Arquivo por etiquetas: Yves Sente

Thorgal ten novo guionista

Thorgal-Metrópoles DelirantesXavier Dorison é o novo guinista de Thorgal, a serie creada por Jean Van Hamme e o debuxante  Grzegorz Rosinski. O coñecido autor francés foi escollido pola editorial Lombard para ser o novo escritor de Thorgal, e terá a difícil tarefa de recuperar os lectores perdidos, substitúe a Yves Sente que non acadou bos resultados á fronte da serie.

Ao mesmo tempo, porque Thorgal é agora unha pequena constelación de títulos, tamén vai traballar nas series de Kriss de Valnor que seguirá a debuxar Giulio Vita. Yann e Roman Surzhenko continuarán o seu traballo en The Wolf e A Xuventude de Thorgal.

Thorgal é unha saga de gran éxito lanzada en 1980, que conta as aventuras dun “neno das estrelas” adoptado polos Vikingos, do seu amor coa loira Aaricia, e que sofre a uns deuses empeñados en contrariar o seu destino.

Advertisements

Capa definitiva de “Le Bâton de Plutarque” o novo Blake & Mortimer

Xa se fixo pública a capa definitiva do seguinte álbum de Blake & Mortimer que será o número vinte e tres e levará por titulo “Le Bâton de Plutarque”.81aYXFaWUML._SL1500_

Esta nova aventura dos personaxes creados por Edgar P. Jacobs ten guión de Yves Senté e debuxo de André Juillard, que repiten como parella creativa nesta franquía, despois de A maquinación Voronov, Os sarcófagos do 6º continente e O xuramento dos 5 Lores. O álbum sairá o 5 de Nadal en Francia e Bélxica.

A revista CaseMate #73 de Agosto/Setembro 2014 virá cun suplemento especial sobre esta nova bd de Blake & Mortimer, e nel poderemos ver as primeiras 20 páginas do libro a cor, con comentarios de André Juillard e Yves Sente, unha ampla entrevista cos dous, e tamén varias imaxes inéditas e o “making of”.

Casemate_73D_Page_31 Casemate_73D_Page_23

9875

Enter a caption