Arquivo por etiquetas: Superman

José Luis García López o galego que debuxa na DC, estará no Saló de Barcelona

Batman_GarciaLopez-Metrópoles DelirantesNo vindeiro Saló Internacional do cómic de Barcelona deste ano imos ter (polo menos) un representante galego, José Luis García López, autor de bd que traballa sobre todo para DC, naceu en Pareizo (Lalín), no ano 1948, mais emigrou a Arxentina cando tiña 5 anos coa súa familia. Traballou cunha lenda da banda deseñada Arxentina, o guionista Héctor Oesterheld, nas historias de “Roland El Corsario” que se publicaría na revista Fantasía, un personaxe que acadou grande éxito no país austral. A mediados dos setenta trasladouse a Nova Iorque, onde aínda vive e segue a debuxar cómics.

Dos pinceis de José Luis García López saíron historias para as grandes iconas da editorial, Batman, Wonder Woman ou o Home de Aceiro entre outros moitos, e tamén é o responsable da realización da DC Comics Style Guide, o manual de estilo da compañía no que se recollía todo o elenco de personaxes da editorial, unha guía (xa mítica) de referencia para outros debuxantes da compañía. Seguir lendo

Advertisements

Xa podes ler o cómic de 3,2 millóns de dólares

Action1_pag_superman-Metrópoles DelirantesFai dous meses, contamos que fora vendida nunha poxa unha copia do Action Comics # 1 de 1938, a historieta na que Superman fixo a súa primeira aparición, acadou un prezo de  3,2 millóns de dólares americanos.

A compañía CGC Comics, escaneou este exemplar de Action Comics antes da poxa, e agora pono a dispor na súa web para que podamos lelo.

Pódese ler aquí

O estado de conservación deste exemplar é casi perfecto, de aí o alto prezo pagado na poxa, xa que se calcula que aínda poden existir cen exemplares orixinais deste cómic. Segundo a compañía as páxinas non foron retocadas unha moi boa nova tendo en conta os 76 anos que pasaron xa dende a súa publicación.

3,2 millóns de dólares por un Action Comics #1

Action_Comics_1-Metrópoles DelirantesA subasta dunha copia “inmaculada” de Action Comics # 1 de 1938, a historieta na que Superman fixo a súa primeira aparición, rematou o domingo pola tarde, o vencedor pagou 3,2 millóns de dólares americanos.

É o prezo máis alto pagado por unha revista de cadrinhos, a marca anterior era de 2,1 millóns de dólares, para unha copia diferente do mesmo número.

Esta copia do comic-book sobreviviu tan ben ó paso do tempo porque o comprador orixinal mantívo este tebeo nunha caixa na súa casa por décadas onde permaneceu practicamente intacto. Un comerciante comprou o cómic ao comprador orixinal a principios de 1980, cambiou de mans unha vez máis, e foi mantido nunha caixa de seguridade por preto de 30 anos.

Action_Comics_1pag13-Metrópoles DelirantesO poxador prometeu doar o un por cento do produto da venda do cómic para a fundación Christopher e Dana Reeve, que financia investigacións sobre a cura para lesións na medula espiñal.

Supera así en 426.000 € ó orixinal de Tintín recentemente subastado que xa contamos aquí.

Metrópoles Delirantes 2 – Roger Ibáñez

 

Roger Ibañez-Metrópoles Delirantes

Momento da entrevista a Roger Ibáñez

Entrevista sen presa a Roger Ibañez, contamos iniciativas coma wombastic nas novas express da BD, Pedro Rey fálanos de “porqué e como” comezar a ler a Tintín, o Mapache opina da derradeira pelicula do home de acero, inauguramos a sección dos imprescindibles con Corto Maltés e rematamos coas novidades editoriais que nos conta Sanmi.