Arquivo por etiquetas: Viñetas desde o Atlántico 2014

O Viñetas candidato ó Premio do público Culturgal 2014

23_logo_vinetas_basicoO mes de Santos hai unha cita coa cultura en Pontevedra, o Culturgal. Este ano un dos tres candidatos ó premio do público e o salón internacional Viñetas desde o Atlántico.

Por suposto sen desmerecer ós outros candidatos nós pensamos que o Viñetas merece ese premio.

Desde 1998 o mes de agosto na cidade da Coruña é tempo de banda desenhada, o salón internacional Viñetas desde o Atlántico, a equipa que dirixe Miguelanxo Prado e quen ano tras ano de mellorar e facer que abrollen novas iniciativas o redor del que completan a oferta cultural do verán coruñes.

O salón que xa é un dos máis importantes de España convirte a cidade nun fervedoiro cultural con multiples actos que van dende exposicións, talleres e conferencias ata “master class”, sesións de sinaturas e mercado. Ano tras ano bate as suas propias marcas de asistencia.

Aquí podedes votar

Advertisements

Entrevistas no Viñetas – Sento Llobell

Entrevistamos ó autor de “Un médico novato” no pasado Viñetas onde foi un dos autores convidados, fálanos da continuación desta obra coa que gañou o VI premio Fnac-Sins entido

Entrevistas no Viñetas – Altar Mutante

Falamos da nova revista de bd con Luis e Álvaro o artífices da idea, e con Sergio Covelo que participa neste primeiro número.

Entrevistas no Viñetas – David Rubín

Mini entrevista na que nos conta os proxectos nos que está a traballar, cal vai ser a temática da súa proxima novela gráfica e quen vai ser o seu compañeiro de aventura, tamén desvela algo do proxecto que ten cunha editora norteamericana.