Arquivo por etiquetas: Ralf König

Metrópoles Delirantes 20 – David Rubín

Aurora west-Metrópoles DelirantesComezamos falando da Comic-con de Portugal que se vai celebrar en Porto no vindeiro mes de nadal, o Sr B ven cun libro de Ralf König que é puro delirio, Huevos de Toro, que é o imprescindible desta emisión. comic con portugal-Metrópoles DelirantesVolve ás Metrópoles un autor que non para e que a cada paso que da fai mellores tebeos, David Rubín, con quen falamos un bo rato do seu libro novo que fixo en colaboración con Paul Pope e JT Petty, O momento de Aurora West e da segunda parte de Las tripas del héroe que tamén saeu agora do prelo, e contounos que prepara algo novo. Nas novidades, Cano da libraría Paz de Pontevedra, todo acompañado de boa música.

http://www.ivoox.com/player_ej_3771547_2_1.html?data=lJykk5qYe46ZmKiakpaJd6KkkYqgo5mZcYarpJKfj4qbh46ljoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCfkpKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

Advertisements

O Salón de Getxo ten cartaz de Emma Ríos

cartel_2014_comic-Metrópoles Delirantes

Cartaz de Emma Ríos

O Salón do Cómic de Getxo que se ha celebrar do 22 ó 24 de novembro, contará este ano con máis de 60 stands de establecementos de cómic, librerías especializadas, revistas, fanzines, editoriais e todo o relacionado coa bd.

Getxo recibirá a recoñecidos artistas, que participarán en charlas, presentacións e tamén en sesións de sinaturas. Nesta ocasión entre outros, estarán en Getxo o canadiense Guy Delisle, Bryan Talbot, gañador de galardóns coma o prestixioso premio Eisner, Alfonso Zapico, David Rubín, Raquel Córcoles e Juan Luis Landa.

O Salón fará unha homenaxe a Jan, autor de Superlópez e a o donostiarra Luís Gasca (divulgador e autor de numerosos estudios sobre o cómic).

Seguir lendo