Arquivo por etiquetas: Xurxo G. Penalta

15º Encontro Galego de Ilustración, 

CARtel A2 02 img BIGA Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza o decimoquinto Encontro Galego de Ilustración, unhas xornadas con contidos e actividades de interese tanto para profesionais como para o público xeral. O groso das actividades decorrerá na Unitaria (o venres 28) e no Auditorio de Galicia (o sábado 29).

Nesta edición están convidados tres nomes de grande relevancia dentro do panorama actual da ilustración: Ana Galvañ, Juan Díaz-Faes e Miguel Gallardo. Seguir lendo

Advertisements

Entrevista no Autobán – Emma Ríos

Falamos con Emma Ríos que coa mesma xenerosidade que o resto dos autores cos que falamos agasállanos cun adianto dos traballos nos que anda e cóntanos como afronta esta nova etapa na que asume máis responsabilidades ca de debuxar.

Queres saber de que trata o novo traballo de Emma?

Autobán, autoedición e bd de autor.

Comeza o Autobán, un festival de autoedición e bd de autor que promete deliciosos intres, haberá de todo, combate de debuxantes, charlas, mesas redondas e mercadiño de fanzines.Este é o programa de actividades:

VENRES 8 de agosto

En Old School (Rúa División Azul 8)

22:55 – Presentación de Autobán

Combate de dibujantes-Metrópoles Delirantes23:00 – Combate de debuxantes

Combate de debuxantes é unha actividade na que oito ilustradores mídense competindo ante o público, que decidirá quen é o merecedor do ansiado premio: o cinturón de campión e a bolsa do botín.

Nesta edición os participantes foron seleccionados polos finalistas da anterior, Ghosttthead e Xurxo G. Penalta.

Son BrandaKike J. DíazLuis YangPerrillaSanty GutiérrezSekoneXulia Vicente e Yago García.

David Rubín será o animador e mestre de cerimonias, e Roque Romero será o DJ, e axudando ós competidores no ring, teremos a Ghosttthead e Óscar Iglesias.
Seguir lendo