Arquivo por etiquetas: O papiro do César

Quo vadis, Astérix?

quovadisCando sae un libro agardado con gran expectativa e que ten para min un valor sentimental sufro certo tipo de bloqueo que me leva a telo no andel e non ser quen de abrilo, hai unha resistencia inexplicábel a devoralo, que é o que en principio un pensaría que vai facer. O novo Astérix levaba no lar xa uns días, e eu sufría ese bloqueo, claro, un é algo purista, o meu primeiro cómic foi O Escudo Arverno, e nestas cousas sempre me costa afacerme á idea de que alguén vai continuar unha obra mítica. Os libros de Goscinny e Uderzo son obras mestras, tanto, que a fama que acadou nesa primeira etapa do personaxe mesmo sobreviviu á segunda etapa, esa que Uderzo emprendeu en solitario e que levou o mesmo camiño que o dun kamikaze, a medida que ía facendo libros víase máis preto a catástrofe.

O primeiro libro con novos autores, Astérix e os Pictos, non entrará na listaxe dos máis memorables da serie, foi un libro de transición, o primeiro que non foi feito por ningún dos dous creadores, a min en xeral pareceume frouxo, mais entendo que a responsabilidade fixo pertinente a falta de risco na historia, digamos que foi unha posta o día, coma un quecemento dos novos autores. Seguir lendo

Advertisements