Arquivo por etiquetas: Urbanoscar

As lecturas do SrB: Conversación 

conversacion1Oscar Iglesias (Urbanoscar) e Ines Casarejos son dous autores ben coñecidos no mundo da autoedición galega. Ela publicou no 2015 un interesantísimo fanzine, de formato extraño, titulado Vídeo club y tienda de fotos no que relataba as súas vivencias traballando nun destes establecementos. El leva varios anos publicando o Pictodiario, un interesante diario de tiras autobiográficas.

Este verán veñen de publicar Conversaciones, un cómic editado polo selo do Sindicato do Cómic (que o deus Moebius colme de gloria a Simón e Ricardo polo traballo microeditorial que fan) no que desenvolven, a catro mans, un fanzine de conversas. Así de sinxelo e así de complexo. Seguir lendo

Advertisements

Metrópoles Delirantes 61 – Miguel Robledo, Urbanoscar e Dani Xove

libros-sindicato-mComezamos coma sempre co Sr B e as novas da BD. Nos imprescindíbeis, unha das obras máis nomeadas de Van Hamme, o multimillonario e canalla Largo Winch. Embarcamos desta volta a Robledo, Oscar e Dani Xove que veñen a falarnos das súas últimas obras, editadas polo Sindicato del Cómic, e rematamos con Simón o libreiro que é tamén  editor destas obras que nos falará das novidades máis interesantes do principio deste mes de santos.

http://www.ivoox.com/player_ej_13637978_2_1.html?data=kpijlZyde5mhhpywj5WVaZS1kZWSlaaUdY6ZmKiak5KJe6ShkpKSmaiRdI6ZmKiar6madYyhjLLWydrJsIzG0MfZx8nTaZO3jLrfxMbSs9TXwteYx5Copc_djL3c2MqRaZi3jrLS1teJh5SZo5jd0dHJt4y4xtHW1MbSuMbnjoqkpZKU&

As músicas desta emisión son:oscar-robledo-xove

  • The Homens – Dance the troita.
  • Dônica – Inverno.
  • David Bowie – I Took A Trip On A Gemini Space.
  • The Allah-las – Recurring.
  • Novedades Carminha – Veneno.

A deserción de Stalin por Urbanoscar (Día das Letras Galegas 2016)

Desercion-Stalin--Metrópoles DelirantesPor un intre, case sorprende atopar un produto tan atípico como A deserción de Stalin dentro do catálogo de Demo Editorial; pero logo, ben mirado, ten todo o sentido do mundo. O selo dirixido por Manel Cráneo combina unha liña de corte histórico con outras de tebeos de xénero e entretemento, e na encrucillada desas opcións, cun pé en cada extremo, sitúase con comodidade a ópera prima de Tomás Guerrero.

Este animador metido a autor de banda deseñada estréase cunha obra híbrida que custa cualificar cunha soa etiqueta. Hai quen a describiría como un thriller cómico de espías, pois nela recréase unha divertida intriga de axentes secretos en plena Guerra Fría, cunha conseguida atmosfera de época e unha trama milimétricamente documentada en torno á figura do líder comunista. Con todo, o máis salientable desta novela gráfica é a súa vertente de mockumentary ou documentario de ficción: un testemuño plausible sobre un incidente ignoto do bloque soviético contado con tal verosimilitude que podería pasar por real, conspiranoia mediante.

Non abundan os exemplos de falso documental nos cadriños; tal vez as principais achegas a esta temática sexan os proxectos de sketchbook do canadense Seth, Wimbledon Green e La hermandad de historietistas del Gran Norte. Con estes traballos, o cómic de Guerrero ten en común unha certa retranca mesturada con nostalxia e unha férrea posta en escena, materializada nunha rítmica grella de 3×3 viñetas que se mantén na maioría das 52 páxinas.

Hai que admitir que o debuxo, sintético de máis, non é o punto forte desta bd (outro estilo máis realista acaeríalle mellor á historia), pero cumpre a súa función e acompaña con soltura á engaiolante voz en off dun carismático narrador. Se en algo se loce o artista é no emprego de metáforas visuais e esquemas cos que dosifica a información, unha destreza que comparte con outros ensaístas gráficos coma Fabrice Neaud ou Philippe Squarzoni.

Teríame encantado que o cómic viñese acompañado dun falso dossier do MI6 que profundase no universo ucrónico inventado por Guerrero, un pouco como facían os apéndices que redondeaban cada capítulo de Watchmen. Pero polo demais, nada que reprocharlle a unha fantástica edición, que conta cun fermosísimo deseño de capas.

En definitiva, unha simpática obra seminal que deixa con ganas de seguirlle o rastro ao Tomás: seguirá afondando o autor por esta vía tan pouco frecuentada ou optará por un cambio total de coordenadas no seu vindeiro traballo? Non sei por cal das dúas posibilidades devezo máis.

Recomendación de: Urbanoscar. Activista da bd galega, formou parte da organización das Xornadas de bd de Ourense e do Viñetas desde o Atlántico, publicou dous recopilatorios coas historias personais que publica no blogue Pictodiario.

Pictodiario de Urbanoscar

Portada Pictodiario-Metrópoles DelirantesUnha da mellores cousas deste mes de agosto é que co autobán e viñetas hai novas de bd case tódolos días.

Máis unha delas é a presentación de Pictodiario, un fanzine que recompila unha escolma das viñetas subidas ao  blog de Urbanoscar entre xaneiro e maio, editado polo Sindicato del cómic, a libraría de bd de Ourense que xa editou o efectiviwonder cómics de Dani Xove, será presentado durante o Autobán.