Arquivo por etiquetas: O Botafumeiro

Novidades galegas para o Viñetas – Autobán 2015

Xa queda menos dun mes para o Viñetas desde o Atlántico e o Autobán, ambas citas xa ineludibeis na axenda da bd galega. Nestas datas e coincidindo con estes eventos é xa tradición que se presenten moitas novidades.BTFMR-Cartel-Metrópoles Delirantes

A bd galega vai presentar obras ben interesantes: unha nova novela gráfica, Os que levan o lume, a cargo de Álvaro López e editada por Demo Ed; Cuimnhe, la deuda de Kike Benlloch, un historico ademais de prolifico autor da bd Galega; sendos números de Altar Mutante (o terceiro) e un número especial da dixital O Botafumeiro; unha delicatessen da audaz editora viguesa Fosfatina que presenta  unha obra de José JaJaJa, 1997 Hot Summer; o colectivo minhoco, responsabeis do fanzine Compota de Manatí que anuncia o segundo número da publicación; e a escola prrofesional de BD O Garaxe Hermético presentará o terceiro libro da Colección Cornelius, editado por Retranca Ed e que leva por titulo 221 BD. Seguir lendo

Advertisements

Concerto Debuxado de O Botafumeiro

Concerto_botafumeiro-Metrópoles DelirantesOs tiraboleiros anuncian para este vindeiro sábado o primeiro CONCERTO DEBUXADO de O Botafumeiro.

O sábado 21 de Marzo ás 21:00 na Gentalha do Pichel en Santiago de Compostela, os debuxantes da revista estaran acompañando ás bandas Santos Morcegos!!! e Camarada Nimoy.

Música e debuxos para presentar a revista dixital, durante o concerto proxectaranse debuxos realizados polos tiraboleiros en directo e a entrada da dereito a entrar no sorteo destas viñetas.

E remataremos a festa coa sesión definitiva de DJ Gramola. Todo por 7 euros.

Xa podes mercar o Botafumeiro nº3

Botafumeiro3-Metrópoles DelirantesDende o 24 deste mes, xa está na web o terceiro número da revista botafumeiro, coma son moi de misa de 12, esta entrega vai adicada a celebrar o cumpreanos do Xesus de Nazaret. Como xa fixeran no anterior número o prezo decídelo ti no momento de mercar.

E teñen un sorteo preparado:

Os que paguedes máis de 5 euros polo número 3 da nosa revista dixital, O BOTAFUMEIRO: PARABÉNS, SUSIÑO, ides a participar no sorteo de 5 láminas 30x45cm impresas en risografía coa ilustración de Jano da portada do primeiro número.

A promoción durará ata o 5 de Xaneiro e o día de reis anunciaremos que son os/as agrazados/as.

Así presentan o Botafumeiro nº3:

Xa tiñamos gana de festa, despois de tres números da revista hai que celebralo, ou non? Cando Deus fabricou o mundo, inventou os domingos “o día do señor”. E dende entón, a xente ten o calendario na cociña para sinalar as festas e distinguilas das xornadas laborais.

De certo, Deus foi o primeiro que lexislou sobre os dereitos dos traballadores, e o seu fillo, Xesús, continuou a tradición organizando(ou tentandoo) á masa proletaria. Despois virían un feixe de imitadores, pero ningún coa planta e a percha do Mesías.

Nós tiñamos apuntada unha data moi senlleira e non podiamos deixar pasar a oportunidade de celebrala.

Cando llo comunicamos aos colaboradores, entusiasmáronse coa idea (hai que recoñecer que Suso é un tipo que se fai querer), colleron os seus cadernos e lápices e lanzáronse. Seica ti mereces ouro, incenso e mirra pero a cousa está moi chunga últimamente; este é o noso humilde agasallo no teu 2015 aniversario. Suso, só tes que entrar en http://www.obotafumeiro.com e baixarte O BOTAFUMEIRO: PARABÉNS, SUSIÑO, ti mesmo poslle o prezo e decides cantas moedas de prata vale.

Sabemos que saberás aprecialo, e de non ser así saberás perdoarnos porque a túa misericordia é infinita.

Parabéns, Suso! Isto vai por ti, aquí tes uns colegas para o que precises.

O Botafumeiro nº2

O segundo número de O botafumeiro xa estña a dispor para descargar, e desta volta non hai excusa, o precio e decisión do comprador.

Os tiraboleiros aumentan a plantilla, neste segundo número está José Domingo, autor nominado este ano ós premios Eisner pola publicación en Estados Unidos da súa obra Aventuras de un oficinista japonés, e tamén  Los Bravu, unha parella de ilustradores residentes e Marín pero que andan revolucionando a BD cos seus traballos publicados pola prestixiosa editorial Fulgencio Pimentel.

Botafumeiro02-Metrópoles Delirantes

Motivos hai de sobra así que bulide a mercar O Botafumeiro.

Metrópoles Delirantes 16 – O Botafumeiro

MD16_Ares-Metrópoles Delirantes

Debuxo de José Ángel Ares (@JoseAngelARES)

Na décimo sexta emisión das Metrópoles adiantamos o tema e o título do novo tebeo de José Ángel Ares e Josep Busquet, Independencia?. Entrevistamos a Simón Blanco, da librería Sindicato do cómic e membro da organización das vixésimo sextas Xornadas de bd de Ourense. O Sr B anota na súa lista de imprescindibles unha obra feita na terra, O Heroe de David Rubín. Con  Jano e a Rodrigo Cota, dous dos seus impulsores, falamos de O Botafumeiro a nova revista satírica que sae ó mercado neste mes de outono, e fanzineamos con Fernando Castro autor de Gris un traballo do que xa estamos impacientes por ver máis, as novidades desta volta veñen con Xaime Lis da Libraría Komic de Compostela, un home ó que da gusto escoitar e que contaxia o seu amor polos libros. Todo acompañado de música de calidade e tamén de saudade do Andrés

http://www.ivoox.com/player_ej_3617268_2_1.html?data=lJuemZeafI6ZmKiakpaJd6KkmYqgo5macYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCemJKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5k.&

Andresdobarro

O Botafumeiro, revista satírica dixital, feita en Galiza.

Obotafumeiro1-Metrópoles DelirantesO sector da bd, a ilustración e o humor gráfico en Galiza ten desde hai anos unha nómina de grandes nomes, e sobre todo unha gran inquedanza creativa, dende o añorado Colectivo Polaqia ata os modernos fanzines Sacoponcho ou Compota de Manatí, pasando pola revista Retranca o sector está continuamente reinventandose e procurando darlle saida a todo o talento creativo do que gozamos.

O derradeiro movemento neste sector nace para ocupar un espazo que na terra aínda non tiña unha cabeceira de referencia. A revista Botafumeiro é a aposta dun grupo de xente con ampla experiencia que agora decidiron xuntar as súas capacidades para crear esta publicación humorística que será mensual e dixital, cada número estará adicado a un tema de actualidade e vanse alternar textos e máis comics, a lista de colaboradores é  impresionante.

Fixémoslle unhas preguntas a Jano un dos impulsores desta revista.

Como xorde esta idea tan poderosa de lanzar unha revista dixital en galego?

A idea xorde da propia necesidade de ter un sitio onde traballar, aproveitando as posibillidades que ofrece internet. Seguir lendo