Arquivo por etiquetas: XXVI Xornadas de BD de Ourense

Metrópoles Delirantes 16 – O Botafumeiro

MD16_Ares-Metrópoles Delirantes

Debuxo de José Ángel Ares (@JoseAngelARES)

Na décimo sexta emisión das Metrópoles adiantamos o tema e o título do novo tebeo de José Ángel Ares e Josep Busquet, Independencia?. Entrevistamos a Simón Blanco, da librería Sindicato do cómic e membro da organización das vixésimo sextas Xornadas de bd de Ourense. O Sr B anota na súa lista de imprescindibles unha obra feita na terra, O Heroe de David Rubín. Con  Jano e a Rodrigo Cota, dous dos seus impulsores, falamos de O Botafumeiro a nova revista satírica que sae ó mercado neste mes de outono, e fanzineamos con Fernando Castro autor de Gris un traballo do que xa estamos impacientes por ver máis, as novidades desta volta veñen con Xaime Lis da Libraría Komic de Compostela, un home ó que da gusto escoitar e que contaxia o seu amor polos libros. Todo acompañado de música de calidade e tamén de saudade do Andrés

http://www.ivoox.com/player_ej_3617268_2_1.html?data=lJuemZeafI6ZmKiakpaJd6KkmYqgo5macYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCemJKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5k.&

Andresdobarro

XXVI Xornadas de BD de Ourense

Imprimir

Cartaz deseñado por Xulia Vicente.

As Xornadas de BD de Ourense son as máis veteranas do cómic na Galiza, e fieis a súa cita xa están aquí. A vixesimo sexta edición será organizada pola Asociación Benito Losada e o colectivo Sindicato del Cómic. Este ano o cartaz foi deseñado pola gañadora do concurso do ano pasado, Xulia Vicente.

Do 27 de setembro ó 2 de Santos na ciudade de Ourense gozaran dunha manchea de actos e exposicións relacionadas cos tebeos, que comezarán o sábado 27 coa celebración do Aniversario da librería Sindicato del Cómic, no acto haberá concerto da banda Ourensana “Avecrem”, presentación e sinaturas de Hematocrítico, e a celebración dunha “batalla de debuxantes”. Haberá tamén talleres, concursos e encontros de autores.

O 11 de outubro celebrase unha xornada de auto edición, coa presencia de autores galegos coma os Barbamigos, Ismael López, Porno, Cristian Fojón, Compota de Manatí, Sergio Covelo, Colectivo Gigante, Nuria Figueirido, Kike J Díaz, Alfonso Rodríguez, Troquel e Eres Tonto, entre outros.

No Museo Municipal de Ourense, durante o mes de outubro, haberá duas exposicións, unha, coas obras dos gañadores dos premios Benito Losada do ano pasado e outra con obras premiadas no certamen anual Injuve.

O 18 de novembro, entregaranse os premios do Certame Benito Losada de BD e o Premio Ourense á mellor iniciativa do ano de banda deseñada. O Benito Losada premiou este ano a Alicia Jaraba Abellán e a Diego Blanco López, (maiores de 17 anos) e a Cristian Fojón (menores de 17, gañador tamén nas dúas últimas edicións), cunha mención de honra a Ismael López. O Premio Ourense será para Enrique Torreiro, que estivo moitos anos vinculado ás Xornadas.

No Museo Municipal de Ourense, durante o mes de outubro, haberá duas exposicións, unha, coas obras dos gañadores dos premios Benito Losada do ano pasado e outra con obras premiadas no certamen anual Injuve.

A casa da xuventude (Espazo Xove) albergará unha exposición titulada “Purín de Ortiga” de Dani Xove.

Aquí un interesante artigo sobre as Xornadas no xornal Praza Pública.

En quadriños, Edu Maroño escribe dos premiados.