Arquivo por etiquetas: Taller creativo e experimental de cómic

III Taller creativo e experimental de BD

Laboratorio BD-Metrópoles DelirantesO vindeiro día 5 de Agosto comezará o terceiro Taller creativo e experimental de cómic, serán dúas horas diarias e está aberto tanto a asistentes con coñecementos avanzados coma a afeccionados que queiran afondar nos recursos e narrativas do cómic. A maior parte do taller son exercicios prácticos de enxeño e destreza mental que xogan coa capacidade creativa dos asistentes.

O taller que será dirixido por Henrique Torreiro, está baseado nunha experiencia levada a cabo por profesionais en EE.UU.

Henrique Torreiro é experto en BD e unha das persoas clave nas Xornadas de banda deseñada de Ourense, foi membro do Colectivo Phanzynex de Ourense, e tamén participou nos números 3 e 4 de Frente Comixario e no Spesial Pelengrin, ademais de realizar portadas e logos para diversas exposicións de fanzines que fixeron anualmente en Ourense. Encárgase da organización anual das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense Actualmente colabora no equipo de redacción e revisión de textos da editorial de banda deseñada coruñesa Demo Editorial. Seguir lendo

Advertisements