Arquivo por etiquetas: Sr B

As lecturas do SrB: Licor Café

Aquí en español.

13 grolos da Nova Banda Deseñada Galega

LK-metropoles-delirantesDende este verán o Licor café, amais da bebida nacional da nosa terra, é un libro de Banda Deseñada. Manel Cráneo, a mente inqueda que está detrás de Demo editorial é o artífice deste excelente libro que recomplila trece historias curtas doutros tantos autores e autoras da BD do País. Conta o propio Manel no limiar que a idea levaba anos no aire, mais foi finalmente Cristian Fojón, autor dun dos episodios, quen lle puxo un titulo e quen fixo de detonador desta explosión de arte e creatividade que agromou en forma de libro. Xulia Pisón é a coordinadora deste Licor Café, escolma da Nova BD galega que xa é un imprescindíbel da nosa cultura.

A selección de autores e autoras é ben acaida e representativa, con variedade nas propostas. Hai quen xa ten publicada obra longa e hai outros e outras que aínda se moven máis na escena dos fanzines. A edición é de boa calidade, con portada a cor a cargo de Jorge Peral e interior nun expresivo e esencial branco e negro.

Nesta obra colectiva, que usa como nexo común entre as distintas historias a famosa bebida, navegamos ao longo de máis de cen páxinas polas distintas visións, estilos e narrativas destes autores e autoras. Non é só un libro con historias interesantes senón que serve coma visión panorámica da variedade da nosa BD máis nova que nestes momentos é referencia, mesmo no estado, pola súa capacidade, calidade e independencia. Seguir lendo

Advertisements

As lecturas do Sr B: De tripas y corazón

Aquí en español.

Abstenerse hipocondríacos.

DeTripas 1- metropoles delirantesEste libro recibiu o premio especial do xurado no pasado festival de Angoulême, con todo merecemento. Pozla, o seu autor, descubre con 29 anos e tras unha hospitalización de urxencia que o «alien» (así o define el mesmo) co que leva anos convivindo é a enfermidade de Crohn, un mal crónico e grave do aparato dixestivo que cambia totalmente a súa vida e a da súa acabada de crear familia. Pozla cóntanos o camiño que vai percorrendo dende aquela primeira hospitalización de urxencia. As visitas a galenos, os distintos diagnósticos polos que pasa ata que descobren o que realmente padece, e por riba de todo, como é vivir cunha enfermidade que lle fai padecer grandes dores e períodos de hospitalización longos nos que usa o debuxo como terapia para mante-la esperanza de vencer nunha loita contra o seu propio corpo. Seguir lendo

As lecturas do Sr B: Insecto

Aquí en español.

Amor disléxico.

Insecto1-metropoles-delirantesVivimos nunha sociedade hipersexualizada, mais iso si, sempre dentro duns cánones, a moral e a tradición nacional-católica aínda teñen demasiado peso neste estado que é cada vez máis carpetovetónico douspuntocero. Insecto é un fermoso libro de temática erótica de María Llovet, debuxante Barcelonesa cun dinámico estilo manga, que aborda as relacións diferentes.

Insecto conta a historia de Lea e Lucas, dous irmáns adolescentes, ela, rebelde que goza coa provocación, en loita constante coa nai, e el, calado e disléxico, os dous viven unha relación carrusel, de sentimentos incontrolábeis, que os levan a un “amor fou” que causará escándalo en mentes vetustas de visón e misa de doce e fruición nas máis abertas, aventureiras e soñadoras. Seguir lendo

As lecturas do Sr B: Escapar. Historia de un rehén

Aquí en español.

Ser refén é peor que estar na cadea

escapar-capa-metropoles-delirantesGuy Delisle é un deses autores que foi quen de saltar a barreira do cómic e chegar a lectores non habituais do medio, de feito é un deses que coñecen os plumillas culturetas que só escriben de BD tres veces no ano.

E isto quizais porque consideran que o feito de que autores como Delisle ou Joe Sacco mestures a BD co xornalismo implica un estamento que dignifica todo o que toca (salvando os seus propios traballos).

Mais tamén pode que sexa polo xeito que ten Delisle de contar as historias, a medio camiño entre o relato xornalístico e a comedia de Berlanga que el sabe mesturar nas proporcións precisas en cada un dos seus libros. Tamén, talvez, porque embaixo da capa de sarcasmo e trazo sinxelo e caricaturesco hai un sólido narrador dispara con certeira seta. Seguir lendo

Metrópoles Delirantes 74 – Emilio Fonseca

Fora-de-mapa-metropoles-delirantesComezamos esta emisión a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Zapi volve ata as metrópoles para falar dos fillos de Victor Mora, nesta emisión dos tebeos xurásicos Jabato, o Corsario de Hierro e o Cosaco verde. Emilio Fonseca e o autor de Fóra de mapa, a obra gañadora do último Premio Castelao de Banda desenhada. Rematamos con Javi que ven dende a libraría A Gata Tola de Compostela cos libros máis interesantes.

As músicas desta emisión son:

  • Bonaparte – Fuck Your Accent.
  • Earth, Wind & Fire – Boogie Wonderland.
  • Chicharrón – Contra acantilados.

Metrópoles Delirantes 69 – Altarriba e Kim

El arte de volar-el alar rota- metropoles delirantesAbrimos coas novas da BD, a todo filispím, pero de verdade a todo filispím. Nos imprescindíbeis, o Nausicaa de Miyazaki, un manga excelente que deu nunha película ben coñecida. Poñémonos en pe para recibir a Antonio Altarriba e Kim, gañadores do premio nacional de cómic e autores dos excelentes álbumes, El arte de Volar e El ala rota, nunha conversa longa, na que falamos de BD, de Barthes e mesmo un pouco de política. No final, as novidades que trae Xaime, dende a libraría Komic de Compostela.

(Queremos agradecer a Javier Pintor e á UNED as facilidades que nos deron para poder grabar esta entrevista).


As músicas desta emisión son:

  • Birkin & Gainsbourg – 69 annee erotique.
  • Shostakovich – Sinfonía nº 10 (II. Allegro).
  • Antónia Font – S’Alegria des Conill.
  • Pizzicato Five – Tokyo, mon amour.
  • My Little Airport – Edward, Had You Ever Thought That The End Of The World Would Come On 20.9.01.

Metrópoles Delirantes 68 – El Irra

Palos-de-ciego-metropoles-delirantesAbrimos coa dedicatoria dunha canción do Sr B. As novas da BD son, máis que nunca, a todo filispím. O gran Zapi, volve nesta emisión coa súa sección Tebeos Xurásicos, desta volta o Hazañas Bélicas. Imos Rumbo ao sur, a dorna remonta o Guadalquivir para embarcar a El Irra, autor de Palos de Ciego, unha BD intensa, dura e ben entretida que nos levará a unha Sevilla que nada ten que ver co das postais e si co da vida cotiá. No final, as novidades que trae Javi, dende a libraría A Gata Tola de Compostela.

As músicas desta emisión son:

  • Betty Missiego – Su Canción.
  • Paul Mauriat & His Orchestra – It´s not unusual.
  • Nino Bravo – Voy buscando.
  • Bambino – Podría volver.
  • Triana – Diálogo.