Arquivo por etiquetas: Polaquia

As lecturas do SrB: Licor Café

Aquí en español.

13 grolos da Nova Banda Deseñada Galega

LK-metropoles-delirantesDende este verán o Licor café, amais da bebida nacional da nosa terra, é un libro de Banda Deseñada. Manel Cráneo, a mente inqueda que está detrás de Demo editorial é o artífice deste excelente libro que recomplila trece historias curtas doutros tantos autores e autoras da BD do País. Conta o propio Manel no limiar que a idea levaba anos no aire, mais foi finalmente Cristian Fojón, autor dun dos episodios, quen lle puxo un titulo e quen fixo de detonador desta explosión de arte e creatividade que agromou en forma de libro. Xulia Pisón é a coordinadora deste Licor Café, escolma da Nova BD galega que xa é un imprescindíbel da nosa cultura.

A selección de autores e autoras é ben acaida e representativa, con variedade nas propostas. Hai quen xa ten publicada obra longa e hai outros e outras que aínda se moven máis na escena dos fanzines. A edición é de boa calidade, con portada a cor a cargo de Jorge Peral e interior nun expresivo e esencial branco e negro.

Nesta obra colectiva, que usa como nexo común entre as distintas historias a famosa bebida, navegamos ao longo de máis de cen páxinas polas distintas visións, estilos e narrativas destes autores e autoras. Non é só un libro con historias interesantes senón que serve coma visión panorámica da variedade da nosa BD máis nova que nestes momentos é referencia, mesmo no estado, pola súa capacidade, calidade e independencia. Seguir lendo

Advertisements

Metrópoles Delirantes 39 – Nadar

El mundo a tus pies-Metrópoles DelirantesViaxamos ata Vigo onde Eva e Melo da libraría Banda deseñada nos acolleron para gravar este programa. Falamos con Octavio Beares, crítico e divulgador que co-dirixe xunto a Gerardo Vilches, Cuadernos de Cómic, unha revista de análise e estudo da bd, unha autentica delicatessen académica. O Sr B elabora o seu particular homenaxe ó colectivo Polaquia, nos imprescindibles o Barsowia. Con Nadar, falamos do seu libro “el mundo a tus pies” unha labazada de coherencia e realismo para espertar as conciencias que aínda pensan que esta crise non é unha estafa. No final, coma sempre, as novidades que nos recomenda Melo. A bd na radio ben acompañada de músicas estupendas.

http://www.ivoox.com/player_ej_8791239_2_1.html?data=mZymk5eXfY6ZmKiakpaJd6KkkYqgo5WbcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCgm5KJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

Nadar Vigo-Metrópoles DelirantesAs músicas desta emisión, son:

  • Marisol – Corazon Contento.
  • Keith Jarrett –  Köln Concert, Part II C.
  • The Kinks – David Watts.
  • Arcade Fire – Reflektor.
  • Los Planetas – El Duendecillo Verde.

Dylan Horrocks xa fala en Galego

dylan_horrocks_capa-Metrópoles DelirantesEstaleiro Editora vai presentar o día 6 ás 19:00 horas no salón Viñetas desde o Atlántico a primeira obra de bd co seu selo, e non podían escoller un autor máis celebrado que o neozelandés Dylan Horrocks, gañador no ano 2002 dun Eisner.

A obra escollida é “Comics desde Hicksville”, un libro que recolle cinco historias escritas e debuxadas polo autor ao longo dos últimos 20 anos. Nel podemos aprezar a evolución de Dylan facendo banda deseñada así como a presenza, xa dende os seus comezos, das súas grandes virtudes: a metalinguaxe, un certo realismo máxico, unha capacidade enorme de ensoñación e, sobre todo, o agarimo.

O libro editase utilizando a variante galega da lusofonía, traducido por María Rosende e con limiar de Xaime Lis, da Librería Komic.

Seguir lendo