as maletas que medran e engordan no pequeno intre que as despegas do chan para metelas no maleteiro do coche, os interminábeis quilómetros, a calor… Unha aventura que os Faldérault saben converter no máis divertido das vacacións, a viaxe.

Un libro que gustará especialmente aos que andan pola corentena, porque de seguro que lles lembrará a súa propia existencia nun relato ben contado, coa dose xusta de humor, costumismo, drama e sobre todo que deixa un moi bo corpo. Un cómic vitalista como o pai desta familia, cunha historia sólida como a nai e un grafismo tolo e divertido coma os fillos.

Amais, nesta época de novelas gráficas, na que o número de páxinas outorga un (irreal) plus de calidade, o formato álbum francés de medio cento de páxinas e tamaño grande paréceme un acerto.

Advertisements

Metrópoles Delirantes 52 – Jordi Lafebre

Jordi Lafebre-Metrópoles delirantesQuincuaxésimo segunda emisión das Metrópoles Delirantes que comezamos falando da actualidade da bd coas novas a todo filispín. O Sr B inscribe na lista de imprescindíbeis o Chapuzas de Amor de Jaime Hernández, unha obra que pecha o ciclo iniciado no 81 nas páxinas de Love & Rockets. Entrevistamos ao debuxante Jordi Lafebre, que presenta nova obra, Los buenos veranos que máis unha vez ten guión de Zidrou. As novidades chegan co libreiro gourmet, Melo, da libraría Banda deseñada de Vigo. Todo acompañado dunha estupenda selección musical.

http://www.ivoox.com/player_ej_11377414_2_1.html?data=kpagmZyYdZWhhpywj5WVaZS1kZWSlaaWe46ZmKialJKJe6ShkZKSmaiRdI6ZmKiar8rYtoa3lIqvldXTsMbnjKnSzs7Wpc_oxtiYl5eRaZi3jrLS1teJh5SZo5jd0dHJt4y4xtHW1MbSuMbnjoqkpZKU&

As músicas desta emisión son:

  • Saint Etienne – You’re In A Bad Way.
  • Beach House – Elegy to the Void.
  • The Criers – I´m yours.
  • The Shins – Saint Simon.
  • Ataque Escampe – San Marino.

Bella Muerte é un dos gañadores do 8º Premio Int. de manga

mangalogo2012-Metrópoles DelirantesEmma Ríos e as súas compañeiras Kelly Sue DeConnick e Jordi Bellaire veñen de recibir o Premio International MANGA Award na súa oitava edición polo excelente Bella Muerte (Pretty Deadly).

O Premio Internacional de manga é organizado polo Ministerio de Asuntos Exteriores de Xapón para homenaxear artistas que contribuísen á promoción do Manga no exterior, trala primeira selección realizada co apoio da Asociación de Editores de Manga, o Xurado do Premio  escolleu un total de 15 gañadores, entre os que están Bella Muerte e La Mondaine de Lafebre e Zidrou.

Adiantamos ós convidados ó Viñetas desde o Atlántico 2014

23_logo_vinetas_basico-Metrópoles Delirantes

Miguelanxo Prado, director de Viñetas desde o Atlántico, confirmounos que nesta edición estarán no salón Coruñes, entre outros,  Charlie Adlard, debuxante da coñecida “The Walking Dead”, Sento LLobell autor de “Un médico novato” obra gañadora do premio Fnac-Sins entido de 2013 , Montse Martín autora da triloxía “Curiosity Shop”, Zidrou  autor dos guións de “El cliente” ou “Folies Bergère” entre outras, e que adoita traballar con autores españois e Oriol Hernández debuxante de “La piel del oso” con guión de Zidrou. E representando á banda deseñada galega, Jano autor de “Operario”.

Actualización 30/6/2014: Hoxe fixeron públicos na web do salón os convidados que completan a lista, Marcos Martín (private eye)  e Javier Rodríguez (Wake Up) ademais dos que xa adiantamos nós hai uns días.