Arquivo por etiquetas: Seara Records

No tengo mamá 2015

NTMM2015-Metrópoles Delirantes

Cartaz de Julia Huete

Aínda coa resaca do Autobán e o Viñetas e xa case estamos metidos no festival de artes visuais e autoedición No Tengo Mamá. A cita é do xoves 27 ó sábado 29 de agosto, ambos inclusive, na contorna da cafetería cultural Detrás Do Marco de Vigo (Rúa Londres, sn).

Esta será a segunda edición deste festival organizado por Seara Records, e haberá concertos, o un certamé de curtametraxes e videoclips de baixo orzamento, o SEARA.mov e mesas redondas proxecións, mercadiño e moitas actividades arredor da cultura e os diversos colectivos de creación artística, fanzines, casetes, vinilos, cómics, revistas, serigrafías, ilustracións, roupa customizada…

Advertisements

Entrevista. No tengo mamá

Xa está en marcha o Festival “No tengo mamá”,  entrevistamos a José Nóvoa e Óscar Raña dous dos responsables de Seara Records, a organizadora deste evento.

Notengomama2-Metrópoles DelirantesPrimeira edición de “No tengo mamá” organizado por Seara Records, ¿Con que espiritu nace e cal é a sua finalidade?

Vai un pouco coa liña dos diferentes eventos que temos feito dende que comezamos con Seara Records; un espazo adicado a diferentes disciplinas artísticas onde participan colectivos, músicos e artistas que traballan de xeito independiente e autoxestionado. Neste caso, diferénciase dos anteriores festivais polo protagonismo que van ter os postos de autoedición, onde participaran artistas, sobre todo relacionados coa ilustración, de toda Galicia. Quizáis sexa o evento máis completo que fixemos até agora, e non é máis que un reflexo de cales son as nosas inquedanzas.

É un evento puntual ou nace con vocación de asentarse coma unha iniciativa sólida?

Como dicía antes, é unha transformación dos diferentes eventos anteriores. Cada evento ten as súas particulariedades en consonancia co momento no que nos atopamos, as cousas que aprendimos e os medios cos que contamos. Pode ser que nos próximos anos repitamos a experiencia, fagamos outras cousas de maior ou menor magnitude ou simplemente non fagamos nada. O único que sabemos é que pertencemos a este momento é queremos aportar algo. Seguir lendo

Programación e participantes no festival “No tengo mamá”

Notengomama-Metrópoles DelirantesA partires deste Xoves 28 e ata o sábado 30 vaise celebrar en Vigo o festival “No tengo mamá” que é un evento centrado na autoedición , con especial predilección por aquelas publicacións gráficas, obras audiovisuais e traballos musicais que escapan dos formatos e contidos habituais e existen unicamente grazas o interese, persistencia, e sobre todo, peto dos creadores.

Este evento pretende “citar neste sarao a colectivos e artistas que se adiquen dalgún xeito a estes menesteres e estean interesados en difundir os seus traballos e intercambiar experiencias e trato con outros individuos do mundiño”.

Seguir lendo