Arquivo por etiquetas: Tomás Guerrero

I Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galiza

Encontro BD historica-Metropoles-delirantesO primeiro Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia terá lugar do 6 ao 21 de abril, dentro dos actos que se celebraran no Arde Lucus. Nesta interesante proposta participarán algúns dos principais ilustradores de banda deseñada histórica de Galicia: Víctor Boullón, Tokio, Miguel Fernández, Tomás Guerrero, Pepe Carreiro e Manel Cráneo, coordinador artístico do evento. Este encontro nace da colaboración do  Concello de Lugo  o portal www.historiadegalicia.gal e Demo Editorial e estará dividido en dúas partes; unha didáctica e educativa e outra práctica.

A primeira fase realizarase no mes de abril con obradoiros teóricos e prácticos, a segunda  será na mesma festa do Arde Lucus, onde os seis ilustradores que participan neste evento debuxarán o Lucus histórico que recrearán as distintas entidades, asociacións e veciños. Seguir lendo

Advertisements

A deserción de Stalin por Urbanoscar (Día das Letras Galegas 2016)

Desercion-Stalin--Metrópoles DelirantesPor un intre, case sorprende atopar un produto tan atípico como A deserción de Stalin dentro do catálogo de Demo Editorial; pero logo, ben mirado, ten todo o sentido do mundo. O selo dirixido por Manel Cráneo combina unha liña de corte histórico con outras de tebeos de xénero e entretemento, e na encrucillada desas opcións, cun pé en cada extremo, sitúase con comodidade a ópera prima de Tomás Guerrero.

Este animador metido a autor de banda deseñada estréase cunha obra híbrida que custa cualificar cunha soa etiqueta. Hai quen a describiría como un thriller cómico de espías, pois nela recréase unha divertida intriga de axentes secretos en plena Guerra Fría, cunha conseguida atmosfera de época e unha trama milimétricamente documentada en torno á figura do líder comunista. Con todo, o máis salientable desta novela gráfica é a súa vertente de mockumentary ou documentario de ficción: un testemuño plausible sobre un incidente ignoto do bloque soviético contado con tal verosimilitude que podería pasar por real, conspiranoia mediante.

Non abundan os exemplos de falso documental nos cadriños; tal vez as principais achegas a esta temática sexan os proxectos de sketchbook do canadense Seth, Wimbledon Green e La hermandad de historietistas del Gran Norte. Con estes traballos, o cómic de Guerrero ten en común unha certa retranca mesturada con nostalxia e unha férrea posta en escena, materializada nunha rítmica grella de 3×3 viñetas que se mantén na maioría das 52 páxinas.

Hai que admitir que o debuxo, sintético de máis, non é o punto forte desta bd (outro estilo máis realista acaeríalle mellor á historia), pero cumpre a súa función e acompaña con soltura á engaiolante voz en off dun carismático narrador. Se en algo se loce o artista é no emprego de metáforas visuais e esquemas cos que dosifica a información, unha destreza que comparte con outros ensaístas gráficos coma Fabrice Neaud ou Philippe Squarzoni.

Teríame encantado que o cómic viñese acompañado dun falso dossier do MI6 que profundase no universo ucrónico inventado por Guerrero, un pouco como facían os apéndices que redondeaban cada capítulo de Watchmen. Pero polo demais, nada que reprocharlle a unha fantástica edición, que conta cun fermosísimo deseño de capas.

En definitiva, unha simpática obra seminal que deixa con ganas de seguirlle o rastro ao Tomás: seguirá afondando o autor por esta vía tan pouco frecuentada ou optará por un cambio total de coordenadas no seu vindeiro traballo? Non sei por cal das dúas posibilidades devezo máis.

Recomendación de: Urbanoscar. Activista da bd galega, formou parte da organización das Xornadas de bd de Ourense e do Viñetas desde o Atlántico, publicou dous recopilatorios coas historias personais que publica no blogue Pictodiario.

Metrópoles Delirantes 29 – Tomás Guerrero

desercion_de_stalin-Metrópoles DelirantesDende a lonxana guerra fría, achegouse ata as Metrópoles Tomás Guerrero o autor de “A deserción de Stalin”, unha historia de espías con final incerto. O imprescindible do Sr B é un personaxe que Van Hamme e Rosinsky crearon hai case 40 anos, hoxe anotamos na lista de imprescindibles a Thorgal, o vikingo que so quería vivir tranquilo. As novidades viñeron dende a libraría A Gata Tola de Compostela con Javi, mais desta volta, formamos un Dream Team e tamén estiveron connosco Xaime Lis da librería Komic de Compostela e Dani Xove para facermos a  quiniela do saló. Todo sazonado con boísima música e moita risada.

http://www.ivoox.com/player_ej_4352944_2_1.html?data=lZiilJ6YeI6ZmKiakpaJd6KllIqgo5aXcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCfm5KJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

Metrópoles DelirantesOs temas que sonan no programa son:

  •  The Strokes – The modern age.
  • Norton – Make it last.
  • Abraham Boba – Algunas (pequeñas) verdades domésticas.
  • Goldfrapp- Utopía.
  • Franz Ferdinand – Brief encounters.
  • Hercules and love affair – Blind.