Arquivo por etiquetas: Xiomara Correa

As lecturas do SrB: Mi novio caballo

“Punk, puro punk.”

Capa_novio caballoXiomara Correa é unha autora asidua nos eventos de autoedición, porén Mi novio caballo leva anos circulando por estes en forma de fanzine. Aínda que sempre foi un deses tebeos de culto, as editoriais xeneralistas, temerosas elas de todo o que non sexa Tintín, aínda non se atreveran a dar o paso; por iso a decisión de Reservoir Books é das que hai que celebrar con profusión de sustancias, legais ou ilegais.

Coma ben anuncia o título, Xiomara cóntanos a historia de amor dunha parella formada por humana e equino. Nun universo totalmente psicodélico e colorido, Chavala e Caballo loitan a diario por alimentar o seu amor, coma calquera parella. Unha vez superado e normalizado o shock inicial da proposta, dá nunha lectura certamente divertida. Unha obra tola, rebosante de ledicia naif e de historias que conectan perfectamente co surrealismo daliniano que, de seguro, estaría encantado de tomar un té con pastas con Xiomara acompañados dun par de osos formigueiros. Seguir lendo

Advertisements

O Botafumeiro, revista satírica dixital, feita en Galiza.

Obotafumeiro1-Metrópoles DelirantesO sector da bd, a ilustración e o humor gráfico en Galiza ten desde hai anos unha nómina de grandes nomes, e sobre todo unha gran inquedanza creativa, dende o añorado Colectivo Polaqia ata os modernos fanzines Sacoponcho ou Compota de Manatí, pasando pola revista Retranca o sector está continuamente reinventandose e procurando darlle saida a todo o talento creativo do que gozamos.

O derradeiro movemento neste sector nace para ocupar un espazo que na terra aínda non tiña unha cabeceira de referencia. A revista Botafumeiro é a aposta dun grupo de xente con ampla experiencia que agora decidiron xuntar as súas capacidades para crear esta publicación humorística que será mensual e dixital, cada número estará adicado a un tema de actualidade e vanse alternar textos e máis comics, a lista de colaboradores é  impresionante.

Fixémoslle unhas preguntas a Jano un dos impulsores desta revista.

Como xorde esta idea tan poderosa de lanzar unha revista dixital en galego?

A idea xorde da propia necesidade de ter un sitio onde traballar, aproveitando as posibillidades que ofrece internet. Seguir lendo