Arquivo por etiquetas: Premio Gat Perich

O Premio Internacional de Humor Gat Perich para Willem e Wyoming

gat perich-Metrópoles DelirantesDespois de tres anos sen concederse, en 2015 volve o Premio Internacional de Humor Gat Perich, organizado pola Associació Perich Sense Concessions. Os gañadores desta nova edición foron o humorista holandés Willem e o presentador de televisión, humorista, escritor, actor e músico español El Gran Wyoming.

Willem (1941) En 1968 comezou a colaborar có semanario satírico Hebdo Hara-Kiri. Sempre provocador e corrosivo, tamén foi publicado na Charlie Hebdo. Actualmente é colaborador do diario Libération e tamén traballou moi activamente para a nova etapa de Charlie Hebdo e na revista satírica Siné Mensuel. No 2013 foille concedido o Gran Premio do Festival da Banda Deseñada de Angoulême (Francia). Seguir lendo

Advertisements