Arquivo por etiquetas: Rodrigo Cota

Ideas para agasallar Bd galega

A terra quere pobo. Esta frase que ademais é o titulo dun libro, serve para ilustrar o que necesita a bd do país para se converter nun sector forte e capaz; público.

Serva esta pequena listaxe coma suxestión de agasallos para estas datas, é evidente que non están todas as obras pero pensamos que si está unha boa escolma ben representativa da variedade da bd galega (ou feita por galegos).

Toreromaus-Metrópoles DelirantesToreromaus – Los Bravú.

Unha edición preciosa de Fulgencio Pimentel limitada a 250 exemplares e ben coidada para unha obra que sorprendeu pola frescura e audacia coa que Dea e Diego contan esta pequena aventura etílica.

 

 

 

 

Catalogo_oneroso-Metrópoles DelirantesCatalogo Oneroso de beleza gratuíta – Fran Bueno.

Fran Bueno acadou con esta obra o  VIII Premio Castelao de bd, convocado pola Deputación da Coruña. Unha obra que é unha auténtica marabilla que merece a pena descubrir, sensibilidade e delicadeza, unha obra, no noso parecer,  moi poética.

Seguir lendo

Advertisements

Metrópoles Delirantes 16 – O Botafumeiro

MD16_Ares-Metrópoles Delirantes

Debuxo de José Ángel Ares (@JoseAngelARES)

Na décimo sexta emisión das Metrópoles adiantamos o tema e o título do novo tebeo de José Ángel Ares e Josep Busquet, Independencia?. Entrevistamos a Simón Blanco, da librería Sindicato do cómic e membro da organización das vixésimo sextas Xornadas de bd de Ourense. O Sr B anota na súa lista de imprescindibles unha obra feita na terra, O Heroe de David Rubín. Con  Jano e a Rodrigo Cota, dous dos seus impulsores, falamos de O Botafumeiro a nova revista satírica que sae ó mercado neste mes de outono, e fanzineamos con Fernando Castro autor de Gris un traballo do que xa estamos impacientes por ver máis, as novidades desta volta veñen con Xaime Lis da Libraría Komic de Compostela, un home ó que da gusto escoitar e que contaxia o seu amor polos libros. Todo acompañado de música de calidade e tamén de saudade do Andrés

http://www.ivoox.com/player_ej_3617268_2_1.html?data=lJuemZeafI6ZmKiakpaJd6KkmYqgo5macYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCemJKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5k.&

Andresdobarro

O Botafumeiro, revista satírica dixital, feita en Galiza.

Obotafumeiro1-Metrópoles DelirantesO sector da bd, a ilustración e o humor gráfico en Galiza ten desde hai anos unha nómina de grandes nomes, e sobre todo unha gran inquedanza creativa, dende o añorado Colectivo Polaqia ata os modernos fanzines Sacoponcho ou Compota de Manatí, pasando pola revista Retranca o sector está continuamente reinventandose e procurando darlle saida a todo o talento creativo do que gozamos.

O derradeiro movemento neste sector nace para ocupar un espazo que na terra aínda non tiña unha cabeceira de referencia. A revista Botafumeiro é a aposta dun grupo de xente con ampla experiencia que agora decidiron xuntar as súas capacidades para crear esta publicación humorística que será mensual e dixital, cada número estará adicado a un tema de actualidade e vanse alternar textos e máis comics, a lista de colaboradores é  impresionante.

Fixémoslle unhas preguntas a Jano un dos impulsores desta revista.

Como xorde esta idea tan poderosa de lanzar unha revista dixital en galego?

A idea xorde da propia necesidade de ter un sitio onde traballar, aproveitando as posibillidades que ofrece internet. Seguir lendo

Metrópoles Delirantes 14 – Jano

MD14-Metrópoles DelirantesDerradeiro programa desta primeira tempada, e pechamos o circulo, falamos de Autobán con María e Bernal, unha iniciativa máis que necesaria e que xa é un exitazo, o Sr B viaxa a Norteamérica para falarnos dun mito da bd, o tenente Blueberry de Charlier e Giraud (Moebius), e tamén se achegou ata as Metrópoles o autor que vai representar á bd galega no Viñetas deste ano, Jano, e falamos de Operario e do cómic que presentara no Salón, “Nacho Camacho” feito co guionista Rodrigo Cota. No final Xaime Lis da librería Komic é o encargado das recomendacións e ata nos da unha primicia da edición de cómic galega. Coma sempre todo aderezado con música cunha especialmente adicada ó Rombobot Autobán 😉

Dúas novidades de Demo Editorial no Viñetas desde O Atlántico

Demo Editorial está a facer un traballo excelente e ten un empeño especial en potenciar ós autores galegos e en galego, no vindeiro Viñetas desde O Atlántico van a presentar dúas obras que teñen en común o seu contido social e que ésta é a segunda vez que Demo edita as obras de JanoTokio.10405662_655954064499250_8821280176119313881_n

A primeira é Nacho Camacho, unha obra da que xa falou o seu debuxante, Jano, no decimo cuarto programa das metrópoles. Con guión de Rodrigo Cota, e utilizando como medio o humor máis irónico e cáustico retrata a través do choque xeracional entre un pai e o seu fillo, que entenden a vida, e a súa sexualidade dun xeito diametralmente oposto, unha sociedade incapaz de romper a súa tradición machista e conservadora.

Jano será un dos convidados nesta edición do Viñetas desde o Atlántico onde presentará éste libro, e poderemos ver unha mostra dos seus orixinais.

NACHO CAMACHO-Metrópoles Delirantes

Sinopse de Nacho Camacho.

 

Nacho Camacho é ante todo un home dos de sempre, e está orgulloso de selo. Macho alfa contemporáneo, cachas de ximnasio, materialista ata a medula, adora o seu ídolo Clint Eastwood, seguramente porque aínda non coñece a Vin Diesel. A vida de Nacho sería perfecta se non fose por un pequeno problema que ten na súa propia casa: o seu fillo pre-adolescente, Junior, é homosexual.

A CAUSA DO CRIME-Metrópoles Delirantes

 

 

A segunda, leva por título A causa do crime e o seu autor é Tokio, que nos lembra en clave de serie negra o contexto político e cultural da década dos 80, marcado por unha gran tensión social nada lonxana da actualidade.  Coma valor engadido o álbum conterá un enlace a Spotify a modo de banda sonora da obra, cunha selección de temas que inspiraron o autor para a realización do álbum.

A CAUSA DO CRIME-Metrópoles Delirantes

 

 

Sinopse de A Causa do crime.

Vigo, 1984. Xusto antes da primeira folga xeral galega, a explosión dunha bomba durante unha entrega de premios oficial levanta as sospeitas da policía sobre Alba, que está a traballar nese momento no lugar dos feitos. Para demostrar a súa inocencia, Alba iniciará a súa pescuda cun veterano sindicalista, e ambos os dous acabarán descubrindo unhas intencións moi distintas ás das investigacións policiais.

A causa do crime, nova bd de Tokio

A CAUSA DO CRIME-Metrópoles DelirantesDemo editorial anuncia a publicación dunha nova bd, a nova obra de Tokio que chegará ao mercado a primeiros de agosto.

A historia protagonizada por unha muller, entrelaza os movementos sindicais, o terrorismo e a corrupción política dos anos oitenta coa banda sonora da Movida Viguesa de telón de fondo.

O albúm conterá un enlace a spotify e referenzas dos temas musicais que inspiraron ao autor e dos que tamén fai referenza o propio álbum.

Máis información no blogue de Demo Ed

Actualización 2/7/2014: Tamén anuncian para Agosto unha obra de Jano e Rodrigo Cota que se titulará “Nacho Camacho” e da que aínda non desvelaron máis dados.