Arquivo por etiquetas: Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea

MiiC – Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea

Do 4 de decembro até o 10 de marzo celebrarase a Miic18_metropoles, unha exposición colectiva que reúne un total de 19 proxectos ilustrados a través dos que compoñer unha fotografía do panorama actual na ilustración a nivel mundial. Con gran presenza de mulleres como a galega Lara Lars, ou a andaluza María Hesse, ata artistas de talla internacional como Christoph Niemann.

A mostra abrirá o martes 4 de decembro ás 19.00 h. cunha visita guiada a cargo da comisaria Matilde Rodríguez.

Máis de 200 pezas compoñen a exposición que artella  arredor de 19 proxectos ilustrados, 16 individuais e 3 colectivos, que poñen o foco nas creacións máis persoais das e dos artistas que se manifestan a través dunha das ramas da comunicación máis libres e creativas.

Esta mostra resalta, ademais, o importante papel da ilustración feita en Galicia. Lara LarsIria do Castelo ou Bea Lema son algunhas das artistas galegas escollidas para esta edición.

Advertisements