Arquivo por etiquetas: Scott McCloud

Ñam, festival internacional de cómic e novela gráfica

nam-CARTEL-Metrópoles DelirantesEstamos nun momento no que abrollan moitos festivais e xornadas de cómic novos, mentres outros pasan por dificultades para seguir vivos. En Palencia estrean cita este ano, e parece que ven para quedar e converterse nunha das datas importantes, de momento nesta edición terán unha axenda de actividades moi completa e con importantes nomes invitados.

O Ñam vaise celebrar do 30 de setembro ó 5 de outubro, cunha programación dirixida tanto ós aficionados coma ós novos (ou futuros) autores, e ten ás institucións públicas castelán leonesas amparando o proxecto.

Por este festival pasarán invitados tan interesantes coma o noso David Rubín, Scott McCloud, David Aja, ou Alfonso Zapico. Haberá actividades para profesionais e para aficionados, obradoiros, conferencias, master-class e ata sesións de networking . Seguir lendo

Advertisements