Arquivo por etiquetas: son of Hellcock

Metrópoles Delirantes 46 – Miguel Porto

Allen-Metrópoles DelirantesRepasamos a todo filispín os premios de Angouleme, nunha edición con máis polémicas que un partido de futbol. O Sr B fai imprescindible Comanche, unha magnifica obra ambientada no Oeste norteamericano obra do recén premiado Hermann. Falamos longo con Miguel Porto, do seu último traballo para os  USA e da súa faceta docente no Garaxe Hermético de Pontevedra. Despedimos con Javi de A Gata Tola que ven coas novidades e todo salseado con música boa.
http://www.ivoox.com/player_ej_10272120_2_1.html?data=kpWfmZeVdpGhhpywj5WVaZS1kZWSlaaXdo6ZmKialJKJe6ShkZKSmaiRdI6ZmKiar8rYtoa3lIqvldXTsMbnjKnSzs7Wpc_oxtiYlpuRaZi3jrLS1teJh5SZo5jd0dHJt4y4xtHW1MbSuMbnjoqkpZKU&

As músicas desta emisión son:

  • Gipsy Kings – Hotel California.
  • Neu! – Hallogallo.
  • Siniestro Total – Me pica un huevo.
  • Ponderosa – Pistolier.
  • Solveig Sandnes – Mon ami de l´Ouest.
Advertisements

Miguel Porto publica “Allen: Fillo de Hellcock” nos EUA

Allen-Metrópoles DelirantesA bd galega segue a exportar talento, Miguel Porto, debuxante e mestre na escola profesional de bd O Garaxe Hermético, publica este vindeiro 9 de Nadal o primeiro número da serie que está a facer para a editora norteamericana Z2 Cómics con guión de Will Tracy e Gabe Koplowitz.

Hellcock2-Metrópoles Delirantes

 

A bd é  unha serie de fantasía épica que conta as aventuras do fillo inconformista dun gran guerreiro medieval. Allen é cobarde e físicamente debil e tamén é o único fillo do heroe máis poderoso capaz de afundir a espada fondamente no escuro corazón do mal … o poderoso HELLCOCK! A pantasma do seu pai empuxa a Allen para ir nunha búsca que non irá polo camino agardado.

Haberá presentación nas librarías Banda deseñada en Vigo e Sindicato del Cómic en Ourense que ademais van ter exemplares á venda.