Arquivo por etiquetas: Paco Roca

Recomendacións de bd para o Apalpador (III)

The-Fiction-001-A-Main-Cover-metropoles-delirantesThe Fiction – David Rubín e Curt Pires.

Esta é a primeira serie propia do ourensán Rubín no país dos superherois, David pon aquí os seus lápises ó servizo da historia creada polo guionista Curt Pires.

The Fiction móvese entre mundos ficticios e o mundo real,  un grupo de catro cativos que ao ler libros no sobrado da casa, transpórtanse ata os mundos de ficción que len, ata que un deles desaparece. Quince anos despois, e sendo xa adulto, desaparece outro daqueles cativos cando reaparece un deses libros, os dous amigos que quedan tentarán buscalo, pero non serán as cousas tan sinxelas como parecen.

O libro ten unha estrutura narrativa non lineal aproveitando así tódalas posibilidades do medio para ir adiante e atrás no tempo e un debuxo no que o galego volve a amosar a súa habilidade para a narrativa gráfica, nunha historia que está feita a medida do seu estilo. Seguir lendo

Advertisements

6º encontro Tintinófilo

6 encontro tintín-Metrópoles Delirantes Coma tódolos anos polo mes de entroido os tintinófilos teñen un encontro en Madrid, organizado pola Asociación Mil Rayos, o encontro está adicado o libro Tintín no Tibet e coma lema escolleuse “El Tíbet de Hergé”, será concretamente o día 21 de febreiro pola tarde na Fundación Carlos de Amberes (Rúa Claudio Coello, 99). Seguir lendo

Metrópoles Delirantes 25 – Mamen Moreu

resaca-mamen-moreu1-Metrópoles DelirantesVixésimo quinta emisión das Metrópoles, cumprimos un ano, e para celebralo falamos cunha muller de risa contaxiosa, que nos namorou en segundos; Mamen Moreu, a autora de Resaca, un divertidísimo libro no que conta a vida de Marcela, e con moito humor vainos colando unha aceda reflexión sobre o futuro dunha xeración. O Sr B volve a viaxar no tempo para aterrar na Barcelona de finais dos anos cincuenta, o imprescindible desta volta é El inverno del dibujante de Paco Roca.Nieves Rodríguez-Radio-Metrópoles Delirantes JotaToys é unha tenda online de merchandising e memorabília que fundou hai uns meses en Vigo, Jota de Juan, falamos de figuriñas e comercio online con él. Ao comando das novidades voltamos a ter a Xaime Lis, unha eminencia na bd ó que sempre é un gusto escoitar. Todo ben aderezado con tonadas ben ye-yés e un final escollido polo mesmísimo Sr B.

http://www.ivoox.com/player_ej_4056495_2_1.html?data=lZWimJmdeY6ZmKiakpaJd6Kkk4qgo5qdcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCfl5KJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

Premios do 32º Salón Internacional do Cómic de Barcelona

Mellor fanzine español do 2013

Arrós negre

Autor revelación español do 2013

Clara Soriano, por Colmado Sánchez (¡Caramba! Cómics)

Mellor obra autor extranxeiro publicada en España

El libro de los insectos humanos, de Osamu Tezuka (Astiberri)

Premio a toda unha carreira de máis de 25  anos

Miguel Gallardo

Premio votación popular mellor obra 2013

Papel estrujado, de Nadar (Astiberri Ediciones)

Mellor obra de autor español publicada en España en 2013

Los surcos del azar, de Paco Roca (Astiberri Ediciones)