Arquivo por etiquetas: Miguel Porto

Bosquexo Magosto

bosquexo-magosto-metropoles-delirantesXa falamos aquí algunha vez do Bosquexo, o festival internacional de debuxo ao natural, que se ven realizando desde 2014, en Senderiz.

Este ano, hai edición de inverno, do 14 ao 16 de outubro de 2016, o Bosquexo Magosto. Un fin de semana, no que algúns dos 20 habitantes da aldea de Senderiz abrirán as puertas dos seus fogares para que os debuxantes poidan documentar con  debujos a súa vida, ferramentas, animais, etc.

Máis información na web de Bosquexo.

Advertisements

Festival Bosquexo 2016

Bosquexo-Metrópoles DelirantesO Bosquexo é un festival internacional de debuxo ao natural, que sirve de punto de encontro de debuxantes, que se ven realizando desde 2014, en Senderiz no Parque Natural de Serra do Xurés, nun territorio que forma parte da Reserva Transfronteriza da Biosfera Gerês-Xurés. Durante unha semana os participantes conviven nesta localidade e realizan actividades lúdicas coma charlas, visitas a lugares pintorescos, murais ou concertos, sempre co caderno e os útiles para o debuxo preparados. Nas anteriores edicións achegáronse a Senderiz participantes procedentes de diferentes puntos da península, para os que o festival é un xeito de estar en contacto coa natureza, relaxarse, aprender, e practicar o debuxo ao natural. Cada ano o festival conta cun invitado especial de recoñecido nome no mundo do debuxo, o ano anterior foi Sagar Fornies.

Actualizado: A invitada deste ano é Carla Berrocal.

Este ano as datas nas que terá lugar o Festival Bosquexo serán do 23 ao 30 de Xullo de 2016.

Bosquexo15-IreneRíos-Metrópoles Delirantes

Foto: Irene Ríos.

O proxecto que en 2014 nace da mente de Miguel Porto, autor de cómic e profesor na escola O Garaxe Hermético, é posibel grazas á Asociación Cultural Sende que puxeron en marcha Edo Sadikovic e María Rodríguez co obxectivo de crear un dos primeros espacios europeos de coworking e convivencia no rural.

Podedes reservar praza aquí.

 

Metrópoles Delirantes 46 – Miguel Porto

Allen-Metrópoles DelirantesRepasamos a todo filispín os premios de Angouleme, nunha edición con máis polémicas que un partido de futbol. O Sr B fai imprescindible Comanche, unha magnifica obra ambientada no Oeste norteamericano obra do recén premiado Hermann. Falamos longo con Miguel Porto, do seu último traballo para os  USA e da súa faceta docente no Garaxe Hermético de Pontevedra. Despedimos con Javi de A Gata Tola que ven coas novidades e todo salseado con música boa.
http://www.ivoox.com/player_ej_10272120_2_1.html?data=kpWfmZeVdpGhhpywj5WVaZS1kZWSlaaXdo6ZmKialJKJe6ShkZKSmaiRdI6ZmKiar8rYtoa3lIqvldXTsMbnjKnSzs7Wpc_oxtiYlpuRaZi3jrLS1teJh5SZo5jd0dHJt4y4xtHW1MbSuMbnjoqkpZKU&

As músicas desta emisión son:

  • Gipsy Kings – Hotel California.
  • Neu! – Hallogallo.
  • Siniestro Total – Me pica un huevo.
  • Ponderosa – Pistolier.
  • Solveig Sandnes – Mon ami de l´Ouest.

Miguel Porto publica “Allen: Fillo de Hellcock” nos EUA

Allen-Metrópoles DelirantesA bd galega segue a exportar talento, Miguel Porto, debuxante e mestre na escola profesional de bd O Garaxe Hermético, publica este vindeiro 9 de Nadal o primeiro número da serie que está a facer para a editora norteamericana Z2 Cómics con guión de Will Tracy e Gabe Koplowitz.

Hellcock2-Metrópoles Delirantes

 

A bd é  unha serie de fantasía épica que conta as aventuras do fillo inconformista dun gran guerreiro medieval. Allen é cobarde e físicamente debil e tamén é o único fillo do heroe máis poderoso capaz de afundir a espada fondamente no escuro corazón do mal … o poderoso HELLCOCK! A pantasma do seu pai empuxa a Allen para ir nunha búsca que non irá polo camino agardado.

Haberá presentación nas librarías Banda deseñada en Vigo e Sindicato del Cómic en Ourense que ademais van ter exemplares á venda.