Arquivo por etiquetas: Octavio Beares

H2Oil por Octavio Beares (Día das Letras Galegas 2016)

H2oil-Metrópoles DelirantesUn dos pequenos-grandes fitos da recente historia da banda deseñada de Galicia xorde dun mazazo social, político, sentimental e identitario: a catástrofe do Prestige, que o 13 de novembro de 2002 puxo a Galicia no centro do mapa peninsular. Desgraciadamente.

Unha catastrófica vertedura e unha manipulación política dun petroleiro roto e derivando polas nosas augas mancillou a nosa costa, revolucionou o país, levantou a Galicia e tamén tivo eco nos historietistas galegos. Eles promoveron a constitución do Colectivo Chapapote integrado por case setenta autores, o cal supón a práctica totalidade da profesión de Galicia.

O colectivo regurxitou H2Oil, libriño ou revista que saía á venda o 12 de agosto de 2003 e vendeuse a completo beneficio de ADEGA, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza. Nas súas páxinas colaboran todos os membros do colectivo cunha prancha cada un deles. Decenas de estilos e un único sentimento de dor e protesta. Foi importantísimo: neste cómic único uníronse as voces persoais, a conciencia autoral dunha xeración -de varias xeracións, en realidade- nun diálogo adulto, maduro, concienciado e reivindicativo con lectores non necesariamente adscritos ao pechado ambiente do mercado dos cómics. A súa mensaxe e protesta eran universais e o traballo podía aspirar a un lector universal. Parécese moito ao que entendemos hoxe por novela gráfica.

E nas súas heteroxéneas páxinas citáronse novísimos autores como Alberto Vázquez, Emma Ríos ou David Rubín no arranque das súas carreiras, con firmas tan consagradas no s. XXI como Xaquín Marín ou Miguelanxo Prado.

H2 Oil é un quen é quen do cómic galego. E unha puñada de indignación… que ademais se liberou na rede, onde podes lelo e descargalo.

Recomendación de: Octavio Beares. Crítico, divulgador e comisario de exposicións, escribe sobre banda desenhada no Faro de Vigo e no seu propio blogue, Serie de Viñetas.

Advertisements

Metrópoles Delirantes 50 – Octavio Beares

Nieves Rodríguez-radio-Metrópoles Delirantes

Nieves Rodríguez. Foto: Marcus Fernández

Chegamos ás cincuenta emisións, grazas a todos os que nos acompañades dende hai dous anos por esta viaxe pola BD.

Volve ás metrópoles Octavio Beares, divulgador e crítico da bede, que é o comisario da exposición “De Castelao ao mañá, unha ollada ao cómic galego”, e cóntanos que poderemos ver nesta exposición que remata de inaugurar no Porriño, pero que percorrera parte do país. O Sr B retrocede no tempo ata á Arxentina de Mafalda, a nena filósofa de Quino, un personaxe que non perdeu actualidade a pesares de ter máis de 50 anos. Tamén veu ata as Metrópoles,  Inés Casarejos, autora de fanzines tan extraordinarios coma o videoclub e tienda de fotos, con ela daremos un paseo polos mares do fanzineando. Rematamos programa coa sección de novidades á que volta a o máis mutante dos libreiros galegos, Xaime Lis dende a a libraría Komic de Compostela.

Ines Casarejos:

As músicas que nos acompañan nesta emisión son:

  • Oasis – Roll with it.
  • George Gerswin – Rhapsody In Blue.
  • Leon Bridges – Coming Home.
  • The Beatles – Come Together.
  • Bambino – No me des guerra.

Quinto número de “CuCo, Cuadernos de cómic”

CuCo5--Metrópoles DelirantesAínda que o panorama da bd no estado español non é tan cativo coma noutros países europeos, tampouco é tan brillante coma debera (ou quixeramos), a industria (a meirande parte) vive no fío do gume da navalla económica, editoras ben asentadas coma Astiberri ou La Cúpula fan malabares para sacar adiante as novidades e xa non digamos empresas de tamaño moito menor coma Fosfatina. Vivimos nun precario equilibrio e coa sensación que a bd do estado español máis que navegar, simplemente aboia (e menos mal).

Por iso é que os que amamos este medio non podemos mais que parabenizar e agradecer a xente que non deixa de traballar pola bd, e mais aínda cando coma neste caso é de balde para os lectores, facendo un traballo desinteresado (só no económico), mais dunha fondura intelectual, documental e divulgativa abraiante nun medio, repetimos, de balde. Seguir lendo

Metrópoles Delirantes 39 – Nadar

El mundo a tus pies-Metrópoles DelirantesViaxamos ata Vigo onde Eva e Melo da libraría Banda deseñada nos acolleron para gravar este programa. Falamos con Octavio Beares, crítico e divulgador que co-dirixe xunto a Gerardo Vilches, Cuadernos de Cómic, unha revista de análise e estudo da bd, unha autentica delicatessen académica. O Sr B elabora o seu particular homenaxe ó colectivo Polaquia, nos imprescindibles o Barsowia. Con Nadar, falamos do seu libro “el mundo a tus pies” unha labazada de coherencia e realismo para espertar as conciencias que aínda pensan que esta crise non é unha estafa. No final, coma sempre, as novidades que nos recomenda Melo. A bd na radio ben acompañada de músicas estupendas.

http://www.ivoox.com/player_ej_8791239_2_1.html?data=mZymk5eXfY6ZmKiakpaJd6KkkYqgo5WbcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCgm5KJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

Nadar Vigo-Metrópoles DelirantesAs músicas desta emisión, son:

  • Marisol – Corazon Contento.
  • Keith Jarrett –  Köln Concert, Part II C.
  • The Kinks – David Watts.
  • Arcade Fire – Reflektor.
  • Los Planetas – El Duendecillo Verde.

“No tengo mamá”, canto moderno, canto!!!

Notengomama_ni-Metrópoles DelirantesEste xoves andivemos polo “no tengo mamá”, o festival da autoedición de Vigo, para participar nunha interesante mesa redonda con Octavio Beares, Xaime Lis, Helena Exquis, Berto Fojo e Cibrán, o tema era a relación entre cómics e música. Na realidade penso que nos desviamos algo do tema inicial e a parola cobrou vida propia e foi evolucionando cara o fanzinismo, pasamos máis tanxencialmente pola música, foi unha tarde ben interesante na que saíron temas que darían para varios faladoiros e na que o público asistente participou moito, cousa que nos encantou.

Un dos temas que saíu nesta reunión foi o nulo apoio que o MARCO presta a este evento que o arrodea e medra a súa beira sen que dentro desa atalaia caduca se queiran enterar. Unha magoa.

no-tengo-mamá-Metrópoles DelirantesFoi un gusto pasa-la tarde nun evento que xa dende a entrada avisa do que vas atopar, cando atravesas o pórtico “DIY” entras nunha dimensión de modernidade e modernos, moito arte, ambiente cosmopolita e decibelios alborotados, un ecosistema que advirte que aquelo non é unha xuntanza de “autores de estatuas de rotonda”.

Coma si de unha metáfora se tratara, a creatividade xermola e pasa polo calexón que vai por detrás do Marco, así, pódese degustar un fervedoiro de fanzines, camisetas, música (en vivo ou en casete) serigrafías e un feixe de arte, artistas, e sobre todo xente coa que se pode falar, coa que tomar unha cervexa e ter conversas, escoitar bandas ao vivo e gozar dun ambiente de convivencia marabilloso.

Autoedición gráfica no mercadillo, cinematográfica no concurso de curtas e musical nos concertos, neste evento o arte póñeno os que traballan de costas a un circuíto oficial que cada vez máis, está a quedar illado na súa ínsula de directores xerais e de estruturas museísticas mortas do século pasado.

A xente de Fosfatina e Seara Records conseguiron argallar un minifestival que demostra que nas marxes é onde abrollan iniciativas culturais que son ben interesantes e fantasticamente acollidas polo público e polos participantes; sen axudas, sen políticos e glorificando o “Faino ti mesmo”.

Metrópoles Delirantes 11 – Clara Soriano

Con Octavio Beares falamos da exposición de orixinais de bd que está a organizar no museo de Pontevedra. O Sr B fai imprescindible ó francés Manu Larcenet e os seus “Los combates cotidianos” pura poesía en cadriños. E tivemos unha boa conversa con Clara Soriano, recente premio á autora revelación no Saló de Barcelona polo seu “Colmado Sánchez”. Coma sempre non faltan as novas da bd a todo filispín, as novidades editoriais, nin un dos ingredientes principais, a boa música.